Perexil: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
|subdivision = [[Petroselinum crispum var. neapolitanum|''Petroselinum crispum'' var. ''neapolitanum'']] |
|subdivision = [[Petroselinum crispum var. neapolitanum|''Petroselinum crispum'' var. ''neapolitanum'']] |
||
|}} |
|}} |
||
O '''perexil''' ou '''pirixel'''<ref>{{DRAG|Perexil}}</ref> (nome científico: '''''Petroselinum crispum''''') é unha [[planta]] herbácea do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae, |
O '''perexil''' ou '''pirixel'''<ref>{{DRAG|Perexil}}</ref> (nome científico: '''''Petroselinum crispum''''') é unha [[planta]] herbácea do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae, que se distribúe amplamente por todo o mundo, e é cultivada como condimento culinario. |
||
== Hábitat == |
== Hábitat == |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
== Descrición == |
== Descrición == |
||
O perexil (Petroselinum crispum) é un planta herbácea bienal, aínda que pode cultivarse tamén como anual. Forma unha roseta empenachada de follas moi divididas, alcanza os 15 cm de altura e posúe [[talo]]s floríferos que poden chegar a pasar os 60 cm con pequenas flores |
O perexil (Petroselinum crispum) é un planta herbácea bienal, aínda que pode cultivarse tamén como anual. Forma unha roseta empenachada de follas moi divididas, alcanza os 15 cm de altura e posúe [[talo]]s floríferos que poden chegar a pasar os 60 cm con pequenas flores verdes amareladas. O seu cultivo coñécese desde hai máis de 300 anos, sendo unha das [[Planta aromática|plantas aromáticas]] máis populares da gastronomía mundial. |
||
A variedade perexil grande ''Petroselinum crispum tuberosum'', posúe unha raíz engrosada axonomorfa, semellante á [[charouvía]], que é a que se consome como hortaliza crúa ou cociñada. Esta variedade ten follas máis grandes e rugosas que as do perexil común e máis semellantes á especie brava. |
A variedade perexil grande ''Petroselinum crispum tuberosum'', posúe unha raíz engrosada axonomorfa, semellante á [[charouvía]], que é a que se consome como hortaliza crúa ou cociñada. Esta variedade ten follas máis grandes e rugosas que as do perexil común e máis semellantes á especie brava. |
Revisión como estaba o 13 de marzo de 2017 ás 00:27
Pirixel | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pirixel | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
O perexil ou pirixel[1] (nome científico: Petroselinum crispum) é unha planta herbácea do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae, que se distribúe amplamente por todo o mundo, e é cultivada como condimento culinario.
Hábitat
Atópase naturalizado en hortos, xardíns e ás veces en marxes de camiños, muros, cultivos etc. de toda Europa e en parte de Asia.
Descrición
O perexil (Petroselinum crispum) é un planta herbácea bienal, aínda que pode cultivarse tamén como anual. Forma unha roseta empenachada de follas moi divididas, alcanza os 15 cm de altura e posúe talos floríferos que poden chegar a pasar os 60 cm con pequenas flores verdes amareladas. O seu cultivo coñécese desde hai máis de 300 anos, sendo unha das plantas aromáticas máis populares da gastronomía mundial.
A variedade perexil grande Petroselinum crispum tuberosum, posúe unha raíz engrosada axonomorfa, semellante á charouvía, que é a que se consome como hortaliza crúa ou cociñada. Esta variedade ten follas máis grandes e rugosas que as do perexil común e máis semellantes á especie brava.
Compoñentes
As follas de todos os tipos de perexil son ricas en vitaminas A, B1, B2, C e D, sempre que se consuman en cru, xa que a cocción elimina parte dos seus compoñentes vitamínicos.
Uso medicinal
Unha infusión de perexil pódese usar como diurético. Os herboristas chineses e alemáns recomendan tomalo como un té para regular a hipertensión, e os indios Cherokee úsano como medicamento tónico para mellorar o rendemento da vexiga urinaria. Tamén se usa frecuentemente como emenagogo.
O perexil incrementa a diuresis por inhibición da bomba de Na /K -ATPase no rin, favorecendo a excreción de sodio e auga, con todo incrementando a reabsorción de potasio e o seu aumento (PMID 11849841).
Efectos secundarios
- O perexil ten un contido alto (dun 1.70 %) de ácido oxálico, un compoñente implicado na formación de pedras no ril e en deficiencias nutricionais.
- O pirixel non debería ser consumido por mulleres preñadas. O pirixel, tanto o seu aceite, a raíz, a folla ou a semente pode inducir unha estimulación uterina.
- O aceite de pirixel contén furanocoumaríns e psoralenos que poden dar lugar a unha fotosensitividade aguda se se usa oralmente.
Cultivo
A súa reprodución realízase por sementes, nun lugar asollado e en calquera chan que non sexa demasiado compacto. Tamén é apta para cultivar en macetas ou xardineiras, podendo dispoñer dunhas follas frescas e tenras para aderezar os pratos cortando simplemente as necesarias e regando despois para estimular o crecemento vexetativo.
Etnoloxía
Ditos
- Estar feito un pirixel: dise da persoa feble e enfermiza, que está moi magra.
- É un pirixel, parece un pirixel: aplícase á persoa persoa feble de saúde ou exquisita no carácter ou na comida.
Refráns
- Quen queira ter p'rixel todo o ano, seménteo no mes de maio.
- Sementa o p'rixel en maio, e terás p'rixel todo o ano.[2]
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Perexil.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo