Raimo Helminen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raimo Helminen
Raimo Helminen Ilves.jpg
Raimo Helminen coa camisola de Ilves en 2007.
Nacemento 11 de marzo de 1964
Tampere, Finlandia(58 anos)
Peso 88 kg (194 lb; 13 st 12 lb)
Equipo SHL
Antigos equipos
Brynäs IF
SM-liiga
Ilves
NHL
New York Rangers
Minnesota North Stars
New York Islanders
Allsv./SHL
Malmö IF Redhawks
Entrada Draft da NHL 35
Carreira 1982–2008

Raimo Ilmari Helminen,[1] alcumado Raipe[2] ou Maestro,[3] nado o 11 de marzo de 1964 en Tampere (Finlandia) é un adestrador e xogador de hóckey sobre xeo retirado finlandés, que xogaba na posición de centro. Helminen xogou na SM-liiga nun só equipo, o Ilves de Tampere. Ademais xogou nos Estados Unidos nos New York Rangers, Minnesota North Stars e New York Islanders da National Hockey League (NHL), así como en Suecia nos Malmö Redhawks. Ademais de gañar o campionato do mundo, Helminen gañou os campionatos finlandés e sueco, así como a Copa de Europa.[4] Logo da súa carreira como xogador ten adestrado a selección finlandesa sub-20, a Ilves, ao equipo da KHL Barys Astana e á selección de Casaquistán. Entre 2016–2019 Helminen exerceu de adestrador asistente de Jokerit na KHL, mentres que na tempada 2020–21 asinou un contrato co TPS de Turku como adestrador xefe.

Helminen xogou a nivel de clubs como profesional durante 26 anos. Comezou na SM-liiga na tempada 1982–83, e a súa derradeira tempada foi a 2007–08. É considerado un emblema de Ilves. Helminen xogou 331 partidos coa selección finlandesa, polo que xogou máis partidos co seu equipo nacional que ningún outro xogador do mundo. Helminen xogou coa selección finlandesa 19 torneos de valor, entre os cales hai seis Xogos Olímpicos. Coa selección finlandesa gañou seis medallas nos campionatos do mundo e tres medallas olímpicas.[4]

Helminen foi coñecido como xogador, principalmente como director de xogo, e en moitas ocasións asistía aos seus compañeiros antes que tentar el mesmo o lanzamento. É recordado tamén como unha persoa modesta e tranquila, que non dicía moitas palabras nas entrevistas. Logo da súa carreira como xogador recibiu numerosos recoñecementos: foi escollido para o salón da fama do hóckey sobre xeo finlandés, Ilves retirou o seu número (41), e a selección finlandesa retirou tamén o número 41 no seu honor. A súa carreira viuse ensombrecida polas ambigüidades fiscais xurdidas durante os seus anos en Malmö.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sala, Ville (4 de marzo de 2008). "On vain yksi Raimo Helminen" (en finés). jatkoaika.com. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  2. Miettinen, Heikki (1 de decembro de 2016). "Raimo ”Raipe” Helminen löysi Jokereille uuden ja yllättävän keskushyökkääjän". Helsingin Sanomat (en finés). Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  3. Laiho, Harri (4 de maio de 2017). "Tällaisen vinkin Raimo Helminen antoi Leijonien yllätyssentterille ennen MM-kisoja". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Mennander & Mennander 2004, p. 172.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kostiainen, Pasi (2000). Suomalaiset NHL:ssä (en finés). Helsinqui: WSOY. ISBN 951-0-23632-2. 
  • Laitinen, Vesa (2004). Raipe: vaatimattomuuden lyhyt oppimäärä (en finés). Tampere: Kustannus Oy Aamulehti. ISBN 951-96715-7-9. 
  • Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2003). Leijonien tarina (en finés). Helsinqui: Ajatus kirjat. ISBN 951-20-6455-3. 
  • Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2004). Liigatähdet – Jääkiekon SM-liiga 30 vuotta 1975–2005 (en finés). Helsinqui: Ajatus kirjat. ISBN 951-20-6684-X. 
  • Mennander, Ari; Porttila, Jari; Saari, Mauno (1995). All Star Finland (en finés). Helsinqui: Otava. ISBN 951-1-13690-9. 
  • Mustonen, Olli (2001). Veijareita & virtuooseja (en finés). Tampere: Poika Kotiin. ISBN 952-91-3862-8. 
  • Suikki, Reijo, Suomen jääkiekkoliitto (2003). Jääkiekkokirja 2003–2004 (en finés). Egmont.