Ester Expósito
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 2000 (24 anos) Madrid, España |
Altura | 1,67 m |
Cor dos ollos | Verde |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo |
Período de actividade | 2013 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Nicolas Furtado (2021–2023) Alejandro Speitzer (2019–2021) Álvaro Rico (2018–2019) |
Premios | |
| |
|
Ester Expósito, nada en Madrid o 26 de xaneiro de 2000, é unha actriz española de cine e televisión, coñecida por interpretar a Carla Rosón Caleruega na serie de Netflix Élite (2018) e a Cayetana Aldama en Alguien tiene que morir (2020).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ester Expósito naceu o 26 de xaneiro do ano 2000 en Madrid, con todo, a súa familia materna provén de Viveiro.[2] Expósito cursou a ESO no IES Fortuny de Madrid, rematando os seus estudos aos 16 anos.[3][4]
Carreira como actriz
[editar | editar a fonte]Ester Expósito interesouse polo mundo artístico dende moi pequena. Cando terminou os seus estudos, realizou cursos de interpretación na súa comunidade de orixe. A actriz gañou os Premios de Teatro de Madrid na categoría de Mellor Actriz en 2013 e 2015, polo seu papel en microteatro Woman en Rede (2015).[5] A súa primeira vez diante dunha pantalla deuse no ano 2016 na serie, por aquel entón, de Antena 3 Cara a cara interpretando á filla de Fernando. Nese mesmo ano apareceu tamén no documental Centro médico co papel de Rosa Martín.[6]
O seu primeiro papel recorrente nunha serie de televisión foi en Estoy vivo de TVE, onde interpretou a Ruth na primeira tempada da serie, emitida en 2017.[7] Obtivo fama internacional ao integrar a repartición da serie xuvenil de Netflix Élite en 2018,onde interpretou a Carla Rosón até 2020.[8][9][10] Tras o éxito na serie, fichou por dúas películas distribuídas por Netflix: Cando os anxos dormen e O teu fillo, en ambas cun papel principal.[11] En 2021 retoma o seu papel como Carla Rosón en Elite: Historias Breves un spin-off de Élite.[12]
A principios de 2019 aparece na serie de TVE La caza. Monteperdido, onde interpreta a Lucía Castán Grau, unha das nenas desaparecidas.[13] Tamén en 2019 anúnciase a súa participación na nova serie de Netflix Alguien tiene que morir, a cal foi estreada en outubro de 2020, onde interpreta a Cayetana Aldama.[14] En 2020 tamén fai unha participación especial en Veleno para Atresplayer Premium, interpretando a Machús Osinaga, unha xornalista real do programa Esta noche cruzamos el Mississippi.[15] Ademais, en decembro de 2020 estrea a película Mamá ou papá, baixo a dirección de Dani de la Orden, xunto a Paco León ou Miren Ibarguren, aínda que a película foi finalmente estreada en 2021 pola crise do COVID-19.[16][17] En agosto de 2021 anunciouse a súa colaboración na película Rainbow, dirixida por Paco León.[18] En outubro do mesmo ano acudiu como convidada o Festival de Cine de Sitges, xunto a Álex da Igrexa, Carolina Bang e Jaume Balagueró para anunciar o seu papel protagonista na longametraxe dirixida por Balagueró titulado Venus, cuxo rodaxe comezou en novembro.[19]
Éxito internacional
[editar | editar a fonte]Grazas á súa participación na serie de Netflix Élite, converteuse nunha celebridade en redes sociais. A actriz é a española máis seguida en Instagram con máis de 28 millóns de seguidores. Este feito convértea en reclamo de miles de marcas e firmas de luxo como Yves Saint Laurent.[20] En abril de 2020 publicou un vídeo na súa conta de Instagram que se converteu na publicación con máis reproducións na historia da rede social, por encima de publicacións de Kylie Jenner, Kim Kardashian ou Selena Gómez.[21] O vídeo foi publicado o 11 de abril de 2020 e a marzo de 2021 acumula máis de 92 millóns de reproducións, case o dobre da poboación de toda España.[22] En agosto de 2021 converteuse en imaxe da marca Dolce & Gabbana.[23]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título orixinal | Personaxe | Canle | Notas |
---|---|---|---|---|
2016 | Centro médico | Rosa Martín / Julieta Capote | TVE | 2 episodios |
2016 - 2018 | Vis a vis | Filla de Fernando | Antena 3 | Colaboración especial, 2 episodios (tempada 2-3) |
2017 | Estoy vivo | Ruth | TVE | Elenco recorrente; 8 episodios (tempada 1) |
2018 - 2020 | Élite | Carla Rosón Caleruega | Netflix | Elenco principal; 24 episodios (tempada 1-3) |
2019 | La caza. Monteperdido | Lucía Castán Grau | TVE | Elenco recorrente; 7 episodios (tempada 1) |
2020 | Veleno | Machús Osinaga | Atresplayer | Colaboración especial, 2 episodios |
Alguien tiene que morir | Cayetana Aldama | Netflix | Elenco principal; 3 episodios | |
2021 | Elite historias breves: Carla Samuel | Carla Rosón Caleruega | Netflix | Elenco principal, 3 episodios |
Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Título orixinal | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2016 | Que Dios nos perdone | Moza | Rodrigo Sorogoyen |
2018 | Cuando los ángeles duermen | Silvia | Gonzalo Bendala |
Tu hijo | Andrea | Miguel Ángel Vivas | |
2021 | Mamá o papá | Dani de la Orden | |
2022 | Rainbow | Paco León |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Artista |
---|---|---|
2019 | Oye Pablo | Danna Paola |
DOSIS | Dvicio | |
2020 | Fácil | Nya de la Rubia |
Contigo | Danna Paola | |
2021 | Muñequita linda | Najwa Nimri |
Yate | C. Tangana |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Categoría | Traballo nomeado | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
Socialiteen Awards México 2020 | Actriz xuvenil española | Traxectoria | Gañadora | [24] |
Premios MiM Series VIII | Premio novo talento | Traxectoria | Gañadora | [25] |
VIII Premios Platino do Cine Iberoamericano | Mellor interpretación feminina de repartición en miniserie | Alguén ten que morrer | Nomeada | [26] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gastesi, Aintzane (1 de novembro de 2020). "Ester Expósito, nueva imagen del éxito: “Soy rotundamente feminista”". lavanguardia.com (en castelán). La Vanguardia. Consultado o 16 de maio de 2021.
- ↑ "Ester Expósito presume de sus raíces gallegas en 'La Resistencia'". diariodepontevedra.es (en castelán). Diario de Pontevedra. 16 de outubro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2022.
- ↑ "Ester Expósito: “Tengo la ambición de seguir aprendiendo como actriz y nunca dejar de crecer en la profesión”". .noroestemadrid.com (en castelán). Noroeste Madrid. 6 de septembro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2022.
- ↑ ¿Quién es Ester Expósito? la revelación de la temporada de Élite
- ↑ ¿Quién es Ester Expósito? la revelación de la temporada de Élite
- ↑ "Biografía y filmografía de Ester Expósito". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ Personajes de Estoy vivo en la primera temporada
- ↑ "El secreto de Ester Expósito ('Élite') para triunfar en los castings". diezminutos.es (en castelán). Diez Minutos. 24 de outubro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2021.
- ↑ Sisi Sánchez, Alberto (19 de maio de 2020). "'Élite' despide para siempre a varios de sus actores más queridos con un emotivo vídeo". vogue.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2020.
- ↑ "Cuatro protagonistas estelares de ‘Élite’ quedan fuera de la serie". ntn24.com (en castelán). 19 de maio de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020.
- ↑ "Ester Expósito, imparable. Tras 'Élite', estrena película con Coronado". diezminutos.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Élite historias breves: Carla Samuel | Sitio oficial de Netflix" (en castelán). Consultado o 2021-05-18.
- ↑ "‘La caza. Monteperdido’: Conoce a los personajes de la nueva serie de TVE". okdiario.com (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Ester Expósito y su ‘Alguien tiene que morir’, el plato fuerte de Netflix para este viernes". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ Taibo, Marieta (1 de outubro de 2020). "La serie 'Alguien tiene que morir' llega pronto a Netflix y tenemos el esperado tráiler". cosmopolitan.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ "Paco León, Miren Ibarguren y Ester Expósito protagonizan 'Mamá o papá', lo nuevo de Dani de la Orden". ecartelera.com (en castelán). Consultado o 21 de outubru de 2020.
- ↑ "‘Bajocero’ se estrenará directamente en Netflix y ‘Mamá o papá’ vuelve a retrasar su lanzamiento en salas". audiovisual451.com (en castelán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ Rodera, Alejandro (5 de agosto de 2021). "Netflix estrenará 'Rainbow', la película de Paco León basada en "El mago de Oz"". formulatv.com (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ Redacción (12 de outubro de 2021). "Balagueró iniciará en noviembre el rodaje de la "violenta y sucia" 'Venus' con Ester Expósito". europapress.es (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2021.
- ↑ de la Hija Ferrero, Paloma (24 de abril de 2020). "De Ester Expósito a Penélope Cruz, los 10 españoles más internacionales en redes". theluxonomist.es (en castelán). Consultado o 16 de ma1o de 2021.
- ↑ Redacción (15 de abril de 2020). "El hito de Ester Expósito en Instagram con el que acaba de lograr lo impensable". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2021.
- ↑ Espla, Daniel (12 de abril de 2021). "¿Cómo llegó a la élite? El vídeo más viral de Instagram". eloutput.com (en castelán). El Output (publicado o 2 de setembro d 2021). Consultado o 16 de maio de 2021.
- ↑ Rodrigáñez, Laura (16 de agosto de 2021). "Ester Expósito, nueva musa de Dolce&Gabbana". telva.com (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Ganadores Socialiteen Awards" (en castelán). Socialiteen. 15 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ "Ester Expósito, premio Joven Talento en la 8ª edición de los MiM Series" (en castelán). Agencia efe. 9 de febreiro de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ Vázquez, Silvia (19 de xullo de 2021). "Todos los nominados españoles a los Premios Platino 2021". woman.es (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2021.