Bando, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Topónimos
actualizo datos de poboación o 2018
Liña 7: Liña 7:
|concello = Santiago de Compostela
|concello = Santiago de Compostela
|superficie = 8,35
|superficie = 8,35
|poboación = 976
|poboación = 941
|ano = 2013
|ano = 2018
|entidades = 7
|entidades = 7
}}
}}
'''Santa Eulalia de Bando''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Santiago de Compostela]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 976 habitantes (529 mulleres e 447 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1 022 habitantes.
'''Santa Eulalia de Bando''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Santiago de Compostela]]. Segundo o [[IGE]] en [[2018]] tiña 941 habitantes (524 mulleres e 417 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1 022 habitantes.


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 43: Liña 43:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Bando}}

[[Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia]]

Revisión como estaba o 7 de novembro de 2019 ás 13:24

Bando
Ficheiro:Igrexa de Bando.jpg
Igrexa de Santa Eulalia de Bando.
ConcelloSantiago de Compostela
Coordenadas42°53′37″N 8°29′15″O / 42.8935, -8.4874Coordenadas: 42°53′37″N 8°29′15″O / 42.8935, -8.4874
Área8,35 km²
Poboación941 hab. (2018)
Densidade112,69 hab./km²
Entidades de poboación7
editar datos en Wikidata ]

Santa Eulalia de Bando é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 941 habitantes (524 mulleres e 417 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 022 habitantes.

Xeografía

É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. É nesta parroquia onde nace o río Sar.

Na parroquia de Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia, da Radio Galega e o refuxio municipal de animais.

Historia

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[1]:

BANDO (STA. EULALIA DE): freg. na prov. d'A Coruña (10 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (1), e conc. de Conxo:[2] SIT. a un lado do camiño carreteiro de Lugo a Santiago nunha chaira ben ventilada, o seu CLIMA é temperado e san; comprende os l. de Bando de Abaixo, Bando de Arriba, Pousada e Godos, San Marcos e Zaramacedo,[3] que reúnen 29 CASAS de pouca altura e mesquiña distribución interior. A igr. parr. (Sata. Eulalia), está servida por 1 curato de oposición, que se provía polo extinguido most. bieito[4] de San Martiño[5] da c. de Santiago; o cemiterio atópase no adro da igr., pero non prexudica á saúde pública; o TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e pouco menos L. ao O.: confina polo N. con San Paio de Sabugueira;[6] ao L. con Santa Baia de Vigo e Santa María de Lamas;[7] polo S. con San Martiño de Aríns;[8] e polo O. con San Fiz de Fóra de Santiago;[9] o TERREO participa de monte escaso de arboredo, e de 70 fan. destinadas ao cultivo, e fertilizadas por 2 regatos que deben a súa orixe ás fontes que nacen no mesmo termo; os CAMIÑOS son locais e maos, pero ligan co que dixemos cruza de Lugo a Santiago; na adm. desta c. recibe o CORREO tres veces á semana; PROD.: trigo, maínzo, patacas, poucos legumes, combustible e pastos; cría gando vacún, lanar, cabalar e de cerda; e caza de perdices, lebres, coellos, xabarís, lobos e raposos; IND.: a agrícola, 4 muíños fariñeiros e o carboneo; concorren co sobrante das súas colleitas, a caza, carbón e leña aos mercados de Santiago; POBO.: 28 vec., 170 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).

Patrimonio

Na freguesía de Bando destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.

É de importancia crucial no urbanismo e na historia da parroquia o paso através dela do Camiño de Santiago nunha das súas últimas partes. É no Monte do Gozo, situado no lugar de San Marcos, desde onde tradicionalmente se podía enxergar por vez primeira, no camiño francés, as torres da catedral. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos e mesmo un auditorio ao aire libre onde tiveron lugar importantes concertos.

Lugares e parroquias

Lugares de Bando

Lugares da parroquia de Bando no concello de Santiago de Compostela

Bando de Abaixo | Bando de Arriba | O Castro | Pousada | San Marcos | Zaramacedo


Parroquias de Santiago de Compostela

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas

  1. Madoz, Pascual (1845). "BANDO". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 98. 
  2. «Conjo» no orixinal.
  3. «Bando de Abajo, Bando de Arriba, Pousada y Godos, San Márcos y Zarramacedo» no orixinal.
  4. «Benitino» no orixinal.
  5. «San Martín» no orixinal.
  6. «San Pelayo de Sabugueira» no orixinal.
  7. «Santa Eulalia de Vigo y Santa Maria de Lama» no orixinal.
  8. «San Martin de Arines» no orixinal.
  9. «San Felix de Afuera de Santiago» no orixinal.

Véxase tamén

Outros artigos