GalegoLab: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 24: Liña 24:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://galegolab.org/ Páxina web de GalegoLab] {{Ligazón morta}}
* [http://galegolab.org/ Páxina web de GalegoLab] {{Ligazón morta}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Asociacións culturais de Galicia]]
[[Categoría:Asociacións culturais de Galicia]]

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2017 ás 19:20

GalegoLab foi unha asociación cultural fundada en 2010[1] co obxectivo de promocionar e normalizar a lingua propia de Galiza, o galego[2]. A organización tiña como principal ferramenta de traballo a súa páxina web, que vén sendo unha rede social de crowdsourcing, onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.

GalegoLab ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
Presentación na web da organización

Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar o proxecto foron Iago Martínez, María Yáñez, Belén Regueira, Antón Reixa ou Xabier P. DoCampo.

En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas[3].

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Receptor Resultado
2010 Mellor obra interactiva GalegoLab Gañador

Notas

  1. A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010.
  2. GalegoLab nace para renovar a loita polo galego, nova n'A Nosa Terra.
  3. "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información", artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas