Saltar ao contido

Estramonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estramonio
Datura stramonium
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
D. stramonium Editar o valor en Wikidata
Características
 Fonte de
Distribución
 Invasora en
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
SubclaseAsteridae
OrdeSolanales
FamiliaSolanaceae
XéneroDatura
EspecieD. stramonium
Identificadores
Freebase/m/0fw_m Editar o valor en Wikidata
MeSHD013286 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2775895618 Editar o valor en Wikidata
UNIIFI8B4CLS9I Editar o valor en Wikidata
ITIS30520 Editar o valor en Wikidata
OTT822825 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Datura stramonium.

O estramonio (Datura stramonium), tamén coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gurgullo, é unha planta da familia das solanáceas, de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno.

Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides, especialmente nos talos e nas nervaduras das follas. Ten propiedades alucinóxenas e as súas sementes utilizáronse tradicionalmente, pero con precaución, como analxésico.

O uso medicinal desta planta é moi perigoso e a posibilidade de accidentes pola súa inxestión polo gando, mesturada coa herba [1], ou da xente, mesturado co gran, fai que se recomende queimala para evita-la súa extensión no campo.

[editar | editar a fonte]

O estramonio recibe numerosas denominacións populares, que agruparemos segundo a orixe do nome:

  • Pola cápsula espiñenta que acolle as sementes: herba dos ourizos,
  • Polo seu cheiro desagradable: fedorentos, fedores, herba fedenta, (en castelán: higuera hedionda),
  • Pola súa toxicidade e uso como veleno: figueira do demo, figueira do inferno, figueira infernal, herba do inferno, herba do morto/dos mortos, herba dos cheirosos, merda do demo,
  • Polo seu poder alucinóxeno: figueira tola (en castelán, higuera loca),
  • Pola súa acción medicinal no gando:
    • as amatas das bestas curan colocando as follas sobre elas: herba do asno. Sarmiento xa recolleu este uso na súa Viaxe a Galicia en 1745.
    • As nacidas (carbuncho no gando vacún) curábanse metendo follas ou talos baixo a pel, para que drenase o mal: herba das nacidas, herba das vacas,
  • Por crer que as sementes poden mata-los gurgullos do gran: gurgullo, herba do gurgullo.

As denominacións de figueira tratan de reflecti-lo tamaño e forma das follas, xa que o froito non ten ningunha semellanza cos figos da verdadeira figueira.

Tamén se lle coñecen as denominacións de corno do cervo, croxón, herba do corvo, herba do corno (¿el será erro por corvo?) e herba xigante, sen que se aparente existir unha razón directa.

Estramonio en Bamio, Vilagarcía de Arousa
  1. "Mueren nueve vacas en Rois después de comer la planta de la burundanga", en La Voz de Galicia, 20.10.2022.