Xoán Cuveiro Piñol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
'''Xoán Cuveiro Piñol''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[28 de maio]] de [[1821]] e finado en [[Valladolid]] o [[13 de maio]] de [[1906]]<ref>Necrolóxica en ''[[El Norte de Galicia]]'', 26-7-1906, p. 1.</ref>, foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].
'''Xoán Cuveiro Piñol''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[28 de maio]] de [[1821]] e finado en [[Valladolid]] o [[13 de maio]] de [[1906]]<ref>Necrolóxica en ''[[El Norte de Galicia]]'', 26-7-1906, p. 1.</ref>, foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].



Revisión como estaba o 14 de abril de 2018 ás 20:38

Infotaula de personaXoán Cuveiro Piñol
Biografía
Nacemento28 de maio de 1821 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1906 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , funcionario , militar , libreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Galiciana: 34409

Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906[1], foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria

Militou no Partido Progresista e participou na revolución de 1846, polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en Valladolid e Pontevedra, onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.

Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).

Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas Las Musas del Lérez, El Libre Pontevedrés e El Progreso, colaborou en A Monteira e Revista Gallega e nas pontevedresas El Circulador, La Distracción, El Vociclero, La Opinión e La Revista.

Notas

  1. Necrolóxica en El Norte de Galicia, 26-7-1906, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía