Manuela Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1877 Viveiro, España |
Morte | 29 de xaneiro de 1953 (75 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Lingua | Lingua castelá |
Manuela Antonia Barreiro Pico, nada en Viveiro o 5 de xullo de 1877 e finada en Madrid o 29 de xaneiro de 1953[1], foi unha farmacéutica galega, a primeira muller licenciada na Universidade de Santiago de Compostela e na súa Facultade de Farmacia no ano 1900.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Facundo Manuel Barreiro Arias, natural de Lugo, mestre en Viveiro, e de María del Carmen Inés Pico Álvarez, natural de Vilanova de Lourenzá (Lugo), ama de casa.[1] Tivo tres irmáns: Justo, Inés e Emilia. O seu avó foi Justo Pico de Coaña, mestre en Viveiro e importante pedagogo galego do século XIX.
Ó pouco de nacer foi vivir coa súa familia a Ribadeo onde fixo a primaria.[3] En 1896 converteuse na primeira muller en acadar o bacharel en Galicia[3] e en estar matriculada na Universidade de Santiago, así como en ser licenciada en Farmacia pola USC (1900; título datado en 1901).[3] Debido ás limitacións impostas ás mulleres na época, tivo que solicitar permiso (que finalmente lle foi concedido) para matricularse e para exercer a súa profesión. No escrito dirixido ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, indicaba que os estudos realizados debían habilitala “para o exercicio dunha profesión que sempre creu propia do seu sexo e na que pretende atopar ocupación útil para si e para a sociedade”.[4] Aínda así, a idea dunha muller adicándose a calquera disciplina científica tiña moitas reticencias:
"Nunca quixemos intervir no debate xeral sobre se as mulleres deberían ou non dedicarse preferentemente ás tarefas domésticas, deixando aos homes o arduo e sempre mal recompensado traballo de estudar ciencias naturais, pero dado que a ocasión se presenta por mor da autorización da Dirección Xeral de Instrución Pública á señorita Manuela Barreiro para asistir á Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, non podemos deixar de constatar o noso xuízo sobre un punto de tal interese."[5]
“Perden o tempo, os cartos e algo máis, que sempre constituíu a mellor auréola das damas, as familias que teñen o mal gusto de destinar ás súas fillas ao manexo do bisturí e os traballos de laboratorio. A figura da muller ten outro cadro e debe respirar outro ambiente".[6]
Logo de licenciarse, en 1903 abriu a súa farmacia en Ribadeo[7] na rúa de San Roque (actual rúa Rodríguez Murias), que permaneceu aberta até 1931[8] (ano en que se xubilou), en que a traspasou a Claudio Pérez Prieto.[1]
Unha rúa de Ribadeo leva o seu nome.[6][9][10]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Fernández García, María Isabel (2017): Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada. 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Deputación de Lugo.
- ↑ Claramunt Valles, Rosa Mª e Teresa (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. UNED. Tema 3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 AAVV (novembro 2018). "Con tódolos permisos. A primeira universitaria galega: Manuela A. Barreiro Pico" (PDF). Libro Guía XXXI congreso Enciga (ENCIGA) (86): 107. ISSN 0214-7807.
- ↑ "Mulleres que abriron camiño nas aulas e laboratorios da USC". Arquivado dende o orixinal o 27/03/2019. Consultado o 18/06/2017.
- ↑ Farmacia, Biblioteca de la Real Academia Nacional de (2016). "Biblioteca Virtual de la Real Academia Nacional de Farmacia". bibliotecavirtual.ranf.com (en castelán). Consultado o 2018-02-20.
- ↑ 6,0 6,1 "“Perde o tempo quen ten o mal gusto de enviar á súa filla ao laboratorio”". Igaciencia. Consultado o 6 marzo 2018.
- ↑ Las primeras universitarias en España, 1872-1910. p. 204.
- ↑ "Un grupo de ribadenses homenaxea o luns á ribadense Manuela Barreiro Pico, primeira muller farmacéutica de Galicia". La Comarca del Eo. 17/06/2017. p. 1.
- ↑ "Actos do dia internacional da muller". Consultado o 18/06/2017.
- ↑ "Rúas con nome feminino". Arquivado dende o orixinal o 01/12/2021. Consultado o 18/6/2017.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuela Barreiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández García, María Isabel (2017). Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada. 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Lugo: Deputación Provincial. ISBN 978-84-697-4468-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 52. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9.