Gándaras de Budiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3: Liña 3:
Esta [[zona húmida]] formouse coa [[colmatación]] de antigas lagoas que se converteron en zonas [[pantano]]sas. O terreno afundiuse debido á aparición de varias fracturas [[tectónica]]s; a [[bacía]] encheuse con [[sedimento]]s da inundación do [[río Miño]], que deixou [[grava]]s e [[area]]s. Polo leste, o río Louro serpentea entre dous conxuntos [[granito|graníticos]], o [[Penedo Corucho]] e o [[Faro de Budiño]], este último recoberto de grandes [[cristal|cristais]] de [[cuarzo]]. Polo oeste érguese a [[Serra do Galiñeiro]], con máis de 700 m. de altitude.

== Arqueoloxía ==
==Arqueoloxía==

Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do [[Paleolítico inferior]] en [[1961]]. O descobridor poi o francés [[Henri Noon]], que realizaba unhas investigacións [[xeomorfoloxía|xeomorfolóxicas]]. [[Emiliano Aguirre]] investigouna en [[1963]] e Henri Noon publicou os seus resultados en [[1966]], co que este foi o primeiro xacemento paleolítico de Galiza con referencias [[estratigrafía|estratigráficas]]. Tamén investigaron [[Xosé María Álvarez Blázquez]], e D. Collins nos anos 60, Mª D. Echaide nos anos 70, Vidal Encinas nos 80 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín nos anos 90.

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 19:08

As Gándaras de Budiño son un ecosistema natural consistente nun conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro perto da localidade de Porriño e do Parque Natural do Monte Aloia. Constitúen a maior extensión de lagoas de Galiza e o ecosistema acuático de augas continentais máis variado.

Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreno afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpentea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recoberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m. de altitude.

Arqueoloxía

Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. O descobridor poi o francés Henri Noon, que realizaba unhas investigacións xeomorfolóxicas. Emiliano Aguirre investigouna en 1963 e Henri Noon publicou os seus resultados en 1966, co que este foi o primeiro xacemento paleolítico de Galiza con referencias estratigráficas. Tamén investigaron Xosé María Álvarez Blázquez, e D. Collins nos anos 60, Mª D. Echaide nos anos 70, Vidal Encinas nos 80 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín nos anos 90.

Existen cinco niveis arqueolóxicos, sendo no quinto no que se atoparon útiles, clasificados como achelenses ou camposanquienses, e correspondentes a un depósito do Plistoceno medio. O carbono 14 indica unha datación entre o 26700 BP e o 180000 BP e a estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.

Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles son o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto.