Igrexas ortodoxas orientais: Diferenzas entre revisións
m Igrexa (comunidade) |
m →Historia: Colocación do pronome |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
==Historia== |
==Historia== |
||
[[Ficheiro:StAnthony.jpg|miniatura|right|Icona copta de santo [[Antón Abade]].]] |
[[Ficheiro:StAnthony.jpg|miniatura|right|Icona copta de santo [[Antón Abade]].]] |
||
A ortodoxia oriental separouse do resto da Igrexa por diferenzas terminolóxicas [[cristoloxía|cristolóxicas]]. O Primeiro Concilio de Nicea declarara que Xesús Cristo é [[Deus no cristianismo|Deus]], é dicir, "consubstancial" co [[Deus Pai|Pai]]; e o Primeiro Concilio de Éfeso que Xesús, malia seren verdadeiramente divino e humano, é un único ser persoal ([[unión hipostática]]). Vinte anos logo de Éfeso, o [[Concilio de Calcedonia]] declarou que Xesús é unha persoa en dúas naturezas completas, a humana e a divina. Aqueles que |
A ortodoxia oriental separouse do resto da Igrexa por diferenzas terminolóxicas [[cristoloxía|cristolóxicas]]. O Primeiro Concilio de Nicea declarara que Xesús Cristo é [[Deus no cristianismo|Deus]], é dicir, "consubstancial" co [[Deus Pai|Pai]]; e o Primeiro Concilio de Éfeso que Xesús, malia seren verdadeiramente divino e humano, é un único ser persoal ([[unión hipostática]]). Vinte anos logo de Éfeso, o [[Concilio de Calcedonia]] declarou que Xesús é unha persoa en dúas naturezas completas, a humana e a divina. Aqueles que se opuxeron á declaración de Calcedonia sostiñan unha doutrina semellante ao [[nestorianismo]], condenado en Éfeso, segundo a cal Cristo era dous seres distintos, un divino (o Logos) e outro humano (Xesús). |
||
==Distribución xeográfica== |
==Distribución xeográfica== |
Revisión como estaba o 13 de maio de 2018 ás 18:56
As Igrexas ortodoxas orientais son aquelas Igrexas cristiás orientais que aceptan tan só os tres primeiros concilios ecuménicos (Primeiro Concilio de Nicea, Primeiro Concilio de Constantinopla e Primeiro Concilio de Éfeso). Rexeitaron as definicións dogmáticas do Concilio de Calcedonia do 451. Tamén son coñecidas como igrexas orientais antigas, miafisitas ou non calcedonianas; e descritas tanto polo cristianismo occidental como pola Igrexa Ortodoxa como igrexas monofisitas (aínda que elas mesmas rexeitan esta descrición como inexacta, por ter rexeitado as ensinanzas de Nestorio e Eutiques).[1] Estas igrexas están en plena comuñón entre elas, aínda que son totalmente independentes.
Non se debe confundir ás igrexas ortodoxas orientais coas diferentes igrexas ortodoxas. A comuñón ortodoxa oriental abrangue seis igrexas: a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Ortodoxa Etíope, a Igrexa Ortodoxa Eritrea, a Igrexa Ortodoxa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Siria Malankara e a Igrexa Apostólica Armenia.[2] Estas igrexas, malia estar en comuñón entre elas, son xerárquicamente independentes.
Historia
A ortodoxia oriental separouse do resto da Igrexa por diferenzas terminolóxicas cristolóxicas. O Primeiro Concilio de Nicea declarara que Xesús Cristo é Deus, é dicir, "consubstancial" co Pai; e o Primeiro Concilio de Éfeso que Xesús, malia seren verdadeiramente divino e humano, é un único ser persoal (unión hipostática). Vinte anos logo de Éfeso, o Concilio de Calcedonia declarou que Xesús é unha persoa en dúas naturezas completas, a humana e a divina. Aqueles que se opuxeron á declaración de Calcedonia sostiñan unha doutrina semellante ao nestorianismo, condenado en Éfeso, segundo a cal Cristo era dous seres distintos, un divino (o Logos) e outro humano (Xesús).
Distribución xeográfica
A ortodoxia oriental é a relixión dominante en Armenia (94%), a República de Nagorno-Karabakh (95%) e, en Etiopía (43%), especialmente en dúas rexións: rexión de Amhara (82%) e rexión de Tigray (96%), así como na cidade de Adís Abeba (75%).[3] É tamén unha das dúas relixións dominantes en Eritrea (50%).
Constitúe unha minoría en Exipto (9%),[4] Sudán (3–5% do 15% de cristiáns), Siria (2–3% do 10% de cristiáns), Líbano (10% do 40% de cristiáns) e Kerala, India (7% do 20% de cristiáns en Kerala).[5] En termos do número total de membros, a Igrexa Etíope é a maior de todas elas.
As igrexas
- Igrexa Apostólica Armenia
- Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría
- Igrexas autónomas: Igrexa Ortodoxa Británica e Igrexa Ortodoxa Copta Francesa
- Igrexa Ortodoxa Eritrea, Igrexa Ortodoxa Eritrea Tewahedo ou Igrexa Eritrea Tewahedo
- Igrexa Ortodoxa Etíope, Igrexa Ortodoxa Etíope Tewahedo ou Igrexa Etíope Tewahedo
- Igrexa Ortodoxa Siríaca
- Igrexa Ortodoxa Siria Malankara
Notas e referencias
- ↑ Davis, SI, Leo Donald (1990). Michael Glazier/Liturgical Press, ed. The First Seven Ecumenical Councils (325-787): Their History and Theology (Theology and Life Series 21). Collegeville, MN. p. 342. ISBN 978-0-8146-5616-7.
- ↑ Oriental Orthodox Churches
- ↑ Ethiopia: 2007 Census
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook: Egypt".
- ↑ "Church in India - Syrian Orthodox Church of India - Roman Catholic Church - Protestant Churches in India". Syrianchurch.org.