Guillerme IX de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
* [[Guillerme X de Aquitania]] ([[1099]] - [[1137]]), derradeiro [[Ducado de Aquitania|duque de Aquitania]];
* [[Guillerme X de Aquitania]] ([[1099]] - [[1137]]), derradeiro [[Ducado de Aquitania|duque de Aquitania]];
* [[Raimundo de Poitiers]] (ca. [[1115]]- [[1149]]), polo seu matrimonio con [[Constanza de Antioquía|Constanza]], [[Principado de Antioquía|Príncipe consorte de Antioquía]].
* [[Raimundo de Poitiers]] (ca. [[1115]]- [[1149]]), polo seu matrimonio con [[Constanza de Antioquía|Constanza]], [[Principado de Antioquía|Príncipe consorte de Antioquía]].

=== Obra literaria ===
Guillerme de Aquitania é o primeiro poeta de nome coñecido nas literaturas [[linguas románicas|románicas]]. Consérvanse 11 poemas seus, nos que a temática amorosa é tratada ás veces con gran crueza: autodenominábase «trichador de dòmnas», alardeaba das súas proezas sexuais e moitos dos seus poemas están adicados á súa amante, '''Maubergeonne''', á que chama ''a Perigosa''. Noutra composición, pide ós seus cabaleiros que o axuden a escoller cabalo:

{{cita|Cabaleiros, aconselládeme nesta dúbida:
-nunca escoller me foi tan difícil-:
Non sei se quedar coa (dama) Agnes ou coa (dama) Arsen) |col2=Cavalier, datz mi cosselh d'un pessamen:
-Anc mays no fuy issaratz de cauzimen- :
Res non sai ab qual me tengua, de n'Agnes o de n'Arsen.}}

Noutros poemas, amosa unha sensibilidade moi diferente:<ref> [http://www.youtube.com/watch?v=n2lEGjnXT4k POS DE CHANTAR M'ES PRES TALENZ- Guilhem de Peitieu (1071 - 1126)]</ref>

{{cita|Coa dozura da primavera
ferven os bosques e os paxaros cantan
cada un no seu latín
segundo o ritmo do novo canto:
así convén que cada un se alegre
no que máis desexa.|col2=Ab la doussor del temps novel
folhon li bosc e li auzel
chanton chascus en lor lati
segon lo vers del novel chan:
adonc esta ben qu'om s'aizi
d'aisso dont om a plus talan.)}}

Acolleu na súa corte ó [[bardo]] [[Pobo galés|galés]] [[Blédri ap Davidor]], quen introduciu nas literaturas románicas a lenda celta de [[Tristán e Isolda]].

== Notas ==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2018 ás 09:00

Guillerme de Poitiers (Bibliothèque Nationale, MS cod. fr. 12473)

Guillerme de Poitiers (en occitano: Guilhem de Peiteus), coñecido tamén como Guillerme IX de Aquitania ou Guillerme o Trobador (en francés: Guillaume le Troubadour), nado o 22 de outubro de 1071 e finado o 10 de febreiro de 1126, foi un nobre francés, noveno duque de Aquitania, sétimo conde de Poitiers e primeiro dos trobadores en lingua provenzal do que se ten noticia.

Traxectoria

Naceu en 1071, fillo de Guillerme VIII de Aquitania e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque Roberto I de Borgoña. Cando faleceu o seu pai en 1086, herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de Francia, de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na Primeira Cruzada trala caída de Xerusalén. Sostivo varias guerras contra os condes de Tolosa. Foi excomulgado en dúas ocasións, unha delas por abandonar á súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller a súa vasallo o vizconde de Châtellerault. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a Afonso I o Batallador, o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o reino de Valencia. A vinculación de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con Pedro I de Aragón, o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán Ramiro II o Monxe, o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.

Descendencia

Do seu matrimonio con Filipa de Tolosa tivo os seguintes fillos:

Obra literaria

Guillerme de Aquitania é o primeiro poeta de nome coñecido nas literaturas románicas. Consérvanse 11 poemas seus, nos que a temática amorosa é tratada ás veces con gran crueza: autodenominábase «trichador de dòmnas», alardeaba das súas proezas sexuais e moitos dos seus poemas están adicados á súa amante, Maubergeonne, á que chama a Perigosa. Noutra composición, pide ós seus cabaleiros que o axuden a escoller cabalo:

Cabaleiros, aconselládeme nesta dúbida:
-nunca escoller me foi tan difícil-:
Non sei se quedar coa (dama) Agnes ou coa (dama) Arsen)
Cavalier, datz mi cosselh d'un pessamen:
-Anc mays no fuy issaratz de cauzimen- :
Res non sai ab qual me tengua, de n'Agnes o de n'Arsen.

Noutros poemas, amosa unha sensibilidade moi diferente:[1]

Coa dozura da primavera
ferven os bosques e os paxaros cantan
cada un no seu latín
segundo o ritmo do novo canto:
así convén que cada un se alegre
no que máis desexa.
Ab la doussor del temps novel
folhon li bosc e li auzel
chanton chascus en lor lati
segon lo vers del novel chan:
adonc esta ben qu'om s'aizi
d'aisso dont om a plus talan.)

Acolleu na súa corte ó bardo galés Blédri ap Davidor, quen introduciu nas literaturas románicas a lenda celta de Tristán e Isolda.

Notas

Véxase tamén