Xarampón: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} |
Sen resumo de edición |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Listaref |
{{Listaref}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
{{medicina en progreso}} |
|||
[[Categoría:Doenzas]] |
[[Categoría:Doenzas]] |
Revisión como estaba o 17 de abril de 2017 ás 21:21
Xarampón | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Neno de catro anos con xarampón. | |
ICD-10 | B05 |
ICD-9 | 055 |
DiseasesDB | 7890 |
MedlinePlus | 001569 |
eMedicine | emerg/389 ped/1388 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O xarampón[1] ou sarampelo[2] é unha doenza infecciosa exantemática como a rubéola ou a varíola, bastante frecuente, especialmente en nenos, causada por un virus, especificamente da familia paramixoviridae (non confundir co xénero paramixovirus ó cal pertencen o virus das papeiras e parainfluenza) do xénero Morbillivirus. Caracterízase por típicas manchas na pel de cor vermella (eccemas) (exantema) así como febre e un estado xeral debilitado. Nalgúns casos de complicacións, o xarampón causa inflamación nos pulmóns e o cerebro que ameazan a vida do paciente.
O período de incubación do xarampón usualmente dura de 4 a 12 días, durante os cales non hai síntomas. As persoas infectadas permanecen contaxiosas dende a aparición dos primeiros síntomas até os 3-5 días despois da aparición das broullas.
A diagnose faise polo cadro clínico e a detección de anticorpos no sangue. Non existe terapia específica para o tratamento da enfermidade, con todo, pódese previr a enfermidade mediante a administración da vacina contra o xarampón. A vacina tripla vírica (tamén coñecida como SPR) reduciu o número de infeccións no pasado. Na maioría dos países, a enfermidade é de declaración obrigatoria ás autoridades de saúde social.
En 1998, a Asemblea Mundial da Saúde estableceu o obxectivo da eliminación do xarampón indíxena da Rexión Europea en 2007, para poder certificar a súa eliminación antes de 2010.[3]
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xarampón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sarampelo.
- ↑ De Ory, F. et al.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |