Niki: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m actualizo
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 85: Liña 85:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.flyniki.com/ Páxina da aeroliña]
* [http://www.flyniki.com/ Páxina da aeroliña]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Aeroliñas de Austria]]
[[Categoría:Aeroliñas de Austria]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2018 ás 13:29

Niki
IATA
HG
OACI
NLY
Indicativo
NIKI
Fundación2003
Fin das operacións14 de decembro de 2017
AlianzaOneworld (afiliada)
Frota23
Destinos50
HoldingVueling
Eslogan da compañíaThe Passenger Comes First
SedeSchwechat, Austria
Páxina web: http://www.flyniki.com/

Niki (tamén escrito como NIKI ou flyNiki, oficialmente NIKI Luftfahrt GmbH) é unha aeroliña austríaca subsidiaria de Air Berlin. Tiña a súa sede en Office Park I no Aeroporto de Viena-Schwechat. Niki operaba servizos regulares a cidades europeas e destinos de ocio ademais de voos chárter dende Viena, Salzburgo, Graz, Linz e Innsbruck. Niki cesou todas as súas operacións o 14 de decembro de 2017.[1] O 29 de decembro dese mesmo ano anunciouse que IAG mercara partes de Niki por 20 millóns de euros, incluídos 15 avións Airbus A320 e algúns dereitos de aterraxe. A aeroliña integrarase en Vueling aínda que seguirá estando rexistrada en Austria.[2]

Historia

No ano 2003 Niki Lauda, ex-piloto de Fórmula 1 e fundador de Lauda Air, mercou as operacións de Aero Lloyd Austria. A aeroliña comezaría a voar o 28 de novembro dese mesmo ano.

O 9 de xaneiro de 2004 Niki anunciou a súa cooperación con Air Berlin. A finais de 2011 a aeroliña fusionouse completamente con esta, compartindo operacións, sistemas de reserva e avións. Dende o 20 de marzo de 2012 Niki é un membro afiliado da alianza Oneworld como compañía subsidiaria de Air Berlin.[3] Dende finais dese ano Niki foi repintando os seus avións coa librea de Air Berlin, usando só o seu logo no nariz.

En outubro de 2014 Niki anunciou a cancelación dos seus voos dende Viena ata Copenhague, Moscova e Frankfurt debido á baixada da demanda. No seu lugar en verán de 2015 abriranse novas rutas máis rendibles cara a destinos de ocio.[4]

Aínda que ás veces descríbese a Niki como unha aeroliña de baixo custo, esta proporciona servizos plenos, como refrixerios gratuítos, prensa e equipaxe. Ofrece un bocadillo ou un aperitivo frío, refrescos, té e café en todos os seus voos de curta distancia, ademais de nos voos chárter a Grecia, Tunisia e Turquía. Nos voos chárter de media distancia ás illas Canarias e Exipto a todos os pasaxeiros se lles proporciona un aperitivo quente. Tamén poden encargarse menús de gourmet de Demel antes do voo. Tamén teñen servizo de compra a bordo dos avións.[5]

Frota

En decembro de 2014 frota de Niki estaba formada polos seguintes avións:[6]

Frota de Niki
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 5 150
Airbus A320-200 11 2 180 Un avión con Sharklets
Airbus A321-200 4 212
Embraer 190 7 112 Vendidos a Helvetic Airways
Total 22 7

Notas

  1. Austrian Aviation (ed.). "Grounding für Niki". Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. Aviation24.be (ed.). "IAG buys Niki for €20 million and will integrate it as a new Austrian Vueling subsidiary". Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  3. Niki (ed.). "Sobre nós". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  4. Austrian Aviation (ed.). "Niki: Air Berlin bestätigt Streckenstreichungen". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  5. Niki (ed.). "Servizos a bordo". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  6. Planespotters (ed.). "Frota de Niki". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas