Vilancico: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Johansen Viggo - Radosne Boże Narodzenie.jpg|miniatura|dereita|300px|''Feliz Nadal'', obra de Johansen Viggo]] |
[[Ficheiro:Johansen Viggo - Radosne Boże Narodzenie.jpg|miniatura|dereita|300px|''Feliz Nadal'', obra de Johansen Viggo.]] |
||
O '''vilancico''' |
O '''vilancico'''<ref>{{DRAG|vilancico}}</ref> ou '''panxoliña''' é un subxénero da [[lírica]] consistente nunha cancionciña de corte popular, de [[métrica]] moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de [[estrofa]]s iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de [[Nadal]] [[Galicia|galegos]], escritos e cantados en toda a [[Península Ibérica]] durante os [[Séculos Escuros]]. |
||
[[Carlos Villanueva Abelairas]], profesor da [[Universidade de Santiago]] e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre [[panxoliña]]s e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no [[século XV]] e [[século XVI|XVI]], non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno [[Xesús de Nazaret|Xesús]] e ao portal dos Reis. |
[[Carlos Villanueva Abelairas]], profesor da [[Universidade de Santiago]] e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre [[panxoliña]]s e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no [[século XV]] e [[século XVI|XVI]], non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno [[Xesús de Nazaret|Xesús]] e ao portal dos Reis. |
||
Liña 22: | Liña 23: | ||
:''qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,'' |
:''qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,'' |
||
:''satisfaréivo-la curiosidá. (...)'' |
:''satisfaréivo-la curiosidá. (...)'' |
||
==Notas== |
|||
{{listaref}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
* Alén, |
* {{Versaleta|[[Pilar Alén|Alén, P.]]}} (1997): ''Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos''. Ed.. A Nosa Terra. |
||
* [[Carlos Villanueva Abelairas|Villanueva, |
* {{Versaleta|[[Carlos Villanueva Abelairas|Villanueva Abelairas, C.]]}} (1994): ''Los Villancicos gallegos''. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2017 ás 20:52
O vilancico[1] ou panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península Ibérica durante os Séculos Escuros.
Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.
Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.
Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.
Un exemplo de vilancico galego:
- Vinde, vinde, vinde, vinde,
- vinde, vinde, nosas queridiñas,
- vinde, vinde, vinde, vinde,
- veréde-lo neno das mil marabillas.
- ¡Ai, que bunito, que lindo é!
- ¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!
- ¡Ai, que olliños! Son dúas estrelas;
- non se viu tal no noso lugar.
- Espertou rindo. Dixo: queridiñas,
- calade, calade, calade, calá;
- qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,
- satisfaréivo-la curiosidá. (...)
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vilancico.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alén, P. (1997): Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Ed.. A Nosa Terra.
- Villanueva Abelairas, C. (1994): Los Villancicos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.