Heroína (filme): Diferenzas entre revisións
arranxiño |
m Categoría:Cine producido en Galicia (via JWB) |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Filmes de Galicia]] |
||
[[Categoría:Cine en lingua castelá]] |
[[Categoría:Cine en lingua castelá]] |
||
[[Categoría:Filmes de 2005]] |
[[Categoría:Filmes de 2005]] |
Revisión como estaba o 3 de novembro de 2019 ás 15:09
Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.
Adriana Ozores, que foi nomeada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un elenco que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.
A película foi rodada en Galicia en escenarios reais da loita contra o narcotráfico, coma é o caso do Pazo Baión.
Argumento
A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.