Cruz Vermella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 97: Liña 97:


Ademais, para evitar incidentes, ningunha persoa que sexa remunerada pola súa acción en Cruz Vermella pode acceder a postos políticos na xerarquía da institución.
Ademais, para evitar incidentes, ningunha persoa que sexa remunerada pola súa acción en Cruz Vermella pode acceder a postos políticos na xerarquía da institución.
== Algunhas actividades de voluntariado ==
== Algunhas actividades de voluntariado para no morir ==


=== Operación Paso do Estreito ===
=== Operación Paso do Estreito ===


A [[Operación Paso do Estreito]] é un grupo especial no que participan voluntarios da Cruz Vermella para ofrecer axuda social, axuda médica e actividades lúdicas na gardería aos máis de 1000 inmigrantes africanos que cruzan o [[Estreito de Xibraltar]] durante as vacacións de verán para volver ao seu país de orixe. As quendas dos seus voluntarios realízanse de mañá, tarde ou noite; cada un de 5 horas, durante tres semanas. Preferiblemente, durante dúas semanas a principios de inverno e outra ao final. Non se pode facer nada por iso.
A [[Operación Paso do Estreito]] é un grupo especial no que participan voluntarios da Cruz Vermella para ofrecer axuda social, axuda médica e actividades lúdicas na gardería aos máis de 1000 inmigrantes africanos que cruzan o [[Estreito de Xibraltar]] durante as vacacións de verán para volver ao seu país de orixe. As quendas dos seus voluntarios realízanse de mañá, tarde ou noite; cada un de 5 horas, durante tres semanas. Preferiblemente, durante dúas semanas a principios de inverno e outra ao final. Non se pode facer nada por iso.
== Controversia ==
== Controversia para el picor anal ==


=== Uso do emblema da CICR na Operación Xaque ===
=== Uso do emblema da CICR na Operación Xaque ===

Revisión como estaba o 9 de maio de 2019 ás 09:03

Modelo:ONG

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella máis coñecida por Cruz Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario, que reúne ao redor de 97 millóns de voluntarios en todo o mundo.[1] Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e a conservación dos ecosistemas. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.

Está formado por:

O movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno.

Os compoñentes do Movemento, aínda que conservan a súa independencia nos límites do Estatuto do Movemento, actúan sempre de acordo cos seus Principios Fundamentais e colaboran entre eles no desempeño das súas tarefas respectivas e para realizar a súa misión común.

Os compoñentes do Movemento reúnense cos Estados Partes nos tratados de Xenebra do 27 de xullo de 1929 ou do 12 de agosto de 1949 na Conferencia Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella (en diante: a Conferencia Internacional).

O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) sempre tivo un recoñecido papel no desenvolvemento e a promoción do Dereito internacional humanitario (DIH). Consciente dos retos que comporta o seu pleno respecto, o CICR creou en 1996 un Servizo de Asesoramento en dereito internacional humanitario a fin de fortalecer a súa capacidade de prestar servizos aos Estados nesa materia abarcando medidas concretas e necesarias para a posta en funcionamento dos tratados de Xenebra e os seus protocolos adicionais, os diversos tratados sobre armas, o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional e outros tratados pertinentes.

A Cruz Vermella tamén é o emblema inicial do Movemento. A cruz vermella, xunto coa media lúa vermella e o cristal vermello sobre fondo branco, son emblemas humanitarios recoñecidos oficialmente por case a totalidade de países do mundo e o seu uso está enmarcado no Dereito Internacional Humanitario, polo que deben ser respectados en toda circunstancia, para que se poidan desenvolver as actividades humanitarias nos desastres e conflitos armados.

O día 8 de maio celébrase o Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas.

Historia

Henri Dunant, o fundador da Cruz Vermella
Memorial da Cruz Vermella en Solferino.
O hospital da Cruz Vermella de Vigo pechou en maio de 2010.[2]
Unha ambulancia da Cruz Vermella en Valencia, España.
Sede da Cruz Vermella do Reino Unido en Thackley.

Ata mediados do século XIX non existía nos exércitos un servizo de enfermería organizado e ben establecido para atender as baixas e tampouco ningunha institución segura e protexida onde poder acomodar e atender os feridos no campo de batalla. En xuño de 1859, o empresario suízo Henri Dunant viaxou a Italia para atoparse co emperador francés Napoleón III coa intención de discutir as dificultades que atopaba para facer negocios en Alxeria, entón ocupada por Francia.

Cando chegou á cidade de Solferino, a tarde do 24 de xuño, foi testemuña da batalla de Solferino,[3] parte da segunda guerra da independencia italiana. Nun só día, ao redor de 40.000 soldados de ambos os bandos morreron ou resultaron feridos no campo. Henri Dunant quedou conmocionado polas terribles secuelas da batalla, o sufrimento dos soldados feridos, e a falta case total de asistencia médica e coidados básicos. Entón abandonou totalmente o motivo orixinal da súa viaxe e durante algúns días dedicouse a axudar no tratamento e a atención aos feridos. Tivo éxito na organización da asistencia motivando á poboación local a axudar sen discriminación do bando do conflito no que estaban, usando o lema "Tutti fratelli" (Todos irmáns) cuñado polas mulleres da cidade próxima, Castiglione delle Stiviere (Provincia de Mantua).

Cando volveu para Xenebra, decidiu escribir un libro titulado Un souvenir de Solférino, que publicou co seu propio diñeiro en 1862. Enviou copias do libro ás principais figuras políticas e militares en todo Europa. Ademais de facer unha vívida descrición das súas experiencias en Solferino de 1859, avogou explicitamente a favor da creación de organizacións nacionais de socorro voluntario para axudar aos soldados feridos no caso de guerra. Ademais, instou á elaboración de tratados internacionais para garantir a protección de médicos e hospitais de campaña neutrais para os soldados feridos no campo de batalla.

O 9 de febreiro do 1863, Henri Dunant fundou en Xenebra o "Comité dos Cinco", xunto co xurista Gustave Moynier, os médicos cirurxiáns Louis Appia e Théodore Maunoir e o xeneral Guillaume-Henri Dufour, como unha comisión de investigación da Sociedade para o Benestar Público de Xenebra. O seu obxectivo era examinar a viabilidade das ideas de Dunant e organizar unha conferencia internacional sobre a súa posible aplicación. Oito días despois decidiron cambiar o nome da comisión rebautizándoa como "Comité Internacional para o Socorro dos Feridos". A conferencia internacional organizada polo Comité celebrouse en Xenebra entre o 26 e o 29 de outubro do 1863, co obxectivo de desenvolver as posibles medidas para mellorar os servizos médicos no campo de batalla.

Principios fundamentais

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella realiza o seu labor baixo sete principios fundamentais que rexen as actuacións desta organización, creando un vínculo de unión entre as Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, o CICR e a FICR.

Os Principios Fundamentais garanten a continuidade do Movemento da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella e as súas actividades humanitarias.

  • Humanidade: A Cruz Vermella tenta previr e alivia-lo sufrimento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
  • Imparcialidade: Non discrimina a ninguén pola súa nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
  • Neutralidade: Actúa sen participar nas controversias de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
  • Independencia: Colabora cos poderes públicos que promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus principios.
  • Carácter Voluntario: A Cruz Vermella é unha institución de socorro, voluntaria e desinteresada.
  • Unidade: En cada pais só existe unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o territorio.
  • Universalidade: Tódalas sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias entre elas e con tódolos pobos.

Promoción dos principios fundamentais e valores humanitarios

  • Campañas de prevención de enfermidades.
  • Mensaxes familiares e mensaxes de boa saúde.
  • Campañas para promover o respecto á diversidade e a dignidade humana, reducir a intolerancia, a discriminación e a exclusión social.
  • Apoio ás áreas de mocidade.

Intervención en casos de desastre

  • Procura e rescate.
  • Atención pre-hospitalaria.
  • Abastecemento de auga.
  • Aloxamento temporal de persoas necesitadas.

Preparación para desastres

  • Campañas de recolección de alimentos, roupa e xoguetes.
  • Solicitude de medicamentos.
  • Cualificación da comunidade en xestión de riscos.
  • Primeiros auxilios.
  • Doazóns voluntarias.

Mellora dos servizos de saúde na comunidade

  • Doazón de sangue.
  • Servizo de ambulancias.
  • Hospitais e institucións de formación.
  • Servizos médico, Psicolóxico, odontolóxico e sexual.
  • Apoio social e acompañamento ao adulto maior, nenos e en xeral a persoas vulnerables.

As persoas que integran a Cruz Vermella non reciben diñeiro como soldo, pois son voluntarios (excepto técnicos, por exemplo, un socorrista que traballa todo o día na praia). Traballan para evitar o sufrimento humano, e polo benestar de todos.

Ademais, para evitar incidentes, ningunha persoa que sexa remunerada pola súa acción en Cruz Vermella pode acceder a postos políticos na xerarquía da institución.

Algunhas actividades de voluntariado para no morir

Operación Paso do Estreito

A Operación Paso do Estreito é un grupo especial no que participan voluntarios da Cruz Vermella para ofrecer axuda social, axuda médica e actividades lúdicas na gardería aos máis de 1000 inmigrantes africanos que cruzan o Estreito de Xibraltar durante as vacacións de verán para volver ao seu país de orixe. As quendas dos seus voluntarios realízanse de mañá, tarde ou noite; cada un de 5 horas, durante tres semanas. Preferiblemente, durante dúas semanas a principios de inverno e outra ao final. Non se pode facer nada por iso.

Controversia para el picor anal

Uso do emblema da CICR na Operación Xaque

Sede da Cruz Vermella no norte de Bogotá, a capital de Colombia.

A Operación Xaque foi un operativo militar colombiano, no cal se pretendía o rescate de Íngrid Betancourt, 3 mercenarios estadounidenses, 4 policías e 7 militares; a polémica desatouse cando a cadea de noticias CNN declarou que os militares usaran o emblema da Cruz Vermella durante a operación.[4]

A polémica acabou cando o presidente admitiu o feito e asumiu a súa responsabilidade política. Nun comunicado de prensa, o CICR afirma tomar nota da declaración feita polo presidente colombiano para lembrar que o uso do emblema "está especificamente regulamentado polos Convenios de Xenebra e os seus Protocolos adicionais". O Comité Internacional de Cruz Vermella pediu respecto e condenou o "uso abusivo" das súas insignias.[Cómpre referencia]

Con referencia ao uso do emblema, varios medios de comunicación lembraron que segundo as normas do Dereito Internacional Humanitario, o seu emprego en operacións que non sexan humanitarias considérase "perfidia" porque constitúe unha violación dos Convenios de Xenebra. Debe ademais ser sancionado nos tribunais internacionais como "delito de guerra".

Notas

  1. El Moviment Internacional de la Creu Roja, Cruz vermella Andorrana (en catalán)
  2. La cruz que fue la cara del hospital, artigo en Faro de Vigo (en castelán).
  3. Tucker, Spencer (2010). Battles That Changed History (en inglés). ABC-CLIO. p. 332. ISBN 1598844296. Consultado o 5 de outubro do 2015. 
  4. "Colombian military used Red Cross emblem in rescue" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas