Xoán Vidal Martínez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 3: Liña 3:

== Vida ==
== Vida ==
[[Ficheiro:Placa Vidal Martínez.jpg|miniatura|dereita|200px|Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.]]
[[Ficheiro:Voda de Xoán Vidal Martínez con Aurora Caramés Monteagudo, Salcedo 1933.jpg|miniatura|dereita|175px|Voda de Xoán Vidal Martínez con Aurora Caramés Monteagudo, Salcedo, 1933.]]
Estudou maxisterio e fíxose mestre traballando a prol do ensino en galego con [[Antón Iglesias Vilarelle]]. Colaborou en ''[[La Raza (Pontevedra)|La Raza]]''. Foi cofundador xunto con [[Castelao]] e outros persoeiros do [[Partido Galeguista de Pontevedra]], do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].

Liña 11: Liña 11:

== Obra ==
== Obra ==
[[Ficheiro:Placa Vidal Martínez.jpg|miniatura|dereita|200px|Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.]]
Publicou poemas en ''[[Vida Gallega]]''. Xunto a [[Modesto Bará Álvarez]] fundou a revista ''[[Hebe (revista)|Hebe]]''. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista ''[[Alborada (Pontevedra)|Alborada]]'' e a revista ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'' (1932-33) xunto a [[Xosé María Álvarez Blázquez]].

Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 11:08

Xoán Vidal Martínez, retrato en Vida Gallega, 1927.

Xoán Vidal Martínez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Vida

Voda de Xoán Vidal Martínez con Aurora Caramés Monteagudo, Salcedo, 1933.

Estudou maxisterio e fíxose mestre traballando a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Colaborou en La Raza. Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo Alzamento Nacional foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos de idade.

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Tivo dúas fillas, as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.

Obra

Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.

Publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista Alborada e a revista Cristal (1932-33) xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Ficha en www.poesiagalega.org