Vivien Leigh: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios |
m →top: Arranxos varios, replaced:

(5) |

Liña 14: | Liña 14: | ||
|coñecido por = |
|coñecido por = |

|parella = |
|parella = |

|cónxuxe = Leigh Holman (1932-1940)<br |
|cónxuxe = Leigh Holman (1932-1940)
Laurence Olivier (1940-1960) |

|fillos = |
|fillos = |

|web = |
|web = |

Liña 21: | Liña 21: | ||
|sinatura = |
|sinatura = |

|tamaño_sinatura = |
|tamaño_sinatura = |

|premios óscar = '''[[Oscar á mellor actriz|Mellor actriz]]'''<br |
|premios óscar = '''[[Oscar á mellor actriz|Mellor actriz]]'''
1939 - ''Foise co vento''
1951 - ''A Streetcar Named Desire'' |

|premios globo de ouro = |
|premios globo de ouro = |

|premios emmy = |
|premios emmy = |

|premios bafta = '''Mellor actriz británica'''<br |
|premios bafta = '''Mellor actriz británica'''
1951 - ''A Streetcar Named Desire'' |

|premios tony = |
|premios tony = |

|premios grammy = |
|premios grammy = |

Liña 33: | Liña 33: | ||
|premios ariel = |
|premios ariel = |

|premios cóndor = |
|premios cóndor = |

|outros premios = '''[[Festival Internacional de Cine de Venecia]]'''<br |
|outros premios = '''[[Festival Internacional de Cine de Venecia]]'''
1951 – Copa Volpi á mellor actriz por ''A Streetcar Named Desire'' |

|imdb = |
|imdb = |

Revisión como estaba o 27 de agosto de 2019 ás 20:57
Vivian Mary Hartley, nada en Darjeeling, India o 5 de novembro de 1913 e finada en East Sussex o 8 de xullo de 1967, foi unha actriz de cinema e teatro británica.
Traxectoria
Naceu na St. Paul’s School en Darjeeling, India, filla dun oficial de cabalería inglés. Con seis anos foi enviada a estudar ao Reino Unido. Cando contou aos seus pais que desexaba converterse en actriz, apuntárona na Royal Academy of Dramatic Art de Londres.
En 1932 casou cun compañeiro, trece anos maior, Leigh Holman, e pouco despois debutou cun pequeno papel nun filme e conseguiu un axente. Este foi quen lle suxeriu que o nome de “Vivian Holman” non era axeitado, decidíndose a usar como nome artístico “Vivien Leigh”, collendo o nome de pía do seu marido.
Grazas a participar en producións de Alexander Korda coñeceu a Laurence Olivier, co que comezou un romance mentres actuaban en 1937 en Fire Over England, mentres aínda ámbolos dous estaban casados.
En 1939 interpretou o papel de Scarlett O’Hara en Foise co vento, que lle valeu o seu primeiro oscar.
En 1940, casou con Laurence Olivier en Santa Barbara, California. Volveron a Europa en 1943, onde Leigh actuaría para os soldados, antes de pasar unha tempada no hospital por tuberculose. Ao pouco tempo sufriu tamén un aborto que a levaría a unha fonda depresión.
En 1946 volveu ao traballou con obras de éxito, como A Streetcar Named Desire, de Tennessee Williams. Repetiría o personaxe de Blanche DuBois na versión cinematográfica, coa que gañou de novo o oscar, entre outros premios.
Nos anos seguintes a súa saúde empeorou, así como a súa relación con Olivier, do que se divorciou en 1960. A pesar da axuda da súa nova parella, o actor Jack Merivale acabou volvendo a tuberculose e finou en 1967.
Filmografía
Ano | Filme |

1935 | The Village Squire |
1935 | Things are looking up |
1935 | Look Up and Laugh |
1935 | Gentlement’s Agreement |
1937 | Fire Over England |
1937 | Dark Journey |
1937 | Storm in a Teacup |
1938 | A Yank at Oxford |
1938 | Sidewalks of London |
1939 | Foise co vento |
1940 | 21 Days |
1940 | Waterloo Bridge |
1941 | That Hamilton Woman |
1945 | Caesar and Cleopatra |
1948 | Anna Karenina |
1951 | A Streetcar Named Desire |
1955 | The Deep Blue Sea |
1961 | The Roman Spring of Mrs. Stone |
1965 | Ship of Fools |
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vivien Leigh |
Ligazóns externas
- Vivien Leigh na IMDb (en inglés).