Bando, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Notas
Liña 31: Liña 31:
=== Lugares de Bando ===
=== Lugares de Bando ===
{{Lp Bando}}
{{Lp Bando}}

=== Parroquias de Santiago de Compostela ===
=== Parroquias de Santiago de Compostela ===
{{Santiago de Compostela}}
{{Santiago de Compostela}}

== Notas ==
{{Listaref|30em}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 31 de maio de 2018 ás 06:38

Bando
Ficheiro:Igrexa de Bando.jpg
Igrexa de Santa Eulalia de Bando.
ConcelloSantiago de Compostela
Coordenadas42°53′37″N 8°29′15″O / 42.8935, -8.4874Coordenadas: 42°53′37″N 8°29′15″O / 42.8935, -8.4874
Área8,35 km²
Poboación976 hab. (2013)
Densidade116,89 hab./km²
Entidades de poboación7
editar datos en Wikidata ]

Santa Eulalia de Bando é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 976 habitantes (529 mulleres e 447 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 022 habitantes.

Xeografía

É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. É nesta parroquia onde nace o río Sar.

Na parroquia de Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia, da Radio Galega e o refuxio municipal de animais.

Historia

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[1]:

BANDO (STA. EULALIA DE): freg. na prov. d'A Coruña (10 leg.), dióc. e part. xud. de Santiago (1), e conc. de Conxo: SIT. a un lado do camiño carreteiro de Lugo a Santiago nunha chaira ben ventilada, o seu CLIMA é temperado e san; comprende os l. de Bando de Abaixo, Bando de Arriba, Pousada e Godos, San Marcos e Zaramacedo, que reúnen 29 CASAS de pouca altura e mesquiña distribución interior. A igr. parr. (Sata. Eulalia), está servida por 1 curato de oposición, que se provía polo extinguido monast. benitiño de San Martiño da c. de Santiago; o cemiterio atópase no adro da igr., pero non prexudica á saúde pública; o TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e pouco menos L. ao O.: confina polo N. con San Paio de Sabugueira; ao L. con Santa Baia de Vigo e Santa María de Lamas; polo S. con San Martiño de Aríns; e polo O. con San Fiz de Fóra de Santiago; o TERREO participa de monte escaso de arboredo, e de 70 fan. destinadas ao cultivo, e fertilizadas por 2 regatos que deben a súa orixe ás fontes que nacen no mesmo termo; os CAMIÑOS son locais e maos, pero ligan co que dixemos cruza de Lugo a Santiago; na adm. desta c. recibe o CORREO tres veces á semana; PROD.: trigo, maínzo, patacas, poucos legumes, combustible e pastos; cría gando vacún, lanar, cabalar e de cerda; e caza de perdices, lebres, coellos, xabarís, lobos e raposos; IND.: a agrícola, 4 muíños fariñeiros e o carboneo; concorren co sobrante das súas colleitas, a caza, carbón e leña aos mercados de Santiago; POBL.: 28 vec., 170 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).

Patrimonio

Na freguesía de Bando destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.

É de importancia crucial no urbanismo e na historia da parroquia o paso através dela do Camiño de Santiago nunha das súas últimas partes. É no Monte do Gozo, situado no lugar de San Marcos, desde onde tradicionalmente se podía enxergar por vez primeira, no camiño francés, as torres da catedral. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos e mesmo un auditorio ao aire libre onde tiveron lugar importantes concertos.

Lugares e parroquias

Lugares de Bando

Lugares da parroquia de Bando no concello de Santiago de Compostela

Bando de Abaixo | Bando de Arriba | O Castro | Pousada | San Marcos | Zaramacedo


Parroquias de Santiago de Compostela

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos