FDJ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FDJ
Información do equipo
Código UCI FDJ
País Francia
Fundación 1997
Disciplina ciclismos en ruta
Categoría UCI WorldTour
Web equipecyclistefdj.fr
Director Marc Madiot
Denominacións
1997-2002
2003-2004
2005-Xuño 2010
Xullo 2010-2011
2012
Xan-Xuño2013
Xuño 2013-2014
2015-
La Française des Jeux
FDJeux.com
La Française des Jeux
FDJ
FDJ-BigMat
FDJ
FDJ.fr
FDJ

O FDJ (código UCI: FDJ), tamén coñecido como La Française des Jeux, é un equipo ciclista francés que compite no UCI WorldTour. O nome do equipo é patrocinado pola empresa de loterías francesa, La Française des Jeux. O equipo fundouse en 1997 e na actualidade disputa as súas carreiras con bicicletas Lapierre.

Historia[editar | editar a fonte]

As bicicletas e o coche do equipo no Eurométropole Tour 2014.

O equipo foi fundado no ano 1997 baixo o liderado de Marc Madiot, un ex-ciclista gañador da París-Roubaix en varias ocasións. Durante varios anos o equipo levou o nome da páxina web do seu patrocinador (Fdjeux.com) para facerlle publicidade, pero no 2005 o equipo recuperou o seu nome orixinal, Française des Jeux. O equipo foi do UCI ProTour durante 6 tempadas (da 2005 á 2010). Ao final desa última tempada, a do ano 2010, o conxunto descendeu de categoría á Profesional Continental. Na tempada do ano 2012, o equipo regresou a participar na máxima categoría do ciclismo, o UCI WorldTour.

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

2004

  • Campionato Australiano en Ruta, Matthew Wilson

2005

  • Campionato Finlandés en Ruta, Jussi Veikkanen

2006

  • Campionato Sueco Contra o Reloxo, Gustav Larsson
  • Campionato Sueco en Ruta, Thomas Löfkvist
  • Campionato Finlandés en Ruta, Jussi Veikkanen

2007

  • Campionato Francés Contra o Reloxo, Benoît Vaugrenard

2008

  • Campionato Bielorruso en Ruta, Yauheni Hutarovich

2009

  • Campionato Bielorruso en Ruta, Yauheni Hutarovich

2010

  • Campionato Finlandés en Ruta, Jussi Veikkanen

2012

  • Campionato Bielorruso en Ruta, Yauheni Hutarovich
  • Campionato Francés en Ruta, Nacer Bouhanni

2013

  • Campionato Francés de Ciclocross, Francis Mourey
  • Campionato Francés en Ruta, Arthur Vichot
  • Campionato Finlandés en Ruta, Jussi Veikkanen

2014

  • Campionato Francés de Ciclocross, Francis Mourey
  • Campionato Finlandés en Ruta, Jussi Veikkanen
  • Campionato Francés en Ruta, Arnaud Démare

2016

  • Campionato Francés en Ruta, Arthur Vichot
  • Campionato Francés Contra o Reloxo, Thibaut Pinot
  • Campionato Lituano Contra o Reloxo, Ignatas Konovalovas

2017

  • Campionato Francés en Ruta, Arnaud Démare
  • Campionato Lituano en Ruta, Ignatas Konovalovas
  • Campionato Lituano Contra o Reloxo, Ignatas Konovalovas
  • Campionato Sueco Contra o Reloxo, Tobias Ludvigsson

Equipo[editar | editar a fonte]

A 1 de xaneiro de 2017

Ciclista Nacemento
Francia William Bonnet 25 de xuño de 1982
Italia Davide Cimolai 13 de agosto de 1989
Francia Arnaud Courteille 13 de marzo de 1989
Francia Mickaël Delage 6 de agosto de 1985
Francia Arnaud Démare 26 de agosto de 1991
Odd Christian Eiking 28 de decembro de 1994
Francia Marc Fournier 12 de novembro de 1994
Francia David Gaudu 10 de outubro de 1996
Italia Jacopo Guarnieri 14 de agosto de 1987
Daniel Hoelgaard 1 de xullo de 1993
Lituania Ignatas Konovalovas 8 de decembro de 1985
Francia Mathieu Ladagnous 12 de decembro de 1984
Francia Johan Le Bon 3 de outubro de 1990
Francia Olivier Le Gac 27 de agosto de 1993
Tobias Ludvigsson 22 de febreiro de 1991
Francia Jérémy Maison 21 de xullo de 1993
Francia Lorenzo Manzin 26 de xullo de 1994
Francia Rudy Molard 17 de setembro de 1989
Suíza Steve Morabito 30 de xaneiro de 1983
Francia Cédric Pineau 8 de maio de 1985
Francia Thibaut Pinot 29 de maio de 1990
Francia Kévin Reza 18 de maio de 1988
Francia Anthony Roux 18 de abril de 1987
Francia Jérémy Roy 22 de xuño de 1983
Francia Marc Sarreau 10 de xuño de 1993
Francia Benoît Vaugrenard 5 de xaneiro de 1982
Francia Arthur Vichot 26 de setembro de 1988
Francia Léo Vincent 6 de novembro de 1995

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]