Estación de Toural dos Vaos
Estación de Toural dos Vaos | ||||
---|---|---|---|---|
Toural dos Vaos ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Intercity ![]() | |||
Código de estación | 20204 ![]() | |||
Liñas ferroviarias
| ||||
Número de beiras | 2 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Toural dos Vaos ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Toural dos Vaos é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Toural dos Vaos, provincia de León. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Está situada no punto quilométrico 265,8 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 427 metros de altitude,[1] entre as estacións da Barosa e Villadepalos. O tramo é de vía única e está electrificado.
Era tamén o quilómetro cero do ramal, parcialmente desmantelado, que a unía con Vilafranca do Bierzo.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]A estación sitúase ao sur da localidade. O seu amplo edificio para viaxeiros de tres plantas ao que se lle uniron varias estruturas anexas formando un complexo de certa envergadura dan conta da importancia que tivo o lugar. Por iso dispón dunha praia de vías formada por unha vía principal (vía 1) e cinco derivacións da mesma (vías 2, 3, 5, 7 e 9).[3] Desde a estación apréciase o antigo ramal que chegaba a Vilafranca desde o norte. O acceso ás vías realízase grazas a dúas plataformas, unha lateral e outra central.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ Información técnica Adif