Pupila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Galería de imaxes: Arranxos varios +cda
Liña 31: Liña 31:
Ficheiro:Mydriase prononcée 2006.jpg|Pupila dilatada
Ficheiro:Mydriase prononcée 2006.jpg|Pupila dilatada
</gallery>
</gallery>

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Vista]]
[[Categoría:Vista]]

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 23:48

Pupila
O ollo humano
A pupila é a área central transparente (que é negra). A zona gris/azul envolvente é o iris. A área externa branca é a esclerótica, cuxa parte central transparente é a córnea.
Esquema do ollo humano

A pupila ou, coloquialmente, meniña, é un orificio na parte central do iris para o paso da luz. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que chega á retina, na parte posterior do ollo.

O tamaño da pupila está controlado por dous músculos: o esfínter da pupila péchaa e o dilatador da pupila ábrea.

O reflexo fotomotor da pupila examínase cunha lanterna durante a exploración neurolóxica. Este reflexo, onde participan os nervios craniais II e III, consiste na constrición da pupila como resposta á iluminación. Cando penetra a luz nun ollo, as dúas pupilas se constriñen (reflexo consensual) porque cada retina envía fibras ás pequenas cintas de fibras nerviosas ópticas de ambos os lados. O músculo esfínter da pupila está inervado por fibras parasimpáticas; por iso, a interrupción destas fibras determina unha dilatación da pupila polo efecto desinhibido do músculo dilatador. O primeiro signo de compresión do nervio oculomotor é un reflexo fotomotor lento ipsolateral.

Galería de imaxes