Donicela: Diferenzas entre revisións
m arranxiños |
|||
Liña 40: | Liña 40: | ||
:''a que chaman donezya'' |
:''a que chaman donezya'' |
||
:''os galegos''.<ref>Cantiga 354 das Cantigas de Santa María.</ref> |
:''os galegos''.<ref>Cantiga 354 das Cantigas de Santa María.</ref> |
||
Crese que a trabada da donicela é mortal. Mesmo o seu bafo é daniño. |
Crese que a trabada da donicela é mortal. Mesmo o seu bafo é daniño. |
||
* ''Se te morde a donicela, busca camisa pra terra''. |
* ''Se te morde a donicela, busca camisa pra terra''. |
||
Liña 45: | Liña 46: | ||
* ''Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña''. |
* ''Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña''. |
||
* ''Donicelas a trabar, campaíñas a tocar'' |
* ''Donicelas a trabar, campaíñas a tocar'' |
||
* ''Se che pica unha doniña, vas dereito para a caixiña; e se che pica un escorpión, vas para o caixón''. |
|||
* ''Fonte bebiades de boa gana, se non fora a donicela'' .<ref>[https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/a-donicela-animal-con-tabu/ Artigo sobre a donicela no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref> |
|||
Outras crenzas admiten que se se dá de comer o corazón ou a lingua deste animal a un [[can]], este perderá a voz e non volverá a ladrar. Ou que unha [[cataplasma]] feita coas cinzas da donicela cura a dor de cabeza e as cataratas (segundo cita [[Marcial Valladares]]). |

A donicela é quen de curarse da picadura dunha [[víbora]]. Para iso busca unha herba chamada ''saramago'', sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente. |
A donicela é quen de curarse da picadura dunha [[víbora]]. Para iso busca unha herba chamada ''saramago'', sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente. |
||
== Nomes en galego == |
== Nomes en galego == |
||
A donicela recibe en galego múltiples nomes, donicela e as súas variantes derivan do latín ''domina'' que deu dona en galego e da súa variante ''domnicilla'' que deu doncela, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas.<ref>[http://www.culturaspopulares.org/textos2/articulos/acunagarrosa.pdf Ana Acuña e José Luis Garrosa “Os nomes dos animais, das doenzas e doutros elementos relacionados coas crenzas en Galicia: estudo comparativo”] ''Culturas Populares'' nº 2 (maio-agosto 2006)</ref> Derivadas de dona: '''adelociña''', '''delonciña''', '''delosiña''', '''delunciña''', '''denidela'''<ref>Recollida en Hermisende (Zamora): Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''denociña''', '''denosiña''', '''denosiña''', '''denouciña''', '''denuciña''', '''denunciela''', '''denunciña''', '''dernicela''', '''dinicela''', '''dinoncela''', '''dinucela''', '''dinuciña''', '''dolosiña''', '''dona''', '''dona das paredes''', '''dondicella'''<ref name="Boal p. 401">Recollido en Boal: Menédez Pidal ''Orígenes del español'', p. 401</ref>, '''donexina''', '''donicella'''<ref name="Boal p. 401"/>, '''donidela'''<ref>Recollida en Calabor (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954): ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''doniña''', '''donirla''', '''donisela''', '''donociña''', '''donosiña''', '''donuciña''', '''dunicela''', '''durusiña'''<ref>{{Cita web |url=http://www.anosafala.com/wp-content/uploads/2014/05/TIT-l%C3%A9xico.pdf |título=Arantxa Román Domínguez "Contribución ao léxico do galego exterior. O Val do Río Ellas (Cáceres)" |data-acceso=01 de setembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140712042940/http://www.anosafala.com/wp-content/uploads/2014/05/TIT-l%C3%A9xico.pdf |dataarquivo=12 de xullo de 2014 |urlmorta=si }}</ref> ou '''gunicela'''. Relacionada coas anteriores está a forma '''dama das paredes'''.<ref>Recollida en Pías (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref> Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como '''farridiña''', '''feiticeira''', '''galana''', '''galaniña''', '''garridiña''', '''listiña''', '''lusiña das paredes''', '''pombiña''', '''preciosiña''' ou '''ruliña'''. |

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2019 ás 08:48
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Donicela | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mustela nivalis Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Mustela nivalis
|
A donicela[1] (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña[2], denociña[3], garridiña [4] ou saltaparedes[5], é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.
As donicelas viven en toda Europa, excepto en Irlanda, algunhas illas do mar Mediterráneo e Islandia. Tamén se atopan no norte de África e en toda a zona tépeda asiática ata o Xapón. Vexáse o mapa de distribución en Galicia embaixo.
A donicela na cultura popular galega
- Ese pesar foi por hua
- bestiola que muit'amava
- el Rei, que sigo tragía
- e a que mui ben criava
- a que chaman donezya
- os galegos.[6]
Crese que a trabada da donicela é mortal. Mesmo o seu bafo é daniño.
- Se te morde a donicela, busca camisa pra terra.
- Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra.
- Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
- Donicelas a trabar, campaíñas a tocar
- Se che pica unha doniña, vas dereito para a caixiña; e se che pica un escorpión, vas para o caixón.
- Fonte bebiades de boa gana, se non fora a donicela .[7]
Outras crenzas admiten que se se dá de comer o corazón ou a lingua deste animal a un can, este perderá a voz e non volverá a ladrar. Ou que unha cataplasma feita coas cinzas da donicela cura a dor de cabeza e as cataratas (segundo cita Marcial Valladares).
A donicela é quen de curarse da picadura dunha víbora. Para iso busca unha herba chamada saramago, sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente.
Nomes en galego
A donicela recibe en galego múltiples nomes, donicela e as súas variantes derivan do latín domina que deu dona en galego e da súa variante domnicilla que deu doncela, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas.[8] Derivadas de dona: adelociña, delonciña, delosiña, delunciña, denidela[9], denociña, denosiña, denosiña, denouciña, denuciña, denunciela, denunciña, dernicela, dinicela, dinoncela, dinucela, dinuciña, dolosiña, dona, dona das paredes, dondicella[10], donexina, donicella[10], donidela[11], doniña, donirla, donisela, donociña, donosiña, donuciña, dunicela, durusiña[12] ou gunicela. Relacionada coas anteriores está a forma dama das paredes.[13] Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como farridiña, feiticeira, galana, galaniña, garridiña, listiña, lusiña das paredes, pombiña, preciosiña ou ruliña.
Non existe en galego derivado ningún do mustela latino malia incluír Cuveiro mustela no seu dicionario, non se rexistrou en ningunha recollida léxica.[14]
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para donicela.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doniña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para denociña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para garridiña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saltaparedes.
- ↑ Cantiga 354 das Cantigas de Santa María.
- ↑ Artigo sobre a donicela no Portal das Palabras da RAG.
- ↑ Ana Acuña e José Luis Garrosa “Os nomes dos animais, das doenzas e doutros elementos relacionados coas crenzas en Galicia: estudo comparativo” Culturas Populares nº 2 (maio-agosto 2006)
- ↑ Recollida en Hermisende (Zamora): Luis Cortés Vázquez (1954) El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca
- ↑ 10,0 10,1 Recollido en Boal: Menédez Pidal Orígenes del español, p. 401
- ↑ Recollida en Calabor (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954): El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca
- ↑ "Arantxa Román Domínguez "Contribución ao léxico do galego exterior. O Val do Río Ellas (Cáceres)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2014. Consultado o 01 de setembro de 2018.
- ↑ Recollida en Pías (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954) El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario Universidad de Salamanca
- ↑ Emilio Montero "El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances" Verba Anexo: 17-18, p.156
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donicela |
Bibliografía
- SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
Ligazóns externas
- Ficha técnica e guía sobre a donicela (en castelán)