Saltar ao contido

Esther Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Williams

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Esther Jane Williams Editar o valor em Wikidata
8 de agosto de 1921 Editar o valor em Wikidata
Inglewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónLos Angeles City College (en) Traducir
Washington Preparatory High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de televisión , autobiógrafa , nadadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor em Wikidata - 1963 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCalifornia Republican Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFernando Lamas (1969–1982), morte do cónxuxe
Ben Gage (1945–1959), divorcio
Leonard Kovner (1940–1944), divorcio
PaisLouis Stanton Williams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Bula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webesther-williams.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0930565 Allocine: 1961 Allmovie: p76438 TV.com: people/esther-williams
BNE: XX1324357 Musicbrainz: 97b9b0b6-a9a9-40ac-86d8-d9c95b4d83dd Discogs: 498198 WikiTree: Williams-17379 Find a Grave: 111882760 Editar o valor em Wikidata

Esther Jane Williams, nada en Inglewood, California, o 8 de agosto de 1921 e finada en Beverly Hills o 6 de xuño de 2013, foi unha nadadora e actriz estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Williams era a filla máis nova dunha familia pobre con cinco fillos. Comezou a nadar desde nena na piscina pública da súa cidade.

Antes de entrar no cinema, Williams, entusiasta da natación, foi campioa do deporte na Feira Mundial de San Francisco. Alén diso, estudou na Universidade de Carolina do Sur[1] e foi modelo profesional.[2] Finalmente decidiuse polo mundo do espectáculo e comezou a realizar presentacións co tamén nadador Johnny Weissmüller, famoso polos seus éxitos olímpicos e polos seus filmes como Tarzan.[3] Nese contexto foi descuberta en 1940 pola Metro-Goldwyn-Mayer, produtora coa que asinou un contrato. Estreouse no cinema ao lado de Mickey Rooney no filme Andy Hardy’s Double Life e en 1944, ao actuar en Bathing Beauty acadou finalmente o estrelato, pasando a figurar entre as grandes actrices da MGM.

Foi elixida unha das estrelas con maior público en 1950, alén de ser considerada a serea de Hollywood e a raíña dos filmes musicais dos estudios MGM, sempre en espectáculos acuáticos.[4] En 1952 estreouse un dos seus maiores éxitos de billetería, Million Dollar Mermaid, biopic en que a actriz interpretaba a Annette Kellerman.

Como para outras grandes estrelas da época dourada de Hollywood, a madurez de Williams non foi moi feliz, principalmente canado o seu matrimonio co exgalán latino Fernando Lamas comezou a desmoronarse. En 1974, aos 51 anos de idade, foi apresada por conducir en estado de embriaguez. Liberárona após dúas horas despois de que o seu marido pagase a fianza.

Faleceu na noite do 6 de xuño de 2013 nos Ánxeles mentres durmía, aos 91 anos de idade.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Williams casou catro veces. Divorciada en 1944[6] do doutor Leonard Kouner (con quen casara en 1940[7]), volveu casar no ano seguinte co actor Ben Gage,[8] co que tivo tres fillos e de quen tamén se divorciou. Tamén estivo casada co actor Fernando Lamas, o latin lover do cinema americano, co que permaneceu casada ata o falecemento del por mor dun cancro de páncreas o 8 de outubro de 1982.Williams 1999, p. 380 Viviu en Beverly Hills co actor Edward Bell, con quen casou o 24 de outubro de 1994.Williams 1999, p. 392-393

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filme
Ano Título Personaxe Notas
1942 Andy Hardy's Double Life Sheila Brooks
Personalities Sheila Brooks (test de pantalla) Curtametraxe
Inflation Mrs. Smith Curtametraxe
1943 Guy Named Joe, AA Guy Named Joe Ellen Bright
1944 Bathing Beauty Caroline Brooks
1945 Thrill of a Romance Cynthia Glenn
Ziegfeld Follies Herself ('A Water Ballet')
1946 Hoodlum Saint, TheThe Hoodlum Saint Kay Lorrison
Easy to Wed Connie Allenbury Chandler
Till the Clouds Roll By Ela mesma Sen acreditar
1947 Fiesta Maria Morales
This Time for Keeps Leonora 'Nora' Cambaretti
1948 On an Island with You Rosalind Reynolds
1949 Take Me Out to the Ball Game K.C. Higgins
Neptune's Daughter Eve Barrett
1950 Duchess of Idaho Christine Riverton Duncan
Pagan Love Song Mimi Bennett
1951 Texas Carnival Debbie Telford
Callaway Went Thataway Ela mesma Sen acreditar
1952 Skirts Ahoy! Whitney Young
Million Dollar Mermaid Annette Kellerman
1953 Dangerous When Wet Katie Higgins
Easy to Love Julie Hallerton
1954 Athena
Guionista sen acreditar
1955 Jupiter's Darling Amytis
1955 Motion Picture Theatre Celebration Ela mesma Curtametraxe
1956 The Unguarded Moment Lois Conway
1958 Raw Wind in Eden Laura
1961 The Big Show Hillary Allen
1963 Magic Fountain[9] Hyacinth Tower
1994 That's Entertainment! III Ela mesma
  1. "Esther Williams Back at Poolside". Los Angeles Times. 27 de maio de 1984. p. G1. 
  2. "cinemaclassico.com". www.cinemaclassico.com. 
  3. "Esther Williams Queen of Aquacade". Los Angeles Times. 13 de maio de 1940. p. A12. 
  4. "pearljamevolution.com". www.pearljamevolution.com. 
  5. "morreu-a-sereia-dos-musicais-de-hollywood". cinema.sapo.pt. 
  6. 11 de setembro de 1944, San Jose Evening News.
  7. "Marriage Announcement 2". Los Angeles Times. 28 de xuño de 1940. p. 31. 
  8. "Esther Williams Will be Married Tomorrow". Los Angeles Times. 24 de novembro de 1945. p. A1. 
  9. Michaelson, J. (13 de xuño de 1984). "Esther Williams Back at Poolside". Los Angeles Times – vía Newspapers.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]