Pieter Saenredam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 7: Liña 7:


== Método de traballo ==
== Método de traballo ==
Contemporáneo de [[Rembrandt van Rijn|Rembrandt]], é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.
Contemporáneo de [[Rembrandt van Rijn|Rembrandt]], é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores cun intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.


=== Obras principais ===
=== Obras principais ===

Revisión como estaba o 9 de xuño de 2020 ás 08:33

Infotaula de personaPieter Saenredam

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1597 Editar o valor em Wikidata
Assendelft (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1665 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Haarlem Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Haarlem
Utrecht Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , artista gráfico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJan Saenredam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 9aea1027-3ba3-4f79-8c84-2fd1c74f04c6 Discogs: 2433409 Editar o valor em Wikidata
Debuxo de Pieter Jansz Saenredam: Vista do interior da sede de Utrecht.

Pieter Jansz Saenredam, nado en Assendelft o 9 de xuño de 1597 e soterrado en Haarlem o 31 de maio de 1665, foi un pintor neerlandés, especializado na pintura de igrexas. Saenredam era o nome naquela altura da actual cidade holandesa de Zaandam.

Traxectoria

Pieter Jansz Saenredam era fillo do impresor e debuxante de mapas Jan Saenredam, con quen se iniciou na arte. Desde 1612 ata 1622 foi discípulo e axudante do pintor Pieter de Grebber. Logo de 1623 traballou como pintor independente. Despois para o seu amigo, o arquitecto Jacob van Campen, pintou vistas arquitectónicas. No seu repertorio figuran vistas interiores e exteriores de igrexas do Norte holandés. Saenredam viviu en ’s-Hertogenbosch, Assendelft, Alkmaar, Utrecht, Ámsterdam e Rhenen, pero principalmente traballou en Haarlem, onde faleceu en 1665.

Método de traballo

Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores cun intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.

Obras principais

Consérvanse en total arredor de 50 pinturas de Saenredam. Velaí as principais:

  • Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652 (ver imaxe).
  • Interior do Coro de Sint Bavokerk (San Bavón) de Haarlem, tinta sobre papel, Schlossmuseum, Weimar.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1628, papel, Museo Real de Belas Artes, Bruxelas.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1630, óleo sobre madeira, Museo do Louvre, París.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1648, óleo sobre táboa, National Gallery of Scotland, Edimburgo.
  • Interior de Sint Odulphuskerk (San Olafo) en Assendelft, óleo sobre táboa, Rijksmuseum, Ámsterdan.
  • Interior do Coro Sint Bavokerk de Haarlem, 1660, óleo sobre madeira, Worcester Art Museum, Worcester, Inglaterra.
  • Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652, táboa, Museo Frans Hals, Haarlem
  • Interior da Buurkerk (Igrexa Veciñal) en Utrecht, 1644, óleo sobre madeira, National Gallery, Londres.
  • Interior de Sint Jacobkerk (Igrexa de Santiago) de Utrecht, 1642, óleo sobre madeira, Alte Pinakothek, Múnic.
  • De Buurkerk te Utrecht (A Igrexa Veciña de Utrecht), 1654, óleo sobre madeira, Colección Six, Ámsterdan.
  • Interior de Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán) de Utrecht, óleo sobre madeira, Museum Boijmans Van Beuningen, Rotterdam.
  • Het Oude Raadhuis (A Casa Vella do Concello) en Amsterdam, 1657, óleo sobre madeira, Rijksmuseum, Ámsterdan.
  • Interior da Grote Kerk (Igrexa Grande) en Alkmaar, 1661, tinta e acuarela, Graphische Sammlung Albertina, Viena.