Rexionalismo galego: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
==O movemento rexionalista== |
==O movemento rexionalista== |
||
Segundo explica [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]], o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema [[caciquismo|caciquil]], |
Segundo explica [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]], o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema [[caciquismo|caciquil]], comportou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista. |
||
[[Ficheiro:Alfredo Branas Menendez (1859-1900). Writer and ideologue of Galician regionalism. Engraving by Thomas Pijoliu in The Catalan Illustration, 1882.JPG|175px|miniatura|[[Alfredo Brañas]], autor de ''El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario'' (1889).]] |
[[Ficheiro:Alfredo Branas Menendez (1859-1900). Writer and ideologue of Galician regionalism. Engraving by Thomas Pijoliu in The Catalan Illustration, 1882.JPG|175px|miniatura|[[Alfredo Brañas]], autor de ''El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario'' (1889).]] |
Revisión como estaba o 13 de marzo de 2017 ás 11:40
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo).
Definición e denominación
En 1886, Manuel Murguía publicou a súa obra Los Precursores. Segundo Luís Obelleiro, este mesmo autor publicou un artigo en La Región Gallega no que definía a Galiza como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do Estado español. De aí o nome de rexionalismo.
Esta corrente defendía unha visión idealizada e utópica, bucólica e idílica, coa finalidade de contestar os tópicos irreais que sobre o país inventaran os casteláns en séculos anteriores.
O movemento rexionalista
Segundo explica Xosé Ramón Barreiro Fernández, o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema caciquil, comportou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.
Correntes do movemento rexionalista
Apuntan historiadores como Xusto Beramendi ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
- A corrente liberal: é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por Manuel Murguía, esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade alemá e separándose da visión da nación francesa, baseada no pacto entre individuos.
- A corrente tradicionalista: era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por Alfredo Brañas. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
- A corrente federalista: estaba liderada por Aureliano Pereira, e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao Partido Republicano Federal. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
A Asociación Regionalista Gallega
Unha vez definido e consolidado, o rexionalismo galego precisaba dun marco común que permitise e organizase as tres correntes antes citadas. E esta foi a Asociación Regionalista Gallega, constituída en 1891 e cuxo primeiro presidente foi Manuel Murguía. A esta asociación debémoslle iniciativas de tipo político-cultural, como a organización dos Xogos Florais de Tui (1891) ou a campaña de axitación e propaganda do traslado dos restos de Rosalía de Castro a San Domingos de Bonaval. Mais tamén é a Asociación Regionalista Gallega a nai de iniciativas de tipo unicamente político, como a presentación dunha candidatura para o concello de Santiago de Compostela ou as protestas realizadas contra o falido traslado da Capitanía Xeneral desde A Coruña ata León.
Prensa
Contaron con órganos de prensa como o periódico Unión Gallega da Coruña.
Balance do labor dos rexionalistas
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.
Véxase tamén
Bibliografía
- Máiz Suárez, Ramón (1984). O rexionalismo galego: organización e ideoloxía (1886-1907). Sada: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos - Ediciós do Castro.