Crowdsourcing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O crowdsourcing é unha estratexia polo xeral empresarial que se vale do traballo colectivo para sacar adiante unha determinada actividade, teña esta unha finalidade económica ou non.

Características[editar | editar a fonte]

O nome vén da union de crowd (multitude) e sourcing (alimentación/nutrición), en referencia precisamente a ese traballo comunitario do que se nutre unha determinada empresa. A expresión foi creada polo escritor Jeff Howe e mailo editor da revista tecnolóxica Wired, Mark Robinson.

Trátase dun modelo de colaboración diferente ao dos proxectos de código aberto, onde o beneficio da colaboración é mutuo entre os colaboradores. A resolución do código aberto reúne persoas de todo o mundo a través de internet para crear softwares complexos, como o núcleo Linux, a base de datos MySQL ou o navegador Mozilla, entre outros.

Nos últimos anos a nova vaga de internet, coñecida como web 2.0 ou a web das redes sociais, evolucionou facilitando a colaboración en proxectos en liña de usuarios sen coñecementos técnicos. A importancia do crowdsourcing radica na posibilidade de que unha gran cantidade de participantes entusiastas poidan realizar o traballo dun pequeno grupo de profesionais experimentados.

O crowdsourcing parece estar destinada a ser unha das formas máis populares de creación de coñecemento. Se ben é certo que ten detractores que argumentan que "as masas son estúpidas" e o seu reflexo e creacións en moitas oportunidades non ten un resultado de calidade medianamente "aceptable", tamén é certo que certos mecanismos de control fronte á "alimentación" dada polas masas representan un método para lograr acumular valores ou captar a solución óptima a moitos problemas.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Existen diversos tipos de crowdsourcing, sendo a fundamental o aumento do valor a través da participación das masas. As masas poden ser usuarios, colaboradores ou persoas que prestan ou ceden recursos, como no programa de investigación SETI.

O crowdsourcing non só se utiliza para acumular coñecemento, senón tamén para distribuír cargas de traballo ou focalizar a atención sobre determinado asunto ou obxecto, favorecendo así unha mellora sobre o obxecto focalizado.

Tipos[editar | editar a fonte]

A propia Wikipedia é un dos máis coñecidos exemplos deste tipo de actividade. Miles ou millóns de persoas (multitude) contribúen con artigos, correccións, melloras, imaxes, revisións etc., como con accións puntuais que fan que a propia Wikipedia conteña cada vez máis coñecemento.

En Galiza, en 2010 apareceu unha organización a prol da promoción da lingua galega, GalegoLab, que traballa como un espazo de encontro baseado no crowdsourcing, valéndose da comunidade e poñéndoa en contacto para que diversas ideas e iniciativas acaden financiamento, promoción ou organización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]