Karakorum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Baltoro glacier from air.jpg|250px|miniatura|dereita|Cordilleira do Karakorum.]]
[[Ficheiro:Baltoro glacier from air.jpg|250px|miniatura|dereita|Cordilleira do Karakorum.]]
[[Ficheiro:Baltoro region from space annotated.png|250px|miniatura|dereita|Situación dos principais picos do Karakorum.]]
[[Ficheiro:Baltoro region from space annotated.png|250px|miniatura|dereita|Situación dos principais picos do Karakorum.]]
A '''cordilleira do Karakorum''' (do [[idioma turco|turco]]: "pedregal negro") é, co [[Himalaia]], unha das grandes [[cordilleira]]s de [[Asia]], situada na fronteira entre [[Paquistán]], a [[India]] e [[China]]. Ten unha lonxitude duns 500 [[km]] e é a rexión do mundo con máis [[glaciar]]es fora das rexións polares.
A '''cordilleira do Karakorum''' (do [[idioma turco|turco]]: "pedregal negro") é, co [[Himalaia]], unha das grandes [[cordilleira]]s de [[Asia]], situada na fronteira entre [[Paquistán]], a [[India]] e a [[República Popular da China|China]]. Ten unha lonxitude duns 500 [[km]] e é a rexión do mundo con máis [[glaciar]]es fora das rexións polares.


Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do [[Himalaia]]. Os exploradores [[Europa|europeos]] chegaron por vez primeira a comezos do [[século XIX]] e foron seguidos polos topógrafos británicos en [[1856]].
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do [[Himalaia]]. Os exploradores [[Europa|europeos]] chegaron por vez primeira a comezos do [[século XIX]] e foron seguidos polos topógrafos británicos en [[1856]].

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2020 ás 07:23

Cordilleira do Karakorum.
Situación dos principais picos do Karakorum.

A cordilleira do Karakorum (do turco: "pedregal negro") é, co Himalaia, unha das grandes cordilleiras de Asia, situada na fronteira entre Paquistán, a India e a China. Ten unha lonxitude duns 500 km e é a rexión do mundo con máis glaciares fora das rexións polares.

Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do Himalaia. Os exploradores europeos chegaron por vez primeira a comezos do século XIX e foron seguidos polos topógrafos británicos en 1856.

O Paso Muztagh foi cruzado en 1887 por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en 1892 polo xeneral Sir George K. Cockerill. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.

O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a Terra por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade xeolóxica, pois están situadas na zona na que baten dous continentes, Asia e o subcontinente indio. Ademais son importantes para o estudo das placas tectónicas. Os glaciares da montañas serven como indicadores do cambio climático.

Picos máis altos

Entre os picos máis altos do Karakorum, atópanse:

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coordenadas: 36°N 76°L / 36, -76