Somaly Mam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 50: Liña 50:
* Premio Mundial dos Nenos para os Dereitos do Neno en Suecia e pola súa perigosa loita para defender os dereitos dos nenos en Camboxa.<ref>Simon Marks in ''The Cambodia Daily'', 26 de abril de 2012</ref> 2008.<ref>[http://www.iht.com/articles/ap/2008/04/16/europe/EU-GEN-Sweden-Childrens-Prize.php Cambodian activist who rescues sex slaves wins World's Children's Prize], ''International Herald Tribune'', (AP), 16 de abril de 2008</ref>
* Premio Mundial dos Nenos para os Dereitos do Neno en Suecia e pola súa perigosa loita para defender os dereitos dos nenos en Camboxa.<ref>Simon Marks in ''The Cambodia Daily'', 26 de abril de 2012</ref> 2008.<ref>[http://www.iht.com/articles/ap/2008/04/16/europe/EU-GEN-Sweden-Childrens-Prize.php Cambodian activist who rescues sex slaves wins World's Children's Prize], ''International Herald Tribune'', (AP), 16 de abril de 2008</ref>
* Premio Dignidade Humana "Roland Berger", 2008.<ref>"[http://www.rolandbergerstiftung.org/en/the-roland-berger-human-dignity-award/award-winners/award-winner-2008.html Somaly Mam from Cambodia is the first winner of the Roland Berger Award]". Roland Berger Stiftung. Consultado o 16 de setembro de 2011.</ref>
* Premio Dignidade Humana "Roland Berger", 2008.<ref>"[http://www.rolandbergerstiftung.org/en/the-roland-berger-human-dignity-award/award-winners/award-winner-2008.html Somaly Mam from Cambodia is the first winner of the Roland Berger Award]". Roland Berger Stiftung. Consultado o 16 de setembro de 2011.</ref>
* Doutoramento Honorario de Servizo Público da Universidade Regis, 2007.<ref>"[http://www.regis.edu/regis.asp?sctn=news&p1=comrel&p2=honorary Honorary Degrees]". Regis University. Consultado o 7 de outubro de 2010.</ref>
* Doutoramento Honorario de Servizo Público da Universidade Regis, 2007.<ref>"[http://www.regis.edu/regis.asp?sctn=news&p1=comrel&p2=honorary Honorary Degrees] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120501181523/http://regis.edu/regis.asp?sctn=news&p1=comrel&p2=honorary |date=01 de maio de 2012 }}". Regis University. Consultado o 7 de outubro de 2010.</ref>
* Heroe [[CNN]], 2006.
* Heroe [[CNN]], 2006.
* Portadora do facho olímpico na cerimonia de inauguración dos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], Turín.<ref>"[http://www.dosomething.org/blog/chatterbox/change-maker-women%E2%80%99s-history-somaly-mam Change-Maker in Women's History: Somaly Mam]". Dosomething.org. 27 de marzo de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.</ref>
* Portadora do facho olímpico na cerimonia de inauguración dos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], Turín.<ref>"[http://www.dosomething.org/blog/chatterbox/change-maker-women%E2%80%99s-history-somaly-mam Change-Maker in Women's History: Somaly Mam]". Dosomething.org. 27 de marzo de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.</ref>

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2019 ás 05:22

Infotaula de personaSomaly Mam

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(km) ម៉ម សុម៉ាលី Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Mondul Kiri, Camboxa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCamboxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscritor Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua khmer Editar o valor em Wikidata

Twitter: SomalyMam Editar o valor em Wikidata

Somaly Mam (en khmer: ម៉ម សុម៉ាលី, /mɑːm sɔmaliː/), nada na provincia de Mondulkiri en 1970 ou 1971, é unha activista camboxana en favor dos dereitos humanos, especialmente das mulleres e que se dedicou a combater o tráfico humano.[1] Entre 1996 e 2014, Mam involucrouse en campañas contra o tráfico sexual e creou a Fundación Somaly Mam para recoller fondos en beneficio de nenas e mulleres vítimas do tráfico, o que a levou a aparecer en programas de televisión de varios países e a ser convidada a eventos internacionais.

Entre 2012 e 2013 o xornal camboxano en inglés The Cambodia Daily e en maio de 2014 Newsweek, presentaron informacióna en que denunciaban que as historias presentadas por Mam sobre que ela mesma fora vítima de tráfico sexual durante a súa nenez eran fabricadas. As alegacións fixeron que os directivos da súa propia Fundación iniciasen unha investigación ao contratar a Goodwin Procter, unha firma de avogados de Boston, para corroborar todos os datos que foran a principal inspiración de Mam na súa loita, así como o caso de varias das súas protexidas, que se presentaron como mulleres rescatadas da escravitude sexual. Os resultados de devandita investigación fixeron que Mam renunciase de xeito inmediato e que a Fundación fose clausurada en outubro de 2014.[2][3][4] Dende entón continuou coas súas campañas para recoller fondos para axudar as vítimas do tráfico humano e nega que as súas historias fosen inventadas. Pola súa parte, a revista Marie Claire presentou a súa propia investigación contradicindo as versións de The Cambodia Daily e Newsweek.[5]

Traxectoria

Mam naceu nunha familia rural na provincia de Mondulkiri, no leste de Camboxa, nun clan do pobo Phong. No libro que escribiu sobre a súa suposta vida, menciona que a súa data de nacemento foi 1970 ou 1971.[6] No libro asegura ademais que foi á escola, pero que nunca puido graduarse. As investigacións de Newsweek, en cambio, mencionan que si se graduou e presentou como testemuñas dous antigos compañeiros de estudo e un profesor,[7] mais na investigación de Marie Claire, preséntase o director da escola, que asegura que ela só acudiu ás clases durante tres anos. Persoas entrevistadas por Simon Marks na provincia de Kompung Cham, dixeron que Somaly Mam era filla dun profesor de escola de nome Mam Khon e de Pen Navy e que chegaron a unha aldea chamada Thlok Chhrov, onde viven moitos dos veciños que os coñeceron cando ela era unha nena.[8] Segundo as testemuñas, a familia chegou á aldea en 1981 e o seu pai daba clases na escola, así como que a nena fixo os seus estudos entre ese ano, 1981, e 1987, cando marchou da casa e se distanciou da familia.

Mam asegura que foi abusada sexualmente polo seu avó ata os catorce anos de idade e que despois diso foi vendida a un bordel e obrigada a prostituírse, ademais de que foi obrigada a casar cun estranxeiro.[7][9][10] Engade tamén que se viu obrigada a prostituírse ela mesma nas rúas para ter sexo con cinco ou seis clientes nun só día.[11][12] Sobre iso, o seu ex marido Pierre Legros asegurou a Newsweek que a coñeceu nun bar público e legal preto do Hotel Le Royal de Phnom Penh e que ela traballaba alí de forma libre e sen ningunha presión.[8] Despois diso, ambos comezaron unha relación e levouna a Francia en 1993, onde casaron, para acabar divorciándose en en 2008.[9][13]

En 2005 publicou o seu libro Le Silence de l'innocence[14] en que narra os elementos máis importantes da súa historia como que o seu avó abusase sexualmente dela, que nunca puido rematar os seus estudos, que foi vendida a un bordel en Phnom Penh e escravizada e que coñeceu o seu marido mentres traballaba como prostituta nas rúas.[8]

Beneficencia e logros

Mam traballou como axudnate de saúde sen adestramento[15][16] para Médicos Sen Fronteiras e no seu tempo libre distribuía preservativos, xabón e información para mulleres nos bordeis. En 1996 foi cofundadora de AFESIP (Agir pour les Femmes en Situation Precaire, en galego "Actuando para as mulleres en situación precaria"), unha ONG camboxana dedicada a rescatar, dar acubillo e rehablitar mulleres e nenos de Camboxa, Laos e Vietnam que foran vítimas de explotación sexual.[17] AFESIP emprendeu campañas para dar presión ás autoridades para que realicen redadas en bordeis.[18]

En xuño de 2007, Mam converteuse na cofundadora da Fundación Somaly Mam, unha organización sen ánimo de lucro con sede principal nos Estados Unidos de América, para asistir a grupos que traballan en contra do tráfico sexual e axudar a mulleres e nenas que foron vítimas da escravitude sexual. A fundación atraeu rapidamente a axuda financeira de líderes de empresas e estrelas de Hollywood, mentres que AFESIP continuou como a póla camboxana da fundación en Phnom Penh.[19]

Despois de que Newsweek publicase unha reportaxe en maio de 2014 en que se demostraban inconsistencias nas historias de Mam, a Fundación contratou a firma Goodwin Procter de Boston para que corroborase a versión de Newsweek. Aínda que as conclusións non se fixeron públicas, provocou a súa renuncia e o seu distanciamiento da Fundación. En outubro des mesmo ano a fundación deixou de existir.[2][3][4][20] En xaneiro de 2015, Mam e o antigo director de operacións da fundación, Rigmor Scheneider[21] anunciaron o lanzamento dunha nova Fundación Somaly Mam como ente financiador de AFESIP. Na mesma, a actriz AnnaLynne McCord forma parte do comité directivo a través da organización Together 1 Heart.

Inconsistencias na súa historia

Asasinato de oito nenas

A revisión da súa historia comezou cando ela fixo uns comentarios na Organización das Nacións Unidas o 3 de abril de 2012, cando daba unha conferencia fronte a un panel de estados membros, organizacións internacionais de axuda humanitaria e medios de comunicación en Nova York.[22] En devandita conferencia, Mam dixo que oito nenas foran asasinadas despois de que a súa organización, AFESIP, liderase unha redada nun local de masaxes do Hotel Chai Hour II en Phnom Penh en que foron tomadas 83 mulleres e nenas e protexidas no seu centro de atención. Estas declaracións foron despois desmentidas por ela mesma, admitindo que nunca houbo asasinato ningún que incluíse o exército camboxano, como ela mesma suxeriu, mais a historia e a falta de probas atraeu a atención dos medios de comunicación e do xornalista Simon Marks de Newsweek, que quixo saber máis sobre a veracidade de todas as súas historias.

Secuestro e violación da súa filla

A sorprendente invención da morte das oito nenas a mans do exército chamou a atención de The Cambodia Daily e en especial do xornalista Simon Mark, que comezou a investigar máis sobre a vida e as declaracións da activista. Ese mesmo me, o 25 de abril, o xornal publicou un dos primeiros artigos que revisaron o seu historial. En devandito artigo informouse que o exmarido de Mam, que fora ademais director de AFESIP, o francés Pierre Legros, declarara que ela alterara un incidente sobre a súa propia filla en 2004,[23] en que asegurou que a adolescente fora secuestrada e violada por traficantes de persoas como vinganza polas redadas ao Hotel Chai Hour II.[24] Na súa autobiografía de 2007, Mam escribiu que as persoas involucradas no secuestro e violación da súa filla foran deixadas en liberdade, aínda que estaban pendentes de xudízo. Legros, pola contra, declarou que a adolescente nunca fora secuestrada, senón que fuxira co seu mozo, e que lle parecera que a alteración da historia tiña motivos publicitarios para a Fundación Somaly Mam. O embaixador estadounidense nese momento, Joseph Mussomeli, escribiu nun cable diplomático de 2004 que a filla de Mam fora atraída polos seus propios amigos para fuxir cara á provincia de Battambang e que despois fora atopada nun club en compañía de tres homes, que foron arrestados e acusados de tráfico humano, mais as autoridades camboxanas dixeron á prensa que non había rexistro ningún deses sucesos.[25]

Falsa vítima en France 2

En outubro de 2013, The Cambodia Daily publicou outra revisión dunha das súas historias, que tivo lugar en xaneiro de 1998, cando Mam apareceu nos medios internacionais ao relatar o testemuño dunha das súas protexidas, unha moza de nome Meas Rathá, quen fora presentada como vítima da industria sexual infantil en Camboxa. A historia mesmo foi destacada na televisión francesa, no programa semanal Envoyé Spécial. Segundo Mam, cando Rathá tiña catorce anos na provincia de Takeo, foi vendida a un bordel nunca especificado en Phnom Penh onde foi escravizada sexualmente.

16 anos despois, Rathá, casada e con 32 anos, dixo ao xornal camboxando que o testemuño que deu ao canal France 2 fora fabricado e escrito por Mam como un xeito de atraer doazóns para a súa fundación. Rathá dixo ao xornal: "O vídeo que vostede ve, cada cousa que dixen, non é a miña historia".[26]

Coñecemento pola embaixada dos Estados Unidos

O 1 de xuño de 2015 o xornal camboxano en inglés The Phnom Penh Post, publicou un artigo baseado nun cable do Departamento de Estado do goberno estadounidense en que se dicía que era coñecer das decepcións e malas prácticas da organización liderada por Somaly Mam dende había varios anos, moito antes de que fosen reveladas á opinión pública. O artigo cita un cable titulado "Somaly Mam baixo o microscopio" enviado ao Departamento de Estado dende a Embaixada dos Estados Unidos en Phnom Penh con data 8 de maio de 2012. No cable declárase que sobre a historia do suposto secuestro da filla de Mam en 2006 como represalia polas redadas nun bordel de Phnom Penh, ela continuou a soster a súa versión[27] a pesar do informe feito pola mesma embaixada en que se declarou que a adolescente non fora secuestrada, senón que fuxira cos seus amigos cara a Battambang. O cable da embaixada cita, ademais, fontes da comunidade antitráfico en Phnom Penh que din que Mam "está podrida ata a medula", mais tomou a decisión estratéxica de permanecer en silencio sobre as súas preocupacións polo sistema de arranxos de AFESIP e o seu control financeiro en xeral para evitar poner "outra ONG antitráfico en risco".[28]

O avó e a escola

Nas investigacións de Simon Marks, nunca se puido comprobar a existencia do avó que segundo Mam abusaba dela e despois a obrigou a un matrimonio forzoso.[14] Os veciños que foron testemuñas da nenez da activista aseguran que a familia chegou de Thlok Chhrov en 1981 dende a aldea de Thnort en Kompung Cham, posiblemente provenientes de Mondulkiri e que os seus pais eran Mam Khon e Pen Navy. Este Mam Khon era profesor de escola, mais ninguén lembra un avó. A nena comezou a ir á escola en 1981 ata 1987, ano en que obtivo o seu diploma de bacharelato, segundo diferentes testemuñas que inclúen antigos compañeiros, profesores e o director da escola. Unha vez rematou os estudos en 1987, a moza marchou da casa e distanciouse da familia, mais ningún testemuño menciona o matrimonio forzado aos catorce anos nin o avó.[8]

Renuncia

O 28 de maio de 2014, despois das denuncias de Newsweek e de recibir o informe dos avogados de Goodwin Procter, Mam renunciou á Fundación.[29] A finais de 2014 Mam regresou a Nova York co ánimo coa intención de restaurar a súa reputación e facer un lanzamento dunha campaña de relacións públicas e contratou a firma publicitaria Jonathan Marder & Company.[30][31] Mam declarouse inocente en setembro de 2014 nunha entrevista para a revista Marie Claire e fixo un lanzamento dunha nova Fundación Somaly Mam pouco después.[32][33][34][35]

Nova Fundación Somaly Mam

En outubro de 2014 o goberno camboxano anunciou que Mam non tiña autorización para operar ningunha ONG en territorio camboxano, mais algúns días despois revogou a prohibición. En decembro do mesmo ano xa estaba aceptando doazóns para a súa nova ONG con sede en Texas, baixo o nome The New Somaly Mam Fund: Voices for Change. Como sucedeu nas súas primeiras campañas, a actriz estadounidense Susan Sarandon uniuse ao seu equipo de campaña.[36] Ao respecto, Rigmor Schneider, quen fora un dos directivos da anterior fundación, dixo á prensa que agardaba que que "ese capítulo xa fora pechado" e que o que ela estaba a dicir era a verdade. A nova organización non estaría dedicada ao rescate de mulleres e nenas, mais colaboraría con outras ONG na rehabilitación e educación delas unha vez estivesen libres e puidesen atopar emprego, segundo Schneider. Tamén mencionou que a nova organización pensaba abrir dous centros residenciais, mais que no momento andaban na procura de fondos.[37]

O 9 de outubro de 2014 o exmarido de Mam, Pierre Legros, dixo que non consideraba o artigo da revista Marie Claire como unha boa fonte, porque el mesmo cedera información a Simon Mark, o xornalista de Newsweek que puxera en evidencia as inconsistencias nos relatos de Mam, especialmente no referente ao suposto secuestro da súa filla.[38] Legros declarou ademais que o incidente da redada no Hotel Chai Hour 2 en que a organización e Mam participaron, tocara altos oficiais e polo que certamente recibiron ameazas e o ofrecemento de protección por parte da embaixada dos Estados Unidos. Tamén asegurou a Pri que Mam tiña polo menos dúas versións da súa infancia: unah que fora dada ao público francés en 2005 e que contén unha gran cantidade de imprecisións, entre elas a que ten que ver coa fundación da organización en 1995 en que ela asegura que fixo a fundación soa, cando en realidade foron tres os creadores e a segunda versión elaborada para o público estadounidense e que aparece como se fose unha tradución do francés en que crea unha historia diferente con novas alteracións da realidade: "Eu fun presentado como traballador social nesa versión. Nunca fun traballador social", asegura Legros.[39]

Premios e recoñecementos

Notas

  1. Pesta, Abigail (16 de setembro de 2014). Somaly Story. Nova York. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
  2. 2,0 2,1 Joshua Wilwohl (18 de outubro de 2014). "Somaly Mam Foundation Ceases Operations". The Cambodia Daily. Consultado en outubro de 2014.
  3. 3,0 3,1 Taylor, Adam (29 de maio de 2014). "Why would Somaly Mam quit her own sex-trafficking foundation?". The Washington Post blog. Consultado o 30 de maio de 2014.
  4. 4,0 4,1 Mullany, Gerry (29 de maio de 2014). "Crusader Against Sex Trafficking Quits Amid Charges Stories Were Fabricated". The New York Times. Consultado o 30 de maio de 2014. She said the foundation retained a law firm in March to investigate the allegations, which were raised by The Cambodia Daily in articles in 2012 and 2013.
  5. Pesta, Abigail (16 de setembro de 2014). Somaly Story. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
  6. Mam, Somaly (9 de setembro de 2008). The Road of Lost Innocence. Estados Unidos: Random House Publishing. pp. 2–45. ISBN 978-0-385-52621-0.
  7. 7,0 7,1 Marks, Simon (21 de maio de 2014). "Somaly Mam: The Holy Saint (and Sinner) of Sex Trafficking". Newsweek. Consultado o 7 de xullo de 2014.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Simon Marks (2013). La heroína camboyana se inventó hasta su propia vida. El Mundo, 10 de novembro de 2011. Ligazón rescatada o 26 de outubro de 2016.
  9. 9,0 9,1 Mullany, Gerry (29 de maio de 2014). "Activist Resigns Amid Charges of Fabrication". The New York Times. Consultado o 7 de xullo de 2014.
  10. "Stolen Innocence". 19 de novembro de 2005
  11. Hosking, Patrick; Wighton, David (4 de decembro de 2005). "A Life in the Day: Somaly Mam". Londres: The Sunday Times (U.K.). Consultado o 7 de outubro de 2010.
  12. "Change-Maker in Women's History: Somaly Mam". Dosomething.org. 27 de marzo de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  13. "Former Afesip Director Denies Claim of Killings". The Cambodia Daily. 23 de abril de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2014.
  14. 14,0 14,1 Somaly Mam (2005). El silencio de la Inocencia. Ed. Destino, setembro de 2006. ISBN 978-84-233-3870-2
  15. 03.06.11. "Women in the World: Somaly Mam, Cambodia". The Daily Beast. Consultado o 3 de xuño de 2014.
  16. "Somaly Mam and the Dark Side of Charity". 7 de xullo de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
  17. "Rescuing Child Sex Workers". PBS. 12 de febreiro de 2010. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  18. "Somaly Mam". Time Magazine. 30 de abril de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  19. Simon Marks en The Cambodia Daily, 13 de outubro de 2013
  20. Declaración de las directivas de la Fundación Somaly Mam acerca de la clausura de la organización. Web Archive, 18 de outubro de 2014. Ligazón rescatada o 22 de outubro de 2016.
  21. [Somaly Mam Foundation quietly closes http://news.trust.org//item/20141021231754-acjs4/] by Lisa Anderson. Thomson Reuters Foundation, 21 de outubro de 2014
  22. Cristina Galindo (2014), Vidas inventadas, El País, 8 de xuño de 2014. Ligazón revisada o 26 de outubro de 2016.
  23. "Award-winning Cambodian activist quits after probes into her past | Reuters". Uk.reuters.com. 29 de maio de 2014. Consultado o 3 de xuño de 2014.
  24. "Somaly Mam". Time Magazine. 30 de abril de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010
  25. "More Questions Over Somaly Mam's Kidnapping Claim". The Cambodia Daily. 25 de abril de 2012. Consultado o 3 de xñuo de 2014.
  26. Simon Marks e Phorn Bopha en The Cambodia Daily, 12 de outubro de 2013
  27. Mariane Pearl (2006). Perfil de Somaly Mam, Revista Glamour.
  28. Daniel Pye and Alice Cuddy (2015). US was on to Somaly Mam. 1 de xuño de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2016.
  29. "Somaly Mam's Resignation". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014.
  30. Lloyd Grove (19 de setembro de 2014). "Who's Telling The Truth About Somaly Mam? A Smashed Icon, A Media Brawl—and a Comeback". The Daily Beast. Consultado en outubro de 2014
  31. Anne Elizabeth Moore (29 de setembro de 2014). "The Return of America's Favorite Anti-Trafficker". The Baffler.
  32. "Somaly's Story: 'I Didn't Lie.'"
  33. Pesta, Abigail (16 de setembro de 2014). Nova York Somaly Story. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
  34. Lloyd Grove (19 de setembro de2014). "Who's Telling The Truth About Somaly Mam? A Smashed Icon, A Media Brawl—and a Comeback". The Daily Beast. Consultado en outubro de 2014.
  35. Anne Elizabeth Moore (29 de setembro de 2014). "The Return of America's Favorite Anti-Trafficker". The Baffler.
  36. Kuch Naren e Holly Robertson (31 de decembro de 2014). "Officials Hand Donations to Somaly Mam's NGO". The Cambodia Daily. Consultado o 10 de outubro de 2015.
  37. Reuters (24 de decembro de 2014). "Disgraced Activist Somaly Mam to Launch New Organization After Resigning". Newsweek. Consultado o 10 de outubro de 2015.
  38. Global Post (2014). Cambodia: Somaly Mam’s ex-husband speaks out. 9 de outubro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2016.
  39. Global Post (2014)
  40. Saner, Emine (8 de marzo de 2011). "Somaly Mam". Londres: The Guardian.
  41. "Women in the World: Somaly Mam, Cambodia". The Daily Beast.
  42. "Somaly Mam". Time Magazine. 30 de abril de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  43. Simon Marks in The Cambodia Daily, 26 de abril de 2012
  44. Cambodian activist who rescues sex slaves wins World's Children's Prize, International Herald Tribune, (AP), 16 de abril de 2008
  45. "Somaly Mam from Cambodia is the first winner of the Roland Berger Award". Roland Berger Stiftung. Consultado o 16 de setembro de 2011.
  46. "Honorary Degrees Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine.". Regis University. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  47. "Change-Maker in Women's History: Somaly Mam". Dosomething.org. 27 de marzo de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  48. Pearl, Mariane. "Global Diary Cambodia: The Sex Slave Tragedy". Glamour. Consultado o 19 de setembro de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas