Tundra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
palabra no esixtente
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5441354 de 83.36.244.6 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 9: Liña 9:


=== Clima ===
=== Clima ===
As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os [[inverno]]s son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os [[oso polar|osos polares]], [[foca]]s etc.
As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os [[inverno]]s son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os [[oso polar|osos polares]], [[lobo mariño|lobos mariños]], [[foca]]s etc.


=== Vexetación ===
=== Vexetación ===

Revisión como estaba o 24 de abril de 2020 ás 15:59

Tundra de Alaska en verán

A tundra (do saami "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.

Características

Localización

Esténdese principalmente polo hemisferio norte: en Siberia, Alasca, norte do Canadá, sur de Groenlandia e a costa ártica de Europa. No hemisferio sur maniféstase con temperaturas moito máis parellas durante o ano e en lugares como o extremo sur de Chile e Arxentina, illas subantárticas como Xeorxia do Sur e Kerguelen, e en pequenas zonas do norte da Antártida preto ao nivel do mar.

Tamén existe a tundra por efecto de altura, como no Tíbet e en diversos niveis das montañas arredor do mundo.

Clima

As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os invernos son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os osos polares, lobos mariños, focas etc.

Vexetación

O delgado manto de vexetación está composto de liques, pastos e xuncos con raíces pouco profundas (porque o solo está sempre xeado) o que permite o desenvolvemento dunha extraordinaria fauna.

En verán, co desxeo, aparecen bases e pradarías de plantas anuais. Ademais da escasa vexetación, as poucas plantas que se conservan están acondicionadas para sobrevivir coa escasa calor diúrna e conservan auga no seu interior.