Marmota bobak: Diferenzas entre revisións
m Estepa (bioma) |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
== Subespecies == |
== Subespecies == |
||
Coñécense dúas [[subespecies]] de ''Marmota bobak'':<ref> |
Coñécense dúas [[subespecies]] de ''Marmota bobak'':<ref>{{Cita web |url=http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=y&id=12400921 |título=Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed). |data-acceso=01 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121010033141/http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=y&id=12400921 |dataarquivo=10 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> |
||
* ''[[Marmota bobak bobak]]'' |
* ''[[Marmota bobak bobak]]'' |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 09:17
Marmota bobak | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marmotas bobac segundo un debuxo de 1883. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Marmota bobak Müller, 1776 | |||||||||||||||||
Distribución da marmota bobak.[2]
|
A marmota bobak ou marmota das estepas é unha especie de roedor esciuromorfo da familia Sciuridae que habita nas estepas de Ucraína, Rusia e Asia Central. O seu nome procede de baibak, palabra pola que se coñece no seu lugar de orixe.
Distribución
É a única marmota presente en Europa canda a marmota alpina (Marmota marmota). Antano amplamente difundida (chegando até Siberia oriental e os límites de Manchuria), hoxe en día áchase reducida a distintas poboacións illadas en zonas protexidas, froito do intenso arrasamento do seu hábitat natural e da caza indiscriminada. Habita tanto en zonas chás como nas cordilleiras dos Urais, o Hindu Kush e o Himalaia, e a meseta do Tíbet.
Características
É unha especie de pequeno tamaño e formas máis gráciles que as das outras marmotas. O corpo mide 58 centímetros aos que se lle engaden 14,5 cm da cola. A pelaxe é curta e de cor terra, para camuflarse no medio.
Historia natural
Trátase dun animal social que vive en grupos familiares. Estes habitan nun tobo usado durante xeracións, que pode chegar a medir 100 metros de lonxitude e ter até tres entradas distintas, co fin de acceder rapidamente á seguridade do seu interior se aparece algunha ameaza nas zonas circundantes. A profundidade das galerías pode chegar aos 4 metros, conducindo a distintas cámaras de hibernación e cría que se conectan entre si baixo terra. No caso de que penetre nela algún depredador, as marmotas contan con túneles máis finos polos que escapan ao exterior rapidamente. Durante a hibernación, os animais reúnense en grupos de 12 a 15 individuos que se apelotonan para darse calor entre si. Tamén desenvolven unha importante concentración de graxa subcutánea tras atiborrarse de comida durante os tres meses de verán.
A caza humana segue sendo a principal ameaza para esta especie, que non está regulada nos países onde a marmota bobac habita.
Subespecies
Coñécense dúas subespecies de Marmota bobak:[3]
Notas
- ↑ Tsytsulina, K., Zagorodnyuk, I., Formozov, N. & Sheftel, B. (2008). "Marmota bobak. En: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.2" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2010.
- ↑ IUCN (International Union for Conservation of Nature) 2008. Marmota bobak. In: IUCN 2015. The IUCN Red List of Threatened Species. Version 2015.2. http://www.iucnredlist.org. Consultado o 10 de xullo de 2015.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2012.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Marmota bobak |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Marmota bobak |