Segismundo Moret: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m (GR) File renamed: File:Moret1881.pngFile:Segismundo Moret 1881.png File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describes what the image particularly...
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Moret1881.png|miniatura|Don Segismundo Moret y Prendergast]]
[[Ficheiro:Segismundo Moret 1881.png|miniatura|Don Segismundo Moret y Prendergast]]
'''Segismundo Moret y Prendergast''', nado en [[Cádiz]] o [[2 de xuño]] de [[1833]] e finado en [[Madrid]] o [[28 de xaneiro]] de [[1913]], foi un político e literato español, ministro en varias ocasións, e tres veces [[Lista de Presidentes de España|presidente do goberno]] por breve tempo: '''1905-1906''', de novo en '''1906''', e en '''1909-1910'''.
'''Segismundo Moret y Prendergast''', nado en [[Cádiz]] o [[2 de xuño]] de [[1833]] e finado en [[Madrid]] o [[28 de xaneiro]] de [[1913]], foi un político e literato español, ministro en varias ocasións, e tres veces [[Lista de Presidentes de España|presidente do goberno]] por breve tempo: '''1905-1906''', de novo en '''1906''', e en '''1909-1910'''.



Revisión como estaba o 23 de setembro de 2017 ás 12:08

Don Segismundo Moret y Prendergast

Segismundo Moret y Prendergast, nado en Cádiz o 2 de xuño de 1833 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 1913, foi un político e literato español, ministro en varias ocasións, e tres veces presidente do goberno por breve tempo: 1905-1906, de novo en 1906, e en 1909-1910.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e, alí, obtivo primeiro a cátedra de Economía Política e posteriormente a de Institucións de Facenda, que conseguiría en propiedade en 1858[1].

En 1863 foi elixido deputado independente por Almadén (Cidade Real), escano ó que renunciaría ó pouco tempo. Tras o triunfo da Revolución Gloriosa foi novamente elixido en 1868. Colaborou na redacción da Constitución española de 1869.

Foi nomeado Ministro de Ultramar polo Xeneral Juan Prim (1870) mostrándose favorable á abolición da escravitude e á creación dun texto constitucional para Porto Rico. Do 2 de decembro de 1870 ó 10 de xullo de 1871 fíxose cargo con carácter interino do Ministerio de Facenda.

Destinado como embaixador a Londres en 1871 non retornará ata 1873. En 1875 funda o Partido Democrático Monárquico, que en 1882 se fusionou en Izquierda Dinástica e, posteriormente, rematou dentro do Partido Liberal de Sagasta[2].

Foi nomeado en 1883 Ministro da Gobernación baixo o goberno liberal de José Posada Herrera, creando a Comisión de Reformas Sociais. Xa como integrante do Partido Liberal Fusionista, colaborará con Práxedes Mateo Sagasta ocupando as carteiras de Ministro de Estado (1885-1888), Gobernación (1888, 1901 e 1902), Fomento (1892), Estado (1892 e 1894) e Ultramar (1897-1898). Morto Sagasta, participou nas loitas pola dirección do partido.

Como ministro de Ultramar decretou en 1897 a autonomía de Cuba e Porto Rico, nun van intento de impedir a emancipación das dúas colonias.

En 1902 colabora na creación do Instituto de Reformas Sociais, embrión do futuro Ministerio de Traballo.

O 1 de decembro de 1905, tras a dimisión de Montero Ríos, encárgase por fin da xefatura do goberno (1905-1906). Fixo aprobar a Lei de xurisdicións, que conseguiu satisfacer os militares descontentos despois dos feitos do ¡Cu-cut!. O atentado de Mateu Morral contra Alfonso XIII (maio de 1906) vaino obrigar a dimitir en xullo ó non contar con maioría suficiente nas Cortes. Volveu a desempeñar brevemente o cargo do 30 de novembro ó 4 de decembro do mesmo ano.

Tras a caída de Antonio Maura a raíz da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, conseguirá a presidencia do goberno por última vez ó tempo que desempeñaba a carteira de Gobernación, pero terá que dimitir novamente ó non conseguir a disolución das Cortes para obter unha maioría que apoiase o seu proxecto. Será substituído por Canalejas en 1910.

En 1912, cando Canalejas foi asasinado, o goberno de Romanones elixiuno como presidente do Congreso dos Deputados, cargo que desempeñou deica a súa morte. Finou en Madrid en 28 xaneiro de 1913. Foi nomeado, postumamente, Marqués de Moret.


Predecesor:
Eugenio Montero Ríos
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1905 - 1906
Sucesor:
José López Domínguez
Predecesor:
José López Domínguez
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1906
Sucesor:
Antonio Aguilar Correa
Predecesor:
Antonio Maura Montaner
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1909 - 1910
Sucesor:
José Canalejas Méndez

Obra literaria

É autor de numerosas obras e estudos.

Curiosidades

O 3 de marzo de 1906 comezou o derrubamento das murallas de Cádiz co fin de paliar a crise obreira. A primeira pedra do desmonte foi destinada ó monumento ó ilustre gaditano Segismundo Moret.

Notas

  1. "La Izquierda Dinástica de Segismundo Moret". España mi natura; Italia mi ventura; Flandes mi sepultura. Consultado o 04-09-2017. 
  2. Montagut Contreras, Eduardo. "El Partido Liberal en la Restauración"andalan.es. Consultado o 04-09-2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Ferrera, Carlos (2002) La frontera democrática del liberalismo: Segismundo Moret (1838-1913). Madrid: Biblioteca Nueva.

Ligazóns externas