Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020: Diferenzas entre revisións
Liña 346: | Liña 346: | ||
=== Fase de grupos === |
=== Fase de grupos === |
||
Os países competidores dividiranse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do [[Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020|torneo masculino]] (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogarán entre si nun [[sistema de todos contra todos]] cos dous primeiros equipos de cada grupo e os [[#Mellores terceiros|dous mellores terceiros]] clasificándose aos [[#Cuartos de final|cuartos de final]]. |
Os países competidores dividiranse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do [[Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020|torneo masculino]] (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogarán entre si nun [[sistema de todos contra todos]] cos dous primeiros equipos de cada grupo e os [[#Mellores terceiros|dous mellores terceiros]] clasificándose aos [[#Cuartos de final|cuartos de final]]. |
||
{{Cor/mostra|#D0E7FF}} – clasificado para os [[Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Fase final#Cuartos de final|cuartos de final]]. |
|||
{{Cor/mostra|#B9FFB9}} – clasificado para os [[Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Fase final#Cuartos de final|Oitavos de final]] como un dos dous [[#Mellores terceiros|mellores terceiros]]. |
|||
==== Grupo E ==== |
==== Grupo E ==== |
Revisión como estaba o 29 de xullo de 2021 ás 22:28
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario RubenWGA (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Modelo:Campionato internacional de fútbol
Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2020 | ||
---|---|---|
Clasificación | ||
masculino | feminino | |
Torneo | ||
masculino | feminino | |
Cadros | ||
masculino | feminino | |
O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celébrase do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021.[1] Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[2] É a sétima edición do torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos. Xunto coa competición masculina, o torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos 2020 celebrarase en sete estadios de seis cidades de Xapón, incluída a cidade anfitrioa olímpica Toquio que acollerá o partido pola medalla de ouro feminina no Estadio Nacional. Non hai restricións de idade para os equipos que participan na competición.
Alemaña, a defensora do título, non conseguiu clasificarse para o torneo despois de ser eliminada nos cuartos de final da Mundial Femenino de Fútbol de 2019.
Calendario
G | Fase de grupos | ¼ | Cuartos de final | ½ | Semifinais | B | Partido pola medalla de bronce | F | Partido pola medalla de ouro |
Mér 21 | Xov 22 | Ven 23 | Sáb 24 | Dom 25 | Lun 26 | Mar 27 | Mér 28 | Xov 29 | Ven 30 | Sáb 31 | Dom 1 | Lun 2 | Mar 3 | Mér 4 | Xov 5 | Ven 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
G | G | G | ¼ | ½ | B | F |
Sedes
Sete estadios en seis cidades son utilizados na competición. O estadio Olímpico de Toquio albergará a final feminina do torneo.
Yokohama | Tokio | Fútbol nos Xogos Olímpicos de Xapón 2020 | |
---|---|---|---|
Estadio Internacional | Estadio Olímpico | Ajinomoto Stadium | |
Capacidade: 70.000 | Capacidade: 80.016 | Capacidade: 48.000 | |
Rifu | Sapporo | Saitama | Kashima |
Miyagi Stadium | Sapporo Dome | Saitama Stadium 2002 | Kashima Stadium |
Capacidade: 48.000 | Capacidade: 42.000 | Capacidade: 62.000 | Capacidade: 42.000 |
Debido á pandemia de COVID-19 en Xapón, a maioría dos partidos serán xogados a porta pechada sen espectadores. Con todo, o Miyagi Stadium permitirá acudir aos encontros a unha audiencia moi limitada.[3]
Equipos participantes
- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 – Clasificación.
Ademais da nación anfitrioa do Xapón, clasificáronse 11 equipos nacionas femininos de seis confederaciones continentais diferentes. O Comité Organizador das Competencias da FIFA ratificou a distribución de equipos en reunión o 14 de setembro de 2017.[4]
Por primeira vez, grazas ao acordo entre as catro asociacións de fútbol británicas (Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e Gales) para a selección feminina, Gran Bretaña intentou clasificarse para os Xogos Olímpicos a través da actuación de Inglaterra no Mundial Feminino da FIFA 2019 (un procedemento xa empregado con éxito polo Comité Olímpico do Reino Unido en hóckey sobre herba e rugby). A única aparición previa do equipo foi no torneo de 2012 no que se clasificaron automaticamente como anfitrións. Gran Bretaña conseguiu a clasificación xa que Inglaterra estaba entre os tres mellores equipos europeos.[5] Escocia tamén se clasificou para o Mundial pero, segundo o acordo, foi a nación mellor clasificada a que acabou sendo nomeada para competir a efectos de clasificación olímpica, sen ter en conta o seu rendemento (as xogadoras escocesas, galesas e irlandesas do norte son elixibles para formar parte do equipo de Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos).[6][7][8]
Forma de clasificación | Datas1 | Sede(s)1 | Cota | Clasificados |
---|---|---|---|---|
País anfitrión | — | — | 1 | Xapón |
Copa América 2018 | 4 – 22 de abril de 2018 | Chile | 1 | Brasil |
Campionato Feminino da OFC 2018 | 18 de novembro – 1 de decembro de 2018 | Nova Caledonia | 1 | Nova Zelandia |
Mundial Feminino de Fútbol de 2019 | 7 de xuño – 7 de xullo de 2019 | Francia | 3 | Gran Bretaña Países Baixos Suecia |
Preolímpico Feminino da CONCACAF de 2020 | 28 de xaneiro – 9 de febreiro de 2020 | Estados Unidos | 2 | Canadá Estados Unidos |
Torneo Preolímpico Feminino da CAF de 2020 | 5 – 10 de marzo de 2020 | Múltiple | 1 | Zambia |
Torneo Preolímpico Feminino da AFC 2020 | 6 – 11 de marzo de 2020 e 8 – 13 de abril de 2021 | Múltiple | 2 | Australia China |
Playoff CAF–CONMEBOL | 10 – 13 de abril de 2021 | Turquía | 1 | Chile |
Total | 12 |
- ^1 - As datas e sedes son os de torneos finais (ou ronda final de torneos de cualificación), varias etapas de cualificación poden preceder partidos en estes lugares específicos.
Convocatorias
O torneo é un torneo internacional completo sen restricións de idade. Tradicionalmente a normativa de convocatoria obrigaba a cada equipo a presentar un cadro de 18 xogadores, dos cales dous debían ser gardametas. Cada equipo tamén nomeaba unha lista de catro xogadores alternativos que podíann substituír a calquera xogador en caso de mancadura durante o torneo.[9] A finais de xuño de 2021, o Comité Olímpico Internacional e a FIFA anunciaron que os 22 xogadores de cada equipo estarían dispoñibles para ser seleccionados. Antes de cada encontro, os equipos escollen, entre o seu total de 22 xogadores, a 18 xogadores para xogar nese encontro, desbotando 4 deles.[10] O cambio de regra realizouse debido aos obstáculos presentados pola pandemia de COVID-19.[11]
Árbitros
En xuño de 2020, a FIFA aprobou o uso do Video Assistant Referee (VAR) para o torneo.[12] As árbitras oficiais dos encontros foron anunciadas o 23 de abril de 2021.[13][14]
|
|
Sorteo
O sorteo para o torneo celebrouse o 21 de abril de 2021 ás 10:00 CEST (UTC +2), na sede da FIFA en Zürich, Suíza.[15] Presentouno Sarai Bareman, directora de fútbol feminino da FIFA, mentres que Samantha Johnson presentou a cerimonia. Lindsay Tarpley e Ryan Nelsen actuaron como asistentes.[16]
Os doce equipos foron colocados en tres grupos de catro equipos.[17] O anfitrión Xapón foi automaticamente seleccionado no bombo 1 e asignado na posición E1, mentres que os restantes equipos foron asignados nos seus respectivos bombos en función da súa posición na clasificación mundial femenina da FIFA anunciada o 16 de abril de 2021 (móstrase entre parénteses na táboa).[18] Como Gran Bretaña non é membro da FIFA e, polo tanto, non teñen posición en devandita clasificación, foron asignados segundo a clasificación FIFA da Inglaterra que se clasificou en nome de Gran Bretaña. Ningún grupo pode conter máis dun equipo de cada confederación.[19]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 |
---|---|---|---|
|
|
|
Resultados
Todos os horarios corresponden ao horario local de Xapón (UTC+9) |
Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Regulamento de clasificación
Os dous primeiros equipos clasifícanse á segunda fase. A posición determínase como segue:
- Puntos obtidos en todos os partidos do grupo;
- Diferenza de goles en todos os partidos do grupo;
- Goles a favor en todos os partidos do grupo;
Se dous ou máis equipos están igualados sobre a base dos tres criterios anteriores, a súa posición resólvese do seguinte xeito:
- puntos obtidos entre os equipos igualados;
- Diferenza de gol entre os equipos igualados;
- Goles a favor entre os equipos igualados;
- Puntos de fair play en todos os partidos do grupo (só se pode aplicar unha dedución a un xogador nun único partido):
- Cartón amarelo: −1 punto;
- Cartón vermello indirecto (segundo cartón amarelo): −3 puntos;
- Cartón vermello directo: −4 puntos;
- Cartón amarelo e cartón vermello directo: −5 puntos;
- Sorteo polo comité da FIFA.
Fase de grupos
Os países competidores dividiranse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do torneo masculino (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogarán entre si nun sistema de todos contra todos cos dous primeiros equipos de cada grupo e os dous mellores terceiros clasificándose aos cuartos de final.
♦ – clasificado para os cuartos de final.
♦ – clasificado para os Oitavos de final como un dos dous mellores terceiros.
Grupo E
Grupo F
Grupo G
Mellores terceiros
Fase final
Cuartos de final
Semifinais
Partido pola medalla de bronce
Final
Estatísticas
Goleadoras
Clasificación final
Por convención estatística no fútbol, os partidos decididos en prórroga contabilízanse como vitorias ou derrotas, mentres que os partidos decididos por quenda de penaltis cóntanse como empates.
Notas
- ↑ "Women's International Match Calendar 2020–2023" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 18 de agosto de 2020. p. 2. Consultado o 18 de agosto de 2020.
- ↑ "Joint Statement from the International Olympic Committee and the Tokyo 2020 Organising Committee". Olympic.org (International Olympic Committee). 24 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Nadeshiko Japan see off Chile in front of fans to progress through to the quarterfinals". 27 de xullo de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ "OC for FIFA Competitions approves procedures for the Final Draw of the 2018 FIFA World Cup". FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 14 de setembro de 2017.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympics: Team GB qualify for women's football tournament". BBC Sport. 28 de xuño de 2019.
- ↑ "Organising Committee takes important decisions on FIFA Women's World Cup". FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympics: Home nations agree to GB women's football team". BBC Sport. 1 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Football at Tokyo Olympics 2021: Live Stream Coverage" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "Regulations for the Olympic Football Tournaments Tokyo 2020" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association.
- ↑ Creditor, Avi (30 de xuño de 2021). "Report: IOC Approves Expansion of Olympic Soccer Rosters to 22 Players". si.com. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ Harris, Rob; Peterson, Anne M. (1 de xullo de 2021). "FIFA confirms roster changes for Olympic soccer". washingtonpost.com. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ "FIFA Council unanimously approves COVID-19 Relief Plan". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 25 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Match officials appointed for Olympic Football Tournaments Tokyo 2020". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Olympic Football Tournaments Tokyo 2020: List of appointed Match Officials (International Technical Officials – ITO)" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympic draws to be held at the Home of FIFA". FIFA. 22 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Teams ranked and allocated for Tokyo 2020 Olympic football draws". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Draws set path to Tokyo 2020 gold". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 21 April 2021. Consultado o 21 April 2021.
- ↑ "The FIFA Women's World Ranking – Ranking Table (16 April 2021)". FIFA. 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Draw Procedures – Olympic Football Tournaments Tokyo 2020: Women's tournament" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
Outros artigos
- Xogos Olímpicos de Toquio 2020
- Fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
- Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
Ligazóns externas
Predecesor: Río 2016 |
Fútbol nos Xogos Olímpicos XXVII edición |
Sucesor: París 2024 |