Conversa usuaria:Maria zaos/arquivo4: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MGA73 (conversa | contribucións)
Files on Commons
Castelao (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Sobre MGA73bot
Liña 252: Liña 252:
== Files on Commons ==
== Files on Commons ==
Hi! There are some files in [[:Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons]]. Is there any reason why they are not deleted? Other than there are som many other things to work on? --[[Usuario:MGA73|MGA73]] ([[Conversa usuario:MGA73|conversa]]) 18 de abril de 2021 ás 20:52 (UTC)
Hi! There are some files in [[:Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons]]. Is there any reason why they are not deleted? Other than there are som many other things to work on? --[[Usuario:MGA73|MGA73]] ([[Conversa usuario:MGA73|conversa]]) 18 de abril de 2021 ás 20:52 (UTC)

== Sobre MGA73bot ==

Ola, [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]]. Xa estou vendo o que dis. Houbo unha votación para permitir actuar a este bot deste xeito para facilitar a mudanza á Wikimedia. Non entendía que se permitise este formato de data na nosa wiki. Ok, tomo nota. Grazas polo aviso e un saúdo.--[[Usuario:Castelao|Castelao]] ([[Conversa usuario:Castelao|conversa]]) 20 de abril de 2021 ás 07:41 (UTC)

Revisión como estaba o 20 de abril de 2021 ás 07:41

Benvida á Galipedia, Maria zaos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Ola!

Ola Maria, Lo siento aunque pueda leer el gallego, aún no lo sé hablar ni escribir. Te deseo un feliz año nuevo y que el 2021 sea mucho mejor para todos que el año que acabamos de dejar. Espero que tú y todos los tuyos estéis en perfecta salud. Te escribo ya que estoy mirando de contactar wikipedistas de diversos idiomas para pequeños vídeos (un máximo de 15 segundos) y me gustaría poder contactar con gallegos (y wikipedistas mujeres ya que suele haber pocas desafortunadamente) para el 20 aniversario de la Viquipèdia catalana. Se trata de grabarse diciendo diversas cosas de tema libre en gallego acabando con el catalán "bon aniversari" y/o "per molts anys". Si te interesa ya te daré más información muy pronto. Un fuerte abrazo. Saúdos! Que te vaya todo muy bien, buen fin de semana y hasta pronto! Claudi/Capsot (conversa) 8 de febreiro de 2021 ás 21:21 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: January 2021





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Salyut -> Saliut

Boas. Fai un tempo xa falamos de pasar uns artigos que creara sobre as misións e foguetes "Soyuz" ao máis apropiado "Soiuz" (conversa "Soiuz e wikidata"), quedando deste último xeito. Pasa o mesmo agora cos artigos sobre as estacións "Salyut", que entendo que deberían pasar a ser "Saliut":

¿Sería posible trasladalos?

Un saúdo, Xosema (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 18:43 (UTC)[responder]

Si, claro! Son estes en Wikipedia polo momento, entendo. Mirarei á noite que hai por wikidata ademais de cambiar estes e xa che digo algo, pero ningún problema, supoño. Saúdos, Xosema! Maria zaos (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 20:16 (UTC)[responder]
Ola! Da outra volta (Soiuz), se non lembro mal, tivéramos unha asistencia técnica en forma de consulta confirmando esta opción, consultable aquí. A verdade é que seguindo a política de transliteracións, estaría correcto tanto Soiuz como neste caso Saliut, xa que estamos a falar do mesmiñoo dígrafo, así que paso a cambialas. Vexo tamén que no primeiro artigo da lista tes as cabeceiras de sección contendo Soyuz (que redirecciona a Soiuz), e penso que estaría ben que, sendo cabeceiras, apuntaran directamente ao termo Soiuz. Xa me dis se queres que cho cambie aquí ou noutros sitios. En principio non vou deixar redireccións a Salyut, porque non dou atopado este termo en ningunha fonte en lingua galega. Se dás con algunha, dimo e creo as redireccións sen problema. Por outra banda, revisando as ligazóns internas, un día hai que pararse en retirar os homónimos (tes un trebello en preferencias que marca as ligazóns a homónimos nos artigos en amarelo) de Soiuz en varios artigos; o seu era poñer a ligazón ao foguete, programa ou nave no canto da páxina de homónimos. Xa me contas. Un saúdo, @Xosema! Maria zaos (conversa) 10 de febreiro de 2021 ás 01:20 (UTC)[responder]
Grazas! Perdinme un pouco co das "cabeceiras de sección" contendo "Soyuz", ¿onde aparece?. De acordo co de non deixar redireccións, non ten sentido. Reviso o tema dos homónimos. Un saúdo, Xosema (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 16:51 (UTC)[responder]
Ui, perdoa. Era por exemplo en Saliut 1, pero xa os fun cambiando todos usando Replacer, como aquí. Tamén engadín Soiuz (foguete) e Programa Soiuz en vermello na páxina de homónimos Soiuz. Saúdos, @Xosema. Maria zaos (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 16:56 (UTC)[responder]

Lugares en Wikidata

Moitas grazas polo aviso!! Tereino en conta. Apertas! --Chairego apc (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 10:50 (UTC)[responder]

RE: Benvidas

Boas noites María e moitísimas grazas polo aviso, de feito é algo que pensei xusto despois de engadilos, normalmente adoito revisar os cambios recentes e dar a benvida a aqueles usuarios (ips ou non) sen páxina de conversa que vexo facendo algunha contribución, sexa correcta ou incorrecta (nese caso tamén engado algún marcador de proba ou axuda) e non hai problema. Neste caso (erro meu) fun directo ao rexistro de novas contas e moitos deles, efectivamente, non tiñan contribucións no noso wiki, por desgracia; concordo en que é mellor dese xeito, unha vez contribúan (ou teñan intención clara de facelo por certo motivo como ben dis), darlles a benvida é o máis adecuado e lóxico. Se non, de seguro xa se tería creado un bot automático de benvida polo tempo que levaría dar a benvida aos innumerables rexistros mensuais, claro. Ten moito sentido, María. Grazas de novo pola túa mensaxe; sempre encantado, é unha gozada estar de volta despois dun tempiño afastado e contribuír novamente na medida do posible a facer este gran proxecto aínda máis grande e mellor, coma sempre! Encomiable labor teu e de toda a administración durante todos estes anos tamén, un constante orgullo! Unha enorme aperta e a seguir, --RubenWGA (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 22:49 (UTC).[responder]

Graciñas, @RubenWGA., encantadas de terte de volta!.Para cambios sinxeliños igual queres probar esta ferramenta ou esta outra. Saúdos e a seguir. Maria zaos (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 23:06 (UTC)[responder]

Moving files with FileImporter

Hi!

If you move files to Commons with FileImporter you should have an option to "Delete file on source wiki in my name". That should make it easier for you.

It is also possible to modify the configuration so that FileImporter does all or most of the converting. If you notice anything that you have to fix manually you are welcome to give me a tip so I can see if I can figure out how to fix it.

If you want to move specific files you are also welcome to give me a username or a category to start with and i will try to add the information template. --MGA73 (conversa) 19 de febreiro de 2021 ás 23:44 (UTC)[responder]

Xelo2004

Hi Maria!

I have been talking with Usuario:Estevoaei about Xelo2004 on Conversa_usuario:Estevoaei#Preparing_files_for_Commons. I'm now adding Modelo:Information and while doing that I also add Xelo2004 as author and "own" in source.

If you notice any files where Xelo2004 is not the author you are very welcome to fix it. --MGA73 (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 15:55 (UTC)[responder]

Hi! @MGA73 I had started moving files to commons with some galleries of Lugo from Xelo2004 account by a request made by @Estevoaei. He must know the rationale behind the license better than me, because my journey in this wiki started years after this user was blocked. (The user was blocked on 2007-09-27 and I've started to edit regularly from 2018 on). So far, I've been changing the original titles for more descriptive ones and adding some short captions only in Galician language in the process. However, if I find that some metadata don't match I'll let you both know from now on. Thank you for all the work you are doing about this matter. Kind regards. Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2021 ás 21:48 (UTC)[responder]
Thank you. That sounds like a good plan! And I'm happy to help. --MGA73 (conversa) 2 de marzo de 2021 ás 06:56 (UTC)[responder]

Gustaría de traducir unha páxina nova

Bo día! Verbo da recentemente falecida poetisa grega Kikí Dimulá (https://ca.wikipedia.org/wiki/Kik%C3%AD_Dimul%C3%A0), que foi unha voz senlleira nas letras helénicas do noso tempo, vexo que inda non hai nadiña aquí na Galipédia. A páxina en catalán ten información dabondo (tamén falo francés e castelán, mais esas versións da Wiki non dispoñen da mesma cantidade de datos neste artigo). Por favor, como fago? E —sobre todo— caso sexa posíbel facelo tamén sería permitido preservar o mesmo formato da páxina, coas mesma tipografía e o resto dos elementos estéticos da páxina? Xa hai uns anos que non contribúo de forma activa e agora non teño a mesma traza.

RichardAerts01 (conversa) 5 de marzo de 2021 ás 16:06 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: February 2021





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

This Month in GLAM: March 2021





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Vigo centro parroquia civil?

Boas María (son Elisardojm pero estou traballando coa conta de Corribot e para non perder o traballo que teño a medias e non esquecerme disto prefiro comentalo con esta conta), acabo de ver que en Wikidata hai tempo puxeches que Vigo Centro, Vigo é unha parroquia civil. É certo que na web do concello así o indican pero pola contra no DOG da Xunta (telo aquí na páxina 8589) non está como parroquia. Eu entendo que os que teñen potestade para dicir as parroquias civís oficiais é a Xunta nos DOG, e iso é o que se usa como referencia en tódolos artigos de parroquias na ficha correspondente, se un concello quere dicir que unha área da súa superficie é unha parroquia non o entendo moi ben, pero penso que non ten a mesma categoría e oficialidade que o que di a Xunta de Galicia, polo tanto creo que se lle debe quitar esa propiedade a ese elemento Wikidata. Iso si, a non ser que haxa outro DOG de parroquias da provincia de Pontevedra máis actualizado ou de corrección de erros, que iso xa non o coñezo, se é este o caso, entón o que habería que facer é engadir esa referencia en Wikidata e non a do concello de Vigo. Saúdos, Corribot (conversa) 13 de abril de 2021 ás 10:03 (UTC)[responder]

Concordo. Cando teña un momento cambioo. Debeu quedarme atrás cando foi a conversa de parroquias de Vigo. Se queres cambialo ti, adiante. Usuario:Elisardojm Graciñas-Maria zaos (conversa) 13 de abril de 2021 ás 16:05 (UTC)[responder]

@Elisardojm:. Se non lle chamamos "Vigo Centro", haberá que chamarlle "Vigo, Vigo" (do mesmo xeito que se fai con tódolos demais concellos de Galicia) é facer a redirección [Vigo, Vigo]→[Vigo] (igual que [A Coruña, A Coruña]→[A Coruña], igual que [Lugo, Lugo]→[Lugo]), o que non se pode é borrar o anaco máis importante do territorio do concello do Modelo:Vigo. Non hai que obsesionarse cun DOG de hai 23 anos, que, amais, en ningún momento fala de "parroquia" ou "parroquias", fala dun "nomenclátor correspondente ás entidades de poboación". --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2021 ás 19:07 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, eu non digo nada de cambiar o nome a nada, eu só digo que o artigo Vigo Centro non é unha parroquia oficial de Vigo, segundo isto, a que pon os "nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación" é a Xunta de Galicia, isto inclúe a denominación das parroquias como se indica na mesma páxina. Sacando o artigo Vigo Centro do modelo de parroquias de Vigo non se borra nada do concello de Vigo porque as parroquias oficiais do concello ocupan toda a súa extensión (a entelequia/barrio de Vigo Centro ten que estar nunha ou varias das parroquias oficiais da Xunta), é como se fai no 100% dos artigos de concellos de Galicia. E si, hai que obsesionarse co DOG porque esa é a fonte oficial e o que se di que hai que seguir na política Wikipedia:Toponimia. Nos modelos de parroquias de concellos teñen que estar as parroquias que di a Xunta, e outros artigos poden engadirse noutros modelos, por exemplo Modelo:De interese en Vigo ou nas seccións de "Outros artigos". Pero facede o que vos pete, eu estou canso deste tipo de conversas así que non me preocupo máis do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2021 ás 12:25 (UTC)[responder]
Boas @Elisardojm e @HombreDHojalata. Creo que estamos a misturar cousas.
Elisardojm fala de Wikidata, puido escribirmo na conversa de alá, pero fíxoo aquí. Os cambios en Wikidata (con fundamento, xa explicarei máis adiante) son doutro proxecto e non afectan ao Modelo:Vigo, que eu tentei modificar, pero revertín e expuxen todas as fontes posibles para xustificar que hai unha disparidade de fontes e que o que tocaría sería
a) consensuar unha xerarquía de fontes alternativa ao NDG porque, por consenso tamén, se considere que a política actual de Toponima, que é moi clara a este respecto, non se axusta
b) respectar a política de Toponimia, eliminando Vigo Centro. Paréceme acertado que se poña sobre a mesa como fai HDH a posible obsolescencia do NDG, certamente, de aí que achegase as fontes que expuxen na conversa do modelo, que están -segundo consta oficialmente- harmonizadas co NDG por máis que este último non se vise actualizado (e esperámolo con impaciencia xa). Pero o ideal, ao meu entender, é unha revisión profunda da política de Toponimia que tamén aclare as distincións entre Nome oficial, categoría estatística (á que vai ligada a poboación que achegamos en cada entrada de lugar) e tipo de entidade, porque son cousas diferentes e ao tempo entroncadas. Do contrario primeiro aumentariamos o traballo por cada anomalía detectada (e hai unhas poucas, podo dicir, polo que levo traballado cos códigos INE) e segundo tamén corremos o risco de crear nesgos arbitrarios. Explico esto último: probablemente teñamos ben de xente disposta a facer seguimento, ter interese etc. sobre Vigo, e ningunha para outras localidades máis pequenas, con menor desenvolvemento na wikipedia.
Ante a dúbida de se por temas de Wikidata o modelo podería verse afectado no futuro non habería máis que facer como noutros modelos: cando hai datos locais, calquera caixa que tome datos de Wikidata non sobreescribiría os campos locais con datos de Wikidata.
Ata aquí o punto 1: non afecta ao modelo
  1. Wikidata é unha fonte secundaria que ademais é repositorio de múltiples wikis. Por esta razón, non é que o diga eu, as referencias son imprescindibles, mesmo cando son contradictorias. Se nin no NDG nin en todas as fontes achegadas (nomenclátores estatais, aclaracións do IGE, explicación de unidades estatísticas do INE) pon parroquia civil pois é que non o é. A política de Galipedia en Toponimia tal como está redactada fai que teñamos que obviar calquera fonte que non sexa o NDG,pero en Wikidata recollerei as dúas fontes discrepantes, porque é o que toca facer. Chámese como se chame a entrada en Galipedia ha ter o seu Q e neste caso manterei Vigo-Centro (referencia hai unha) pero sen determinala como parroquia civil nin eclesiástica (vamos, na indefinición que loce nestes momentos). Se muda en Galipedia xa se axustará en consecuencia en Wikidata.
  2. Aínda que este non é o sitio (habería que consensuar e este non é o espazo) outro tema diferente é por qué mantemos o modelo Vigo con Vigo centro e mesmo parte da entrada de Vigo centro sen referencias. Haber hai unha, que non está apoiada pola actual política de Toponimia, e xerárquica e competencialmente ten máis peso o NDG que o que indique o concello de Vigo (que tampouco o indica, atende a unha visión "tradicional/histórica" na propia redacción se non lembro mal). Pero este non era o tema que Elisardojm veu comentarme aquí. En todo caso debería discutirse no modelo, onde están todas as fontes achegadas e moito mellor nunha proposta de revisión integral da política Toponimia na que nos aclaremos entre todas sobre as distincións entre nome, entidade estatística e tipo de entidade como dixen máis arriba e a acordemos a posibilidade (ou non) de considerar outras fontes subsidiarias como fontes acreditadas naqueles casos en que se produzan discrepancias que soen a obsolescencia do NDG.
  3. Sobre as redireccións, o que indica @HombreDHojalata é correcto e segue a estrutura e tradición en Galipedia de Vigo, Vigo >Vigo se existise realmente a parroquia civil. Como parroquia eclesiástica tampouco vén listada aquí xa que eu o que entendo é que Vigo Centro é o nome do arciprestado, é dicir, é unha entidade eclesiástica superior á parroquia eclesiástica. Así que poderiamos mirar de solucionalo coa axuda de quen participou en Diocese católica latina de Tui-Vigo, quizais? Porque poderíamos ter unha redacción como "antiga parroquia" (eclesiástica como mínimo) para acadar un consenso en Galipedia para esta entrada. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 18:07 (UTC)[responder]

Grazas María. En relación ás parroquias eclesiásticas, que é un tema off topic: É evidente que a páxina da diocese non funciona correctamente. Fixen unha páxina na que quizais se vexan mellor: Usuario:HombreDHojalata/parroquias. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2021 ás 21:51 (UTC)[responder]

Moi chula e moi ben ter esta referencia, grazas polo traballiño. A ver se saco un tempiño e podemos, cando menos para Vigo, darlle un repaso en WD para que saian igual de ben nun listado de Listeria (modelo wikidata list) porque vexo que foto teñen e así igual che é máis práctico de manter no tempo. Un saúdo, HombreDHojalata.-Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 23:02 (UTC)[responder]

RE: Proxecto pedagóxico e marcadores de proxecto escolar

Boas noites María, non vira ese mensaxe concreto publicado na Taberna, doutro xeito tería deixado indicacións dos cambios nos resumos, aínda que estes foron superficiais e secundarios dando unha volta polos artigos de cambios recentes. Grazas polo aviso e parabéns polo labor e as iniciativas de introdución á Galipedia por parte de usuarios novos.

Con todo, quizais sería conveniente especificar co parámetro |uso=s do modelo que o artigo está precisamente en edición e así ninguén metería as mans, no caso de que se necesite, claro. E se non, replantexar a estrutura dese modelo (non utilizado decotío con anterioridade) co explicado no comentario da Taberna, co tema dos resumos e as recomendacións que diches pero dunha forma acurtada para non romper a estética do que é un modelo de mantemento, así evitaríase cualquera problema sempre que teñamos un proxecto escolar activo (que esperemos siga a haber moitos e frecuentemente). Sobre todo porque haberá moitos que non están ó tanto da Taberna e ademais é algo tan xeral para calquera artigo escolar que até viría ben engadir uns conselliños a seguir no modelo para os usuarios externos. Unha aperta, parabéns e grazas de novo, e desculpa, de todos os xeitos, cualquera molestia que puidese xerar coas miñas edicións sobre calquera destes artigos, RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2021 ás 20:17 (UTC)[responder]

Tes razón. Certamente o modelo úsase pouco e estas cousas poden pasar facilmente. As propostas que indicas axudarían bastante. Agora mesmo ando a outras cousas, pero revisarei o modelo, gústanme as túas suxestións. Grazas por estar pendente dos artigos. Apertas!-- Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2021 ás 20:35 (UTC)[responder]

Files on Commons

Hi! There are some files in Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons. Is there any reason why they are not deleted? Other than there are som many other things to work on? --MGA73 (conversa) 18 de abril de 2021 ás 20:52 (UTC)[responder]

Sobre MGA73bot

Ola, Maria zaos. Xa estou vendo o que dis. Houbo unha votación para permitir actuar a este bot deste xeito para facilitar a mudanza á Wikimedia. Non entendía que se permitise este formato de data na nosa wiki. Ok, tomo nota. Grazas polo aviso e un saúdo.--Castelao (conversa) 20 de abril de 2021 ás 07:41 (UTC)[responder]