Cabo Cañaveral: Diferenzas entre revisións
m Máis info |
m →Complexos de lanzamento: Arranxos |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Na zona existen ou existiron os seguintes complexos de lanzamento (''Launch Complex'', LC): |
Na zona existen ou existiron os seguintes complexos de lanzamento (''Launch Complex'', LC): |
||
*'''LC3''': usado para lanzar foguetes [[X-17]], [[V-2]], [[Polaris (mísil)|Polaris]] e [[Bomarc]]. Púxose en marcha o 3 de novembro de 1951 e a mesma zona fora usada para o primeiro lanzamento de importancia desde o Cabo, o [[Bumper 8]], o 24 de xullo de 1950. Despois de abril de 1960 o complexo acolleu un área de soporte médico para o [[proxecto Mercury]], e máis tarde, entre 1983 e 1989, un programa de [[ |
*'''LC3''': usado para lanzar foguetes [[X-17]], [[V-2]], [[Polaris (mísil)|Polaris]] e [[Bomarc]]. Púxose en marcha o 3 de novembro de 1951 e a mesma zona fora usada para o primeiro lanzamento de importancia desde o Cabo, o [[Bumper 8]], o 24 de xullo de 1950. Despois de abril de 1960 o complexo acolleu un área de soporte médico para o [[proxecto Mercury]], e máis tarde, entre 1983 e 1989, un programa de [[aeróstato]]s. |
||
*'''LC4''': usado para foguetes [[Redstone (mísil)|Redstone]], [[Matador (mísil)|Matador]] e Bomarc. Comezou as súas actividades en 1952. Acolleu tamén instalacións médicas para o proxecto Mercury e un programa de |
*'''LC4''': usado para foguetes [[Redstone (mísil)|Redstone]], [[Matador (mísil)|Matador]] e Bomarc. Comezou as súas actividades en 1952. Acolleu tamén instalacións médicas para o proxecto Mercury e un programa de aeróstatos nos anos 1980. |
||
*'''LC2''': utilizado para o lanzamento de mísiles [[Snark (mísil)|Snark]] ata decembro de 1960. Posto en marcha en 1953. A plataforma servíu como [[heliporto]] para o proxecto Mercury. |
*'''LC2''': utilizado para o lanzamento de mísiles [[Snark (mísil)|Snark]] ata decembro de 1960. Posto en marcha en 1953. A plataforma servíu como [[heliporto]] para o proxecto Mercury. |
||
*'''LC6''': sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Desde |
*'''LC6''': sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Desde el lanzáronse varias misións dos programas [[Programa Pioneer|Pioneer]] e [[Programa Explorer|Explorer]]. |
||
*'''LC5''': sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Tamén desde aquí se lanzaron misións dos programas Pioneer e Explorer e os voos suborbitais Mercury-Redstone. O 31 de xaneiro de 1964 os complexos 5 e 6 reasignáronse para ser parte do [[Museo do Espazo da USAF]]. |
*'''LC5''': sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Tamén desde aquí se lanzaron misións dos programas Pioneer e Explorer e os voos suborbitais Mercury-Redstone. O 31 de xaneiro de 1964 os complexos 5 e 6 reasignáronse para ser parte do [[Museo do Espazo da USAF]]. |
||
*'''LC9''': complexo de lanzamento para mísiles [[Navaho (mísil)|Navaho]]. Tanto este como o LC10 foron demolidos en 1959 para deixar sitio para os LC31 e LC32. |
*'''LC9''': complexo de lanzamento para mísiles [[Navaho (mísil)|Navaho]]. Tanto este como o LC10 foron demolidos en 1959 para deixar sitio para os LC31 e LC32. |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
*'''LC17B''': complexo de lanzamento para foguetes [[Delta (foguete)|Delta]] e [[Thor (foguete)|Thor]]. |
*'''LC17B''': complexo de lanzamento para foguetes [[Delta (foguete)|Delta]] e [[Thor (foguete)|Thor]]. |
||
*'''LC14A''': sitio para o lanzamento de foguetes [[Atlas (foguete)|Atlas]]. Foi posto en marcha entre 1957 e 1958 e foi construído orixinalmente para o programa de mísiles balísticos Atlas. Despois do seu uso como complexo de mísiles foi usado para lanzar foguetes [[Atlas-Agena]]. Xunto cos complexos 11 e 12, foi desactivado en 1967. |
*'''LC14A''': sitio para o lanzamento de foguetes [[Atlas (foguete)|Atlas]]. Foi posto en marcha entre 1957 e 1958 e foi construído orixinalmente para o programa de mísiles balísticos Atlas. Despois do seu uso como complexo de mísiles foi usado para lanzar foguetes [[Atlas-Agena]]. Xunto cos complexos 11 e 12, foi desactivado en 1967. |
||
*'''LC1''': usado para mísiles Snark. A plataforma servíu como [[heliporto]] para o proxecto Mercury e nos anos 1980 foi usado como zona de probas para |
*'''LC1''': usado para mísiles Snark. A plataforma servíu como [[heliporto]] para o proxecto Mercury e nos anos 1980 foi usado como zona de probas para aeróstatos. |
||
*'''LC26A''': sitio de lanzamento de foguetes [[Redstone]], Jupiter, [[Jupiter C]] e [[Juno II]]. |
*'''LC26A''': sitio de lanzamento de foguetes [[Redstone]], Jupiter, [[Jupiter C]] e [[Juno II]]. |
||
*'''LC17A''': usado para lanzar foguetes Delta. |
*'''LC17A''': usado para lanzar foguetes Delta. |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 23:24
Coordenadas: 28°28′N 80°32′O / 28.467, -80.533
O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral ) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.
Historia
Foi achado pola expedición liderada polo explorador e conquistador español Juan Ponce de León cando descubriron Florida en 1513.
A súa actividade como base de lanzamento para mísiles comezou o 24 de xullo de 1950 experimentando con foguetes V-2 modificados. O lugar era ideal porque os lanzamentos realizábanse en dirección leste e os mísiles podían así ser seguidos con facilidade no seu ascenso e caer no mar sen causar ningún dano.
No presente, o promontorio areoso está salpicado de ducias de ramplas de lanzamento e conta cunha tupida rede de estradas que o unen cos diversos laboratorios e centros de control. A área está controlada en parte pola NASA, o organismo espacial estadounidense que se ocupa dos programas espaciais civís, e en parte pola USAF, que organiza os militares. Na zona construíronse cerca de 40 complexos de lanzamento, dos cales seis permanecen activos. Entre eles inclúense o Centro Espacial Kennedy, usado pola NASA para lanzar os Saturno V e os transbordadores espaciais, a Base Patrick da Forza Aérea e o Espazoporto Florida.
En 1964 toda a zona é rebautizada Cabo Kennedy, en honra do presidente estadounidense John F. Kennedy asasinado o ano anterior. Con todo, dez anos despois, como consecuencia de múltiples protestas, foi novamente denominado Cabo Cañaveral e o nome de Kennedy só quedou para o centro espacial da NASA.
Complexos de lanzamento
Na zona existen ou existiron os seguintes complexos de lanzamento (Launch Complex, LC):
- LC3: usado para lanzar foguetes X-17, V-2, Polaris e Bomarc. Púxose en marcha o 3 de novembro de 1951 e a mesma zona fora usada para o primeiro lanzamento de importancia desde o Cabo, o Bumper 8, o 24 de xullo de 1950. Despois de abril de 1960 o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury, e máis tarde, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
- LC4: usado para foguetes Redstone, Matador e Bomarc. Comezou as súas actividades en 1952. Acolleu tamén instalacións médicas para o proxecto Mercury e un programa de aeróstatos nos anos 1980.
- LC2: utilizado para o lanzamento de mísiles Snark ata decembro de 1960. Posto en marcha en 1953. A plataforma servíu como heliporto para o proxecto Mercury.
- LC6: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Desde el lanzáronse varias misións dos programas Pioneer e Explorer.
- LC5: sitio de lanzamento para foguetes Redstone e Jupiter. Tamén desde aquí se lanzaron misións dos programas Pioneer e Explorer e os voos suborbitais Mercury-Redstone. O 31 de xaneiro de 1964 os complexos 5 e 6 reasignáronse para ser parte do Museo do Espazo da USAF.
- LC9: complexo de lanzamento para mísiles Navaho. Tanto este como o LC10 foron demolidos en 1959 para deixar sitio para os LC31 e LC32.
- LC18A: sitio de lanzamento para foguetes Viking, Vanguard e Scout. Xunto co LC18B, formaron o complexo de lanzamento 18. Despois do programa Vanguard foi usado para lanzar varios Blue Scout Junior. Foi posto fora de servizo o 1 de febreiro de 1967.
- LC17B: complexo de lanzamento para foguetes Delta e Thor.
- LC14A: sitio para o lanzamento de foguetes Atlas. Foi posto en marcha entre 1957 e 1958 e foi construído orixinalmente para o programa de mísiles balísticos Atlas. Despois do seu uso como complexo de mísiles foi usado para lanzar foguetes Atlas-Agena. Xunto cos complexos 11 e 12, foi desactivado en 1967.
- LC1: usado para mísiles Snark. A plataforma servíu como heliporto para o proxecto Mercury e nos anos 1980 foi usado como zona de probas para aeróstatos.
- LC26A: sitio de lanzamento de foguetes Redstone, Jupiter, Jupiter C e Juno II.
- LC17A: usado para lanzar foguetes Delta.
- LC26B: usado para lanzar foguetes Jupiter.
- LC12: usado para lanzar foguetes Atlas. Usouse para lanzar nove misións Ranger e catro Mariner. Xunto cos complexos 11 e 14, foi desactivado en 1967.
- LC25A: sitio de lanzamento para mísiles X-17 e Polaris. Desmantelado xunto co LC25B en setembro de 1969.
- LC18B: usado para foguetes Scout e Delta. Foi desactivado o 1 de febreiro de 1967.
- LC11: complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
- LC13: complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo Cañaveral |
Bibliografía
- Osborne, Ray (2008). "Images of America: Cape Canaveral". Arcadia Publishing, USA. ISBN 978-0-7385-5327-6.
- Mark Wade (2018). "Cape Canaveral" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018.