Koovee (hóckey sobre xeo): Diferenzas entre revisións
→Xogadores: Engado breve sección sobre os capitáns cunha táboa con todos os capitáns na historia de Koovee de acordo co sitio web do equipo. |

Liña 58: | Liña 58: | ||
== Xogadores == |
== Xogadores == |

=== Capitáns === |

O primeiro capitán do equipo foi [[Usko Teromaa]], que ocupou o posto entre [[1945]] e [[1956]]. Pola súa parte, o [[Suecia|sueco]] [[Bengt Lindqvist]] foi o primeiro xogador estranxeiro en exercer como capitán de Koovee. A continuación todos os capitáns do equipo:<ref name="historia">{{Cita web |url=https://www.tampereenkoovee.fi/historia/ |título=Historia |editorial=Koovee Hockey Oy |dataacceso=15 de outubro de 2021 |lingua=fi}}</ref> |

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |

|colspan=4| |

{| class="wikitable sortable" style="text-align:center" |

|+ style="background:#FFFFFF; border-top:#de281a 5px solid; border-bottom:#f7ce00 5px solid;" | Capitáns de 1945 a 1989 |

! scope="col" | Nome(s) |

! scope="col" | Período |

| [[Usko Teromaa]] || 1945-56 |

| [[Olavi Santanen]] || 1956-57 |

| [[Anssi Koskinen]]
[[Pauli Palanto]] || 1957-61 |

| [[Matti Leppälä]] || 1961-63 |

| [[Reino Rautanen]] || 1963-65 |

| [[Bengt Lindqvist]] || 1965-67 |

| [[Esko Niemi]] || 1967-69 |

| [[Seppo Nikkilä]]
[[Matti Reunamäki]] || 1969-71 |

| [[Matti Reunamäki]]
[[Heino Pulli]] || 1971-72 |

| [[Vladimir Jursinov]] || 1972-74 |

| [[Esko Rantanen]] || 1974-75 |

| [[Tapio Kauppinen]] || 1975-76 |

| [[Kaj Matalamäki]] || 1976-79 |

| [[Pekka Uitus]] || 1979-80 |

| [[Erkki Suokko]] || 1980-82 |

| [[Esko Niemi]] || 1982-83 |

| [[Risto Laine]] || 1984-88 |

| [[Esko Rantanen]] || 1988-89 |

{| class="wikitable sortable" style="text-align:center" |

|+ style="background:#FFFFFF; border-top:#de281a 5px solid; border-bottom:#f7ce00 5px solid;" | Capitáns dende 1989 |

! scope="col" | Nome(s) |

! scope="col" | Período |

| [[Esko Rantanen]]
[[Risto Laine]] || 1989-90 |

| [[Jarmo Nurmi]] || 1990-1992 |

| [[Ilpo Myllyniemi]] || 1992-1996 |

| [[Ari Jortikka]] || 1996-2000 |

| [[Jari Lehtivuori]] || 2000-01 |

| [[Arto Nurmi]] || 2001-02 |

| [[Kimmo Koivisto]] || 2002-05 |

| [[Ari Jortikka]] || 2005-07 |

| [[Jyrki Rantala]] || 2007-08 |

| [[Tommi Manner]] || 2008-09 |

| [[Jyrki Rantala]] || 2009-12 |

| [[Pauli Järvinen]]
[[Jyrki Rantala]]
[[Pasi Silanne]] || 2012-13 |

| [[Marko Keskinen]] || 2013-15 |

| [[Samuli Simula]] || 2015-16 |

| [[Jyrki Rantala]] || 2016-18 |

| [[Juha Pajuoja]] || 2018-19 |

| [[Miikka Kuusela]] || 2019-20 |

| [[Juuso Hahl]] || 2020-21 |

| [[Vesa Viitakoski]] || 2021- |

=== Números retirados === |
=== Números retirados === |

* '''10 [[Heino Pulli]]''' |
* '''10 [[Heino Pulli]]''' |
Revisión como estaba o 14 de outubro de 2021 ás 22:15
Koovee | |

Fundación | 1929 |
Cidade | Tampere, Pirkanmaa Finlandia |
Estadio | Hakametsä 2 (1 000 espectadores) Tampereen jäähalli (7 300 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Pauli Järvinen |
Cores | Amarelo, negro e vermello |
Na rede | |
https://www.tampereenkoovee.fi/ |
O Koovee é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que chegou a xogar na máxima categoría. Xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 espectadores.
Durante moitas tempadas xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, primeiro na SM-sarja e posteriormente na SM-liiga, na que permaneceu ata o seu descenso na tempada 1979-80. Os seus mellores resultados tiveron lugar na década de 1960, cando conseguiu o título da SM-sarja (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés na época) en 1968, tres medallas de prata (1959, 1962 e 1964) e dúas de bronce (1960 e 1961), conseguindo unha medalla de bronce máis na SM-liiga (máxima categoría) en 1977.
Historia
O club foi fundado en 1929, aínda que o primeiro partido de hóckey sobre xeo tivo lugar en 1945.[1] Cinco anos despois do seu primeiro partido, o equipo de hóckey sobre xeo conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, na que debutou na tempada 1950–51. Este feito fixo que a modalidade se popularizara no club [2] O campionato finlandés estaba daquela organizado en dous grupos, quedando o TK-V enquadrado no grupo B xunto co Tarmo de Hämeenlinna, o TBK de Tampere, o Karhu-Kissat e o KIF, estes dous de Helsinqui. O equipo tan só puido sumar un empate e unha vitoria nos oito partidos que disputou e finalizou como pechacancelas do seu grupo, o que motivou o seu descenso de categoría.[3]
Logo de dúas tempadas afastado da máxima categoría, o TK-V regresou á elite do hóckey sobre xeo finlandés na tempada 1953–54, desta volta encadrado no grupo A. Desta vez o equipo de Tampere conseguiu catro vitorias e outras tantas derrotas para un total de oito puntos que o situaron na terceira posición do seu grupo, manténdose deste xeito unha tempada máis na máxima categoría.[4] A tempada seguinte o equipo mellorou os seus resultados, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición do seu grupo cun rexistro de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas. TK-V xogou a eliminatoria pola medalla de bronce fronte ao HIFK de Helsinqui, mais caeu en ambos encontros (5-4 e 3-9).[5]
O maior logro do equipo foi o campionato da SM-sarja conseguido en 1968. Ao final da tempada 1976-77 da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, o KooVee conseguiu a súa derradeira medalla do campionato finlandés.[6]
Na tempada 2006-07 xogou na segunda categoría, a Mestis, descendendo esa mesma tempada á Suomi-sarja.
En 2015 o club converteuse en osakeyhtiö (abreviado Oy, sociedade por accións), pasando a denominarse Koovee Hockey Oy.[7]
Na tempada 2017-18 o Koovee finalizou a liga regular da Suomi-sarja na sexta posición, clasificándose deste xeito de forma directa para os play-offs.[8] Na primeira rolda o equipo de Tampere enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o FPS de Forssa, ao que derrotou 1-3. Na segunda rolda conseguiu eliminar ao segundo clasificado da liga regular, o Pyry de Nokia en tres partidos (3-0),[9] pasando deste xeito a disputar a promoción á Mestis fronte ao Hermes de Kokkola, penúltimo clasificado de dita competición,[10] caendo en cinco partidos a pesar da vitoria inicial na súa visita ao Kokkolan jäähalli.[11] A pesar da derrota, debido á quebra financeira do Espoo United e á negativa do JHT de Kalajoki a ocupar o lugar do equipo de Espoo, este foi ocupado por Koovee.[12]
Pavillón
O Koovee xogou no mítico estadio de Hakametsä dende a spa inauguración en 1965 ata pouco despois do seu descenso da máxima categoría. Dende o seu ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 persoas e inaugurado en 1974,[13] localizado nas proximidades do estadio de Hakametsä, con capacidade para 7 300 persoas, que foi a casa do equipo e no que continúa a xogar na tempada 2020-21.[14]
A maior entrada rexistrada nun partido como local do Koovee en Hakametsä tivo lugar o 9 de febreiro de 1969, cando 9 951 persoas presenciaron o encontro que o enfrontou ao HIFK de Helsinqui]. Pola súa banda, o seu mellor rexistro de asistencia nun partido disputado no estadio de Hakametsä 2 foi o 3 de marzo de 1988 durante un partido fronte ao IkVi de Tampere ante 949 persoas.[7]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[a] | Outros usos |

Tampereen jäähalli | 1965 1988 1994 2018 |
1983 1990 1997 en uso (ocasional) |
7 595[15] | Ilves (1965-) Tappara (1965-) | |
Hakametsä 2 | 1984 1990 1997 |
1988 1994 en uso |
1 050 |
Xogadores
Capitáns
O primeiro capitán do equipo foi Usko Teromaa, que ocupou o posto entre 1945 e 1956. Pola súa parte, o sueco Bengt Lindqvist foi o primeiro xogador estranxeiro en exercer como capitán de Koovee. A continuación todos os capitáns do equipo:[16]

Números retirados
- 10 Heino Pulli
Xogadores destacados
Xogadores na NHL
- Jyrki Lumme
- Raimo Helminen
- Risto Jalo
- Vesa Toskala
- Ville Nieminen
- Ville Siren
- Juha Alen
- Esa Keskinen
Palmarés
Trofeos colectivos
- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Koovee proclamouse campión de Finlandia nunha única ocasión cando o campionato aínda era denominado SM-sarja: 1968.[17]
- Campión: 1968.[18]
Trofeos individuais
- Liiga/SM-sarja
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Tres xogadores gañaron o trofeo xogando no equipo:[17]
- Heino Pulli: 1964
- Matti Reunamäki: 1966
- Seppo Nurmi: 1969
- Mestis
- Trofeo Pasi Nurminen: entregado dende 2004 ao mellor porteiro da liga Mestis. Un único xogador ten gañado o trofeo xogando no equipo:[19]
- Eetu Mäkiniemi: 2020
Notas
- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- Referencias
- ↑ Hirvonen, Ville (1 de xuño de 2018). "Espoon Unitedille korvaaja Mestikseen Tampereelta – plakkarissa myös SM-kulta 1968". Helsingin Uutiset (en finés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ "Historia. Vuonna 2019 pyöreitä täyteen, 90 vuotta!" (en finés). Koovee. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1950/51" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1953/54" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1954/55" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Mestisjoukkueet 2020-2021". Jääkiekko kirja 2021 (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto e Jääkiekkon SM-liiga Oy. p. 194. ISSN 0784-3321.
- ↑ "Clasificación da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Play-offs da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Clasificación da Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Promoción á Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Información da sección de hóckey sobre xeo no sitio web do club polideportivo Koovee" (en finés). koovee.fi. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Koovee" (en finés). Mestis. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "TAMPERE ICE STADIUM (HAKAMETSÄ ICE STADIUM)" (en inglés). visittampere.fi. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ "Historia" (en finés). Koovee Hockey Oy. Consultado o 15 de outubro de 2021.
- ↑ 17,0 17,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "SUOMALAISTA JÄÄKIEKKOHISTORIAA" (en finés). Koovee Hockey Oy. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Pasi Nurminen -palkinto: Eetu Mäkiniemi". Mestis (en finés). 24 de marzo de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.