Emilio Alarcos Llorach: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: es:Emilio Alarcos Llorach
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 11: Liña 11:
Emilio Alarcos tamén levou a cabo algúns estudos de [[crítica literaria]], ocupándose, entre outros, da análise da [[poesía]] de [[Blas de Otero]] ou de [[Ángel González]].
Emilio Alarcos tamén levou a cabo algúns estudos de [[crítica literaria]], ocupándose, entre outros, da análise da [[poesía]] de [[Blas de Otero]] ou de [[Ángel González]].


[[Category:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]


[[es:Emilio Alarcos Llorach]]
[[es:Emilio Alarcos Llorach]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 21:07

Emilio Alarcos Llorach (Salamanca, 1922- Oviedo, 1998) lingüista español, catedrático emérito da Universidade de Oviedo e membro da Real Academia Española.

Biografía

Iniciou os seus estudos universitarios en Valladolid, onde o seu pai era catedrático; continuounos en Madrid, onde tivo como mestre a Dámaso Alonso e por cuxa universidade se doutorou en Filoloxía Románica en 1947. Catedrático de instituto en Avilés dende 1944, a súa estancia como lector de español en Berna e Basilea (1946-1947) foi decisiva para a súa formación como lingüista, pois lle permitiu entrar en contacto directo con correntes científicas que apenas tiveran eco en España, e que o contribuiría de xeito decisivo a difundir na súa patria. Tras outro breve período como catedrático de instituto en Cabra (Córdoba) e Logroño, obtén en 1950 a cátedra de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Oviedo. Do seu fecundo labor nesa universidade dan testemuño os seus numerosos discípulos, así como unha revista, Archivum, imprescindible nos estudos hispánicos. Electo para a cadeira B da Real Academia Española en 1972, o seu ingreso efectivo na corporación produciuse un ano máis tarde. Era, no momento do seu falecemento, Presidente da Asociación de Historia da Lingua Española.

Contribucións á lingüística

Emilio Alarcos contribuíu decisivamente á introdución e difusión en España das teorías lingüísticas de diversas escolas do estruturalismo europeo: primeiro foi o Círculo Lingüístico de Praga coa Fonoloxía española (1950); despois, a Glosemática de Copenhague cunha Gramática estrutural (1951); e finalmente o funcionalismo martinetiano cos seus imprescindibles Estudos de gramática funcional do español (1970). A culminación dos seus estudos gramaticais chegou coa publicación da súa Gramática da lingua española (1994), obra que logrou unha extraordinaria acollida entre o público en xeral e que permitiu aos especialistas coñecer a visión que o mestre tiña de certas parcelas da gramática que non foran abordadas previamente por el en estudos monográficos.

Emilio Alarcos tamén levou a cabo algúns estudos de crítica literaria, ocupándose, entre outros, da análise da poesía de Blas de Otero ou de Ángel González.