Rijksmonument: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Reemplazos con Replacer: «haia» |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
Para a súa designación como ''rijksmonument'', un sitio ten que ter máis de medio [[século]] como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración.<ref>"[https://www.monumenten.nl/soorten-monumenten/rijksmonument Rijksmonument]". En ''Monumenten.nl (en neerlandés)''</ref><ref>"[https://www.erfgoedmonitor.nl/indicatoren/gebouwde-rijksmonumenten-aantal Gebouwde rijksmonumenten - aantal]". En ''Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)''</ref> |
Para a súa designación como ''rijksmonument'', un sitio ten que ter máis de medio [[século]] como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración.<ref>"[https://www.monumenten.nl/soorten-monumenten/rijksmonument Rijksmonument]". En ''Monumenten.nl (en neerlandés)''</ref><ref>"[https://www.erfgoedmonitor.nl/indicatoren/gebouwde-rijksmonumenten-aantal Gebouwde rijksmonumenten - aantal]". En ''Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)''</ref> |
||
O programa iniciouse na [[Haia]] en [[1954]], no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de [[conflito armado]]. A [[Lei|lexislación]] [[Países Baixos|neerlandesa]] actual nesta materia é a Lei de Monumentos (''Monumentenwet''), de [[1988]].<ref>"[https://cultureelerfgoed.nl/dossiers/erfgoedwet/overgangsrecht-monumentenwet-1988-naar-omgevingswet Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20171201032940/https://cultureelerfgoed.nl/dossiers/erfgoedwet/overgangsrecht-monumentenwet-1988-naar-omgevingswet |date=01 de decembro de 2017 }}". En ''Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)''</ref> |
O programa iniciouse na [[A Haia|Haia]] en [[1954]], no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de [[conflito armado]]. A [[Lei|lexislación]] [[Países Baixos|neerlandesa]] actual nesta materia é a Lei de Monumentos (''Monumentenwet''), de [[1988]].<ref>"[https://cultureelerfgoed.nl/dossiers/erfgoedwet/overgangsrecht-monumentenwet-1988-naar-omgevingswet Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20171201032940/https://cultureelerfgoed.nl/dossiers/erfgoedwet/overgangsrecht-monumentenwet-1988-naar-omgevingswet |date=01 de decembro de 2017 }}". En ''Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)''</ref> |
||
A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba ''Monumentenzorg ''("Coidado de monumentos"), transformouse na actual ''Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed'' ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural"). |
A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba ''Monumentenzorg ''("Coidado de monumentos"), transformouse na actual ''Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed'' ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural"). |
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2021 ás 21:12
Un rijksmonument (pronuncia neerlandesa: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un edificio catalogado como monumento nacional dos Países Baixos, segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos Países Baixos.[1]
Historia e criterios
Para a súa designación como rijksmonument, un sitio ten que ter máis de medio século como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración.[2][3]
O programa iniciouse na Haia en 1954, no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de conflito armado. A lexislación neerlandesa actual nesta materia é a Lei de Monumentos (Monumentenwet), de 1988.[4]
A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba Monumentenzorg ("Coidado de monumentos"), transformouse na actual Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural").
En xuño de 2009, os Xulgados da Haia decidiron que os compradores individuais de edificios catalogados como rijksmonument estivesen exentos do pagamento do imposto de transmisións, exención da que ata ese ano só dispuñan as persoas xuríduicas.[5]
Localidades segundo o número de rijksmonumenten
Esta é unha listaxe das principais localidades dos Países Baixos ordenadas segundo o número de edificios coa condición de rijksmonument:
# | Localidade | Edificios |
---|---|---|
1. | Amsterdam | 7562 |
2. | Maastricht | 1695 |
3. | Utrecht | 1510 |
4. | Leiden | 1243 |
5. | Haarlem | 1180 |
6. | A Haia | 1167 |
7. | Middelburg | 1167 |
8. | Dordrecht | 879 |
9. | Schouwen-Duiveland | 869 |
10. | Stichtse Vecht | 804 |
11. | Leeuwarden | 728 |
12. | Delft | 696 |
13. | Súdwest-Fryslân | 677 |
14. | Groninga | 701 |
15. | Rotterdam | 620 |
16. | Deventer | 589 |
17. | Alkmaar | 583 |
18. | Arnhem | 574 |
19. | Breda | 577 |
20. | 's-Hertogenbosch | 556 |
21. | Harlingen | 529 |
22. | Kampen | 528 |
23. | Zwolle | 481 |
24. | Utrechtse Heuvelrug | 471 |
25. | Amersfoort | 457 |
Algúns exemplos
Moitas das atraccións turísticas dos Países Baixos están declaradas rijksmonument, como é o caso de numerosos castelos, igrexas e, fundamentalmente, os característicos muíños de vento históricos neerlandeses, como:[6][7]
- O muíño De Roos, na cidade surholandesa de Delft.[8]
- O muíño De Schoolmeester, na vila norholandesa de Westzaan, única fábrica de papel do mundo con enerxía eólica.[9]
- De Wieker Meule, na provincia de Drenthe, construído en 1829 e coidadosamente restaurado.[10]
Outras catalogacións de monumentos nos Países Baixos
- Monumento provincial (provinciaal monument): é un monumento protexido por designación dunha provincia, que proporciona fondos económicos para a súa conservación. Esta atribución téñena soamente as provincias de Holanda Setentrional e de Drenthe.
- Monumento municipal (gemeentelijk monument): é un monumento designado por un concello.
- Monumento arqueolóxico.
- Panorama urbano e paisaxe protexida.
Notas
- ↑ "Wat is een monument Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". En Monumentaal wonen (en neerlandés)
- ↑ "Rijksmonument". En Monumenten.nl (en neerlandés)
- ↑ "Gebouwde rijksmonumenten - aantal". En Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)
- ↑ "Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". En Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)
- ↑ "Financiering onderhoud en restauratie. Wat mogelijk is, hangt af van uw persoonlijke situatie en het soort monument" (Financiamento de mantemento e restauración. O que é posible depende da súa situación persoal e do tipo de monumento). En Monumenten.nl (en neerlandés)
- ↑ Reynolds, John. Windmills & Watermills. Hugh Evelyn. Londres, 1974. Páxinas 173-174. [ISBN 0-238-78943-8] (en inglés)
- ↑ "De Hollandsche Molen". En Molens.nl (en inglés e neerlandés)
- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister[Ligazón morta] (en neerlandés)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Monumentenregister, base de datos oficial dos monumentos nacionais dos Países Baixos (en neerlandés)
- Monumenten.nl (en neerlandés)
- Axencia de Patrimonio Cultural do Reino dos Países Baixos (en inglés e neerlandés)