Eugène Pottier
Eugène Pottier | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eugène Edine Pottier |
Nacemento | 4 de outubro de 1816 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 6 de novembro de 1887 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise e Grave of Pottier |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Ocupación | poeta, político, escritor, communard e debuxante |
Coñecido por | A Internacional |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Eugène Pottier, nado o 4 de outubro de 1816 en París onde morreu o 6 de novembro de 1887, foi un "goguettier" [1], escritor, poeta e revolucionario francés, autor da letra da Internacional. Foi unha personalidade da Comuna de París.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debuxante sobre teas, Eugène Pottier compón a súa primeira canción, Vive la Liberté, en 1830. En 1840, publica Il est bien temps que chacun ait sa part. Participa na revolución de 1848. Baixo o Segundo Imperio Francés, crea unha empresa de impresión sobre teas e, en 1864, participa na creación dunha organización sindical de debuxantes, que adhire a continuación á Primeira Internacional. Participa nos combates durante o asedio de París de 1870 durante a Guerra franco-prusiana. Logo é un dos protagonistas da Comuna de París.
En xuño de 1871, escóndese en París, compón o seu poema A Internacional, e logo refúxiase en Inglaterra. Condenado a morte, estando ausente no tribunal, o 17 de maio de 1873, exíliase a Estados Unidos, alí organiza a solidariedade para os deportados da Comuna de París. É alí tamén adhire á masonaría, despois ao Partido obreiro socialista de América. Arruinado e a medias paralizado, volve a Francia despois da amnistía de 1880.
Cruza Gustave Nadaud en 1848 ao cal fixera daquela unha considerable impresión. En 1884 Nadaud publica por primeira vez unha cincuentena de cancións do autor da Internacional e sálvao do esquecemento. Nadaud admira moito o talento poético de Pottier sen compartir as súas opinións políticas.
Eugène Pottier esta enterrado no cemiterio do Père-Lachaise en París.
Posterioridade[editar | editar a fonte]
Eugène Pottier conquista a celebridade un ano despois da súa morte, en 1888, despois da posta en música do seu poema A Internacional polo músico Pierre Degeyter.
As súas cancións son retomadas despois da súa morte, que sexa por artistas de inspiración socialista, comunista, anarquista ou libertaria como Pierre Degeyter
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ un "goguettier" é participante dunha "goguette". Unha "goguette" en Francia e en Bélxica é unha forma de organización ou sociedade festiva de persoas reunidas polo amor do entretemento e da diversión. Fan perennes as festas populares. As "goguettes" prosperaron moito en Francia no século XIX.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Pottier |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ernest, Museux (1898). J. Allemane (Librairie Socialiste), ed. Eugène Pottier et son œuvre : les défenseurs du prolétariat. Paris. pp. 159 pàxinas.
Texto na biblioteca dixital Gallica da Biblioteca Nacional de Francia (BNF).
- Ernest Museux (1912). editor Ernest Museux, ed. "Almanach Eugène Pottier pour 1912". Almanaque (primeiro nùmero do almanaque): 52 páxinas.
Texto na biblioteca dixital Gallica da Biblioteca Nacional de Francia (BNF).