Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións
arranxiños de estilo |
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
A discográfica galega [[Ouvirmos (discográfica)|Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo. |
A discográfica galega [[Ouvirmos (discográfica)|Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo. |
||
== |
==Ligazóns externas== |
||
* [http://www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm Galicia espallada] |
* [http://www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm Galicia espallada] |
||
* [http://www.forcarei.net/html/xentes/AvelinoCachafeiro.htm Xentes de Forcarei] |
* [http://www.forcarei.net/html/xentes/AvelinoCachafeiro.htm Xentes de Forcarei] |
Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 00:49
Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes, 26 de maio de 1899 – 13 de abril de 1972) foi un gaiteiro galego.
De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Eicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman a porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Bos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona ata que o comezo da Guerra Civil esfarelou o grupo: A Guerra Civil española sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasoliñeira).
En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.
A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.