Bruxaría: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no [[Diabo|Diaño]], especialmente durante a [[Idade Moderna]], en que se desatou en [[Europa]] unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «[[caza de bruxas]]»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da [[fertilidade]], aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha gran importancia no [[folclore]] de moitas [[Cultura|culturas]], e forman parte da [[cultura popular]]. |
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no [[Diabo|Diaño]], especialmente durante a [[Idade Moderna]], en que se desatou en [[Europa]] unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «[[caza de bruxas]]»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da [[fertilidade]], aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha gran importancia no [[folclore]] de moitas [[Cultura|culturas]], e forman parte da [[cultura popular]]. |
||
Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o [[século XX]] o termo foi reivindicado por [[Seita|seitas]] [[Ocultismo|ocultistas]] e [[Neopaganismo|relixións neopagás]], como a [[Wicca]], para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica ([[maxia]] branca), ou ben ós adeptos dunha determinada [[ |
Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o [[século XX]] o termo foi reivindicado por [[Seita|seitas]] [[Ocultismo|ocultistas]] e [[Neopaganismo|relixións neopagás]], como a [[Wicca]], para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica ([[maxia]] branca), ou ben ós adeptos dunha determinada [[relixión]]. É considerada a bruxaría, unha forma de espiritismo. |
||
Un uso máis extenso do termo emprégase para designar, en determinadas sociedades, ós [[Mago|magos]] ou [[Xamanismo|xamáns]]. |
Un uso máis extenso do termo emprégase para designar, en determinadas sociedades, ós [[Mago|magos]] ou [[Xamanismo|xamáns]]. |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 17 de xullo de 2017 ás 13:52
Bruxaría é o grupo de crenzas, coñecementos prácticos e actividades atribuídos a certas persoas chamadas meigas (existe tamén a forma masculina, bruxos, aínda que é menos frecuente) que están supostamente dotadas de certas habilidades máxicas que empregan coa finalidade de causar dano.
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no Diaño, especialmente durante a Idade Moderna, en que se desatou en Europa unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «caza de bruxas»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da fertilidade, aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha gran importancia no folclore de moitas culturas, e forman parte da cultura popular.
Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o século XX o termo foi reivindicado por seitas ocultistas e relixións neopagás, como a Wicca, para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica (maxia branca), ou ben ós adeptos dunha determinada relixión. É considerada a bruxaría, unha forma de espiritismo.
Un uso máis extenso do termo emprégase para designar, en determinadas sociedades, ós magos ou xamáns.
Historia da bruxaría en Occidente
A Antigüidade clásica
Nas antigas Grecia e Roma, estaba estendida a crenza na maxia. Porén, existía unha clara distinción entre distintos tipos de maxia segundo a súa intención. A maxia benéfica a miúdo realizábase publicamente, era considerada necesaria e mesmo existían funcionarios estatais, como os augures romanos, encargados desta actividade. En troques, a maxia realizada con fins maléficos era perseguida. Atribuíase xeralmente a maxia maléfica a feiticeiras (en latín maleficae), das que hai numerosas mencións en numerosos autores clásicos.
Segundo os textos clásicos, críase destas feiticeiras que tiñan a capacidade de transformarse en animais, que podían voar de noite e que practicaban a maxia tanto en proveito propio como por encargo de terceiras persoas. Dedicábanse preferentemente á maxia erótica, aínda que tamén eran capaces de provocar danos tales como doenzas ou treboadas. Reuníanse de noite, e consideraban como as súas protectoras e invocaban nos seus esconxuros a deusas como Hécate, Selene, Diana entre outras deidades.
Probablemente, as bruxas máis coñecidas da literatura clásica son dous personaxes mitolóxicos, Circe e Medea. As habilidades máxicas de ambas residen sobre todo no seu dominio das apócemas ou filtros máxicos (phármakon, en grego). Medea, que se presenta a si mesma como adoradora de Hécate, converteuse no arquetipo da feiticería nas literaturas grega e romana. Hai mencións de bruxas nas obras de Teócrito, Horacio, Ovidio, Apuleio, Lucano e Petronio, entre moitos outros. Estes autores fan especialmente referencia a bruxas que realizan maxia de tipo erótico.
Relacionada coa crenza grecorromana nas bruxas está a figura da estirxe, un animal nocturno que é metade paxaro metade ser humano que se alimenta de sangue (e que resulta tamén un precedente da moderna figura do vampiro).
Os escritores antigos foron a miúdo escépticos acerca das presuntas facultades das bruxas.