Conversa:Soiuz
Tras consulta á Secretaría Xeral de Política Lingüística aclárase que en lingua galega debe usarse o termo "Soiuz" e non "Soyuz":
Bo día, José Manuel:En contestación ao seu correo no que solicita unha solución en galego para a forma "soyuz", infórmoo de que lle trasladamos a consulta ao Termigal (Servizo de Terminoloxía da Real Academia Galega) e que a solución que nos deron é a seguinte, xunto coa súa explicación.
Un saúdo!
- Estivemos mirando o tema da adaptación de "soyuz" ao galego e finalmente acordamos (coa aprobación exprés de Manolo) que probabelmente o mellor sería adaptar este termo ao galego como "soiuz". O motivo está en que dígrafo ю do termo orixinal "cоюз", aínda que non o achamos en ningún rusismo adaptado ao galego, coincide coa pronuncia /ju/ de palabras coma o inglés "you" que si están no galego adaptadas co ditongo "iu" (Iugoslavia). Canto ao "z" final, correspóndese cun "s" sonoro que non existe no galego estándar actual. Neste caso si temos o rusismo "kolkhoz" para nos axudar, cuxa letra e fonema finais coinciden con "soyuz".