Sylvinho: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{Biografía}} → {{Futbolista}}
retiro ligazón externa movida a control de autoridades
Liña 13: Liña 13:
No verán de [[2009]] non renovou o contrato co Barcelona e fichou polo [[Manchester City]] inglés, onde permaneceu até o [[8 de xuño]] de [[2010]], abandonando o fútbol profesional.
No verán de [[2009]] non renovou o contrato co Barcelona e fichou polo [[Manchester City]] inglés, onde permaneceu até o [[8 de xuño]] de [[2010]], abandonando o fútbol profesional.


== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bdfutbol.com/es/j/j2513.html Ficha do xogador en bdfutbol.com] {{es}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 3 de maio de 2020 ás 11:54

Sylvinho
e
Información persoal
Nacemento 12 de abril de 1974
Lugar de nacemento São Paulo
Altura 173 centímetros
Posición lateral
Na rede
FIFA: 179608 UEFA: 51551 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Silvio Mendes Campos Junior, coñecido como Sylvinho, nado en São Paulo o 12 de abril de 1974, é un ex futbolista brasileiro. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección brasileira.

Traxectoria

Comezou a súa carreira no Corinthians onde militou cinco tempadas, nas cales gañou dúas Ligas e unha Copa do Brasil. No ano 1999 deu o salto a Europa, sendo contratado polo Arsenal FC. No club inglés disputou a final da Copa da UEFA na que o Arsenal foi derrotado polo Galatasaray turco nos penaltis.

No ano 2001 chegou ao Celta de Vigo onde durante os anos que estivo en Vigo compartiu o posto de titular no lateral esquerdo con Juanfran. Sendo xogador do Celta, no ano 2002 formou parte da selección de fútbol do Brasil que se alzou co Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002.

Co Celta tamén viviu outros momentos moi bos, como a clasificación para disputar a Liga de Campións da UEFA na tempada 2002–03, pese a que foron eliminados en oitavos de final polo Arsenal. Porén o ano seguinte pasou do ceo ao inferno ao pasar de disputar encontros da Champións League a que se consumase o descenso a Segunda División.

Tralo descenso Sylvinho non chegou a debutar en Segunda División xa que foi fichado polo FC Barcelona por catro millóns de euros, unha cantidade moi inferior ao prezo real do xogador. No equipo catalán gañou dúas Copas de Europa e tres Ligas, conseguindo na tempada 2008–09 o primeiro triplete da historia do fútbol español.

No verán de 2009 non renovou o contrato co Barcelona e fichou polo Manchester City inglés, onde permaneceu até o 8 de xuño de 2010, abandonando o fútbol profesional.