Alexander Gottlieb Baumgarten
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xullo de 1714 Berlín |
| Morte | 27 de maio de 1762 Frankfurt (Oder) |
| Residencia | Berlín |
| Educación | Universidade de Halle-Wittenberg Universidade de Jena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Lugar de traballo | Frankfurt (Oder) |
| Ocupación | filósofo, teólogo, profesor universitario, escritor, esteticista |
| Empregador | Universidade de Halle-Wittenberg University of Frankfurt an der Oder (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Luisa Wilhelmina Alemann Justina Elisabeth Albinus |
| Fillos | Carl Gottlieb Baumgarten ( Eleonora Wilhelmina Baumgarten ( Eleonora Juliana Baumgarten ( Gottlieb Wilhelm Baumgarten ( |
| Pai | Jacob Baumgarten |
| Irmáns | Siegmund Jakob Baumgarten August Joseph Baumgarten Nathanael Baumgarten |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Alexander Gottlieb Baumgarten, nado en Berlín o 17 de xullo de 1714 e finado en Frankfurt an der Oder o 27 de maio de 1762, foi un filósofo alemán. O seu irmán foi o teólogo Siegmund Jakob Baumgarten (1706-1757).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baumgarten naceu en Berlín, o quinto dos sete fillos do pastor pietista da milicia local, Jacob Baumgarten, e da súa esposa, Rosina Elisabeth. Ambos os pais finaron cando aínda era moi novo. Foi educado por Martin Georg Christgau, quen lle ensinou o hebreo e o interesou pola poesía latina.
En 1733, namentres cursaba os seus estudos superiores na Universidade de Halle, asistiu ás aulas sobre a filosofía de Christian Wolff impartidas por Peter Reusch na Universidade de Jena.[1][2]
Foi profesor en Halle dende 1737 e en Frankfurt an der Oder dende 1740.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Malia que o significado das palabras adoita mudar como resultado de diferentes desenvolvementos culturais, a reavaliación do termo "estética" realizado por Baumgarten adoita considerarse un momento esencial no desenvolvemento da estética como disciplina filosófica.[3] Con anterioridade, esta palabra tiña só o sentido de "sensibilidade" ou "resposta dos sentidos perante os estímulos". Co desenvolvemento da arte como empresa comercial, ligado ao ascenso dos novos ricos en Europa, a compravenda de pezas artísticas conduciu inevitablemente á pregunta "cal é a arte boa?". Baumgarten creou a estética como medio de estudo do gusto artístico, que permite distinguir a arte boa da mala, ligando á primeira coa beleza.
Xa que logo, na súa obra Aesthetica (2 vol., 1750-8), foi o primeiro en establecer a estética como disciplina filosófica.[4] Foi seguidor das teorías de Gottfried Wilhelm Leibniz e Christian Wolff.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aichele & Theis 2018, p. 442.
- ↑ Mirbach 2025.
- ↑ Caygill 1982.
- 1 2 EGU 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aichele, Alexander; Theis, Robert, eds. (2018). Handbuch Christian Wolff (en alemán). Springer. ISBN 9783658147372.
- Caygill, Howard (1982). Aesthetics and Civil Society: Theories of Art and Society, 1640-1790 (en inglés). University of Sussex.
- EGU (2013). "Baumgarten, Alexander Gottlieb". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 18 de xullo de 2025.
- Mirbach, Dagmar (2025). "Alexander Gottlieb Baumgarten (1714-1762): Leben". Baumgarten Alexander Gottlieb (en alemán). Consultado o 18 de xullo de 2025.