Xosé Manuel Beiras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: es
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:


[[es:Xosé Manuel Beiras Torrado]]
[[es:Xosé Manuel Beiras Torrado]]
[[pt:José Manoel Beiras Torrado]]

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2005 ás 02:34

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, político e economista, naceu en Santiago de Compostela o 7 de Abril do ano 1936. Dende a IX Asemblea do BNG é o Presidente do Consello Nacional desta formación, e o seu voceiro no Parlamento de Galiza; tamén desempeña a cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago.

Ficheiro:3b1.jpg
Beiras xunto con José Luis Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño na manifestación da Plataforma Nunca Máis o 23 de febreiro de 2003 en Madrid

Tamén un prolífico escritor, xa ex-numerario da Real Academia Galega. Seu pai foi Manuel Beiras, ademais de ter un establecemento de paqueteria, concelleiro de Santiago nas primeiras eleccións democráticas. Dende o ano 1957 estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1958 licenciouse e trasladouse a París onde se matriculou na Facultade de Dereito e Ciencias Económicas. Tamén estudou Lingua e Literatura francesa na Universidade da Sorbona (1960); corria o ano 1961 e trasladase á Escola de Economía de Londres (London Economics School) para ampliar os seus coñecementos nos estudos de Ciencias Económicas. Outros biógrafos sitúan os estudos de Beiras nos anos 1964/65 en Inglaterra do que a posteriori viría uns meses a Galiza (1965/66) para, como mestre, impartir na Escola de Economía Política da Faculdade de Dereito de Santiago; máis tarde (1966/67), grazas a unha bolsa de estudos da Fundación March, seguiu un curso de especialización avanzada e investigación con François Perrou no Institut de Sciencie Economique Aplliquée (ISEA) de París. No ano 1963 é membro fundador do PSG (Partido Socialista Galego) na súa clandestinidade; tamén se fai cargo da subdireción da Revista de Economía de Galicia (cargo que deixaría no percorrer do ano 1968). Xa no ano 1964 asume o cargo de Relacións Internacionais, este cargo volvería asumilo de novo no 1970; nesta etapa relacionase con outras formacións europeas socialistas e o Moviment Socialist de Catalunya de Josep Pallach e Joan Raventós.

No 1967 recibe o Premio da Casa Galicia de Nova York (New York) polo seu libro O problema do desenrolo na Galiza rural. Xa no ano 1968 vense a vivir definitivamente en Galiza, ese mesmo ano empeza a traballar coma profesor de Estrutura e Institucións Economicas na Faculdade de Económicas. No 1969, colabora nunha obra colectiva Introducción á economía galega de hoxe publicada en Vigo, e foi relator na elaboración do Documento Conxunto PSG-UPG. No ano 1970 estando uns meses en Madrid, no Colexio Maior Universitario César Carlos, publica a súa tese doutoral sobre o desenvolvemento económico e demográfico en Galiza entre o 1900 e o 1960 co titulo Estructura y problemas de la población gallega, co que gaña o Premio Extraordinario de Doutoramento e consegue, tamén, ser profesor adxunto na Cátedra de Estructura Económica.

No 1971 asume a cargo de secretario xeral do PSG. No 1972 publica en Vigo o O atraso económico de Galiza, nese mesmo ano ofrécenlle o posto de Decano en funcións durante as revoltas estudantís e obreiras; posto que reafirmaria anos mais adiante. Dentro das súas colaboracións colectivas xorden no ano 1975, publicadas en Vigo, dúas obras; A Galiza rural na encrucilladae Contaminación industrial e desenvolvimento. No 1977 deixa o cargo de secretario xeral no PSG, despois de encabezar as listas pola Coruña nas primeiras eleccións xerais da transición democrática nas que non conseguiu o escaño, para ser designado Académico numerario da RAG (Real Academia Galega), cargo ao que renunciou tempo máis tarde. Tamén este mesmo ano encargouse da dirección dunha investigación sobre o proceso de modernización da agricultura galega, cos fondos patrocinado pola Fundación Pedro Barrié e a Universidad de Montpellier.

1980 Beiras accede definitivamente á Cátedra de Estrutura Económica na Universidade de Santiago de Compostela. Corre o ano 1982 e Beiras participa na constitución do BNG (Bloque Nacionalista Galego) do cal entra na súa Dirección Nacional e Permanente dándolle representación á Esquerda Nacionalista. Nese ano sae a súa publicación O atraso e Nós. Aportación para un debate encol o atraso económico"; en febreiro deste mesmo ano recibe co cargo por elección de Decano da Facultade de Ciencias Económicas. Xa metidos no ano 1984, Beiras, na compaña de outros autores, saca ao prelo a obra Dende Galiza: Marx. Homenaxe a Marx no 1º centenario da súa mortepor si só publica outro libro Por unha Galiza liberada, obra na que viña traballando dende 1976; neste mesmo ano, xaneiro, volve a reafirma-lo seu cargo como Decano da Faculdade. Nas eleccións do 24 de novembro do 1985, Beiras sube coma deputado ao parlamento galego; tamén publica Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista. No transcurso deste ano, Beiras, despois dunha discrepa coa presidencia da RAG sobre da Lei de Normalización Lingüística do Galego, deixa a Real Academia Galega. No 1987 traduce ao galego a novela de Os xustos de Albert Camus, xa tivera varias experiencias neste ámbito da tradución, fruto disto está: Cartas a un amigo alemán, tamén do mesmo autor, e as obras de teatro traducidas xunto con Xosé Luis Franco Grande arredor dos anos 1958/59: Antígona, de Jean Anouilh e Non haberá guerra de Troia de Jean Giradoux. Tamén, e dentro deste mesmo ano, prestou a súa colaboración na Homenaxe o Mestre Sampedro (Homenaje al Profesor Sampedro). Estivo como mestre convidado na Universidade de Toulouse, xa anteriormente estivera na de Coimbra (1976). No 1988 traduciu do francés a obra de Anne Philipe: O tempo dun salaio. O 17 de decembro de 1989 vólvese presentar ás eleccións, e de novo gaña o escano pola Coruña, xunto con outros 4 representantes, e asume o cargo de portavoz do grupo. Sobre o seu pensamento político e a traxectoria os escritores Francisco Picallo Mayor e Miguel Anxo Fernán-Vello publican un libro intitulado Conversas con Xosé Manuel Beiras.

Xa no 1990, en xaneiro, tanto Beiras como os do seu grupo non aproban unha proposición non de Lei sobre a autodeterminación do PSG-EG por non verlle sentido xa que a Cámara no tiña soberanía por haber grupos españois. Na lexislatura do 1989/1993 foi expulsado varias veces da Cámara por oporse e, mesmo, tentar facerlle unha moción de censura a Manuel Fraga. Nese mesmo período, na proposta do pleno extraordinario de incendios forestais, apresentou unha proposta de independencia para Galiza e a reforma da Constitución, votando en contra da proposta de Manuel Fraga sobre a adminitración única. Entrados no ano 1991, Beiras publica outro libro: Prosas de combate e maldicir. O 10 de marzo de 1993 non se amosou dacordo ante a iniciativa do Partido Popular, gobernante en Galiza, de modificar o Regulamento do Parlamento e amosou o seu descontento petando no seu escano cun zapato. Amosou unha actitude non conformista durante os debates de ponencia e comisión sobre deste tema que o levaron a botalo da Cámara o 15 e o 17 de mesmo mes cunha sanción dun mes sen dereitos parlamentarios. Beiras recurriu o Tribunal Constitucional o 12 de xullo do 1993, quen admitiu o recurso o 4 de novembro do mesmo ano. Ademáis mantivo una longa polémica con executivo rexional de Fraga pola compra de dereitos das marcas do Xacobeo'93, ao que acusou de falsedade en documento público, prevaricación e malversación de fondos. O 17 de outubro de 1993 apresentouse por terceira vez na cabeza da candidatura pola Coruña e como candidato a Presidencia da Xunta de galiza. Consegue a renovación e o seu grupo pasa de 5 a 13 candidatos. Xa metidos de cheo no 1995, Beiras é proposto como Portavoz Nacional do grupo, cargo no que resulta elixido na VII Asemblea; isto viña a respalda-la súa presentación en xaneiro do 1991 e marzo do 1993, nas que obtivo un bo respaldo. No decembro do 1995 fai unha viaxe duns días a Arxentina e Uruguai, nas que fai algunhas reunións con representante de centro galegos, dirixentes políticos e sindicais e ofrece algún discurso en varias universidades. Fruto disto, publica no 1996 un libro co título: O estado da nación; no que engade o seus discursos dende o ano 1989 a o 1995. O 19 de outubro de 1997 preséntase de novo como candidato do BNG á Presidencia da Xunta, renova o escano e ve medrar o seu grupo a 18 deputados pasando a ser a segunda forza en Galiza. No 1998 volve a renova-lo cargo como voceiro nacional do BNG, así mesmo levou a un irmanamento do seu partido cara outras forzas nacionalitas a traves do Pacto de Barcelona. Isto tivo como consecuencia o pacto co PSdG nas municipais do 13 de xuño de 1999 para a repartición de alcaldías nalgúns concellos e o primeiro escano do BNG no Parlamento Europeo.

Na autonómicas do 2001 renova outra volta o seu escano, pero ve como o seu grupo baixa un deputado quedando en 17. Xa a cabalo do 2003 segue a presentarse nas eleccións do 21 de maio do 2003, segue mantenendo mentres o grupo sube a 26 deputados. Entrados no 2004 decide non presentarse ás elección xerais de 16 de maio; nas cales so sairía como resultado 2 membros elixidos do seu grupo. O 27 de abril do 2004 asina, xunto co seu compañeiro de grupo, Anxo Quintana González, na representacion do BNG para dar desenvolvemento ao documento base asinado polo BNG, CiU e EAJ-PNV o 6 de abril dese ano. O que daría a nova presentación do grupo de formacións politicas "GALEUSCA Pobos de Europa" para a celebración da eleccións do 13 de xuño do 2004, nas cales este grupo conseguirá 3 escanos. Xa o 11 de abril do 2005 presenta ante os compañeiros do BNG a súa demisíón coma Presidente do Consello Nacional do BNG e a súa renuncia a formar parte das listas electorais do BNG á Xunta, despois de vivir unha intensa campaña na súa contra, levada a cabo por grupos internos do Bloque Nacionalista Galego. Todo o panorama político galego amosou a súa pena por esta perda, non só para o nacionalismo, senón para toda a vida de Galiza. Beiras, xunto con Xaime Isla Couto, tamén foi un dos promotores das coleccións Enquisa, Agra aberta e Os percusores da Editorial Galaxia, na que foi director da colección Alén-Nós; desta experiencia fixo a participación na creación de Edicións Laiovento. Na actualidade segue a colaborar, de cando en vez, nas publicacións "Grial" e "A Nosa Terra".