Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións
m O Gaiteiro de Soutelo movida a Avelino Cachafeiro sobre unha redirección |
Sen resumo de edición |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
* [http://www.webterrademontes.com/GentAve.htm Asociación Amigos da Terra de Montes] |
* [http://www.webterrademontes.com/GentAve.htm Asociación Amigos da Terra de Montes] |
||
[[Categoría:Músicos galegos| |
[[Categoría:Músicos galegos|Cachafeiro]] |
||
[[Categoría:Gaiteiros|Cachafeiro]] |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2008 ás 14:30
Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes, 26 de maio de 1899 – 13 de abril de 1972) foi un gaiteiro galego.
De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron A Muiñeira de Chantada, A Alborada de Rosalía, A muiñeira de Pontesampaio, Fandango de Pontevedra, Marcha do Corpus, Viva Barriño de Arén, Eicho de dar queridiña, Foliada de Luxán, Foliada Rianxeira, Estroupele-Estroupele, Farruquiña chaman a porta, a Muiñeira de Ourense e o pasacorredoira A volta da festa.
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Bos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona ata que o comezo da Guerra Civil esfarelou o grupo: A Guerra Civil española sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira
En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o autor da Muiñeira de Chantada, no seu labor de recuperación da música tradicional.
A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.