Estremadura, Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Modelo
Liña 23: Liña 23:
As provincias de [[1936]] non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da [[Constitución portuguesa de 1976|Constitución de 1976]].

Se a provincia seguise existindo na actualidade, contaría probabelmente com 31 municipios, posto que se crearon dous novos ''concelhos'', na área do [[distrito de Lisboa]]:
Se a provincia seguise existindo na actualidade, contaría probabelmente con 31 municipios, posto que se crearon dous novos ''concelhos'', na área do [[distrito de Lisboa]]:
* [[Amadora]] (creado no [[1979]], por división de Oeiras)
* [[Amadora]] (creado no [[1979]], por división de Oeiras)
* [[Odivelas]] (creado no [[1998]], por división de Loures)
* [[Odivelas]] (creado no [[1998]], por división de Loures)
Liña 29: Liña 29:
Estaría tamén repartida nas [[rexión de Lisboa|rexións de Lisboa]], [[rexión Centro|Centro]] e [[Alentexo]]. Ao Alentexo pertencería o municipio da [[Azambuja]], integrado na subrexión da [[Lezíria do Texo]]; á rexión de Lisboa pertencía a totalidade da subrexión da [[Península de Setúbal]] e, case totalmente, a [[Grande Lisboa]] (o concello de [[Vila Franca de Xira]] encontrábase no [[Ribatexo]]); á [[rexión Centro]] pertencía a totalidade da subrexión do [[Oeste (subrexión)|Oeste]], e tamén dous municipios do [[Piñal Litoral]] ([[Marinha Grande]] e [[Porto de Mós]]).

{{Provincias históricas de Portugal}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Antigas provincias de Portugal]]
[[Categoría:Antigas provincias de Portugal]]

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2016 ás 19:55

Provincia da Estremadura en 1936.

Estremadura é unha antiga comarca ou provincia portuguesa estabelecida na Idade Media e extinta no século XIX, debendo o seu nome derivar do latín Extrema Durii (extremos do Douro), por designar os territorios adquiridos, durante a chamada Reconquista, no sur do Douro (a orixe etimolóxica da comunidade autónoma española homónima). Co avance cristián cara ao sur, a noción de Estremadura, como terra de fronteira, foi tamén alongándose, de tal forma que, no século XV, a Estremadura correspondía, grosso modo, ao que posterioremnte serían os distritos de Aveiro, Coimbra, Leiria, Lisboa, Santarém e Setúbal.

Ao longo da historia, os límites da Estremadura foron alterados moitas veces. No século XIX, cando deixou de ter significado administrativo, os seus límites correspondían, en xeral, aos posteriores distritos de Lisboa, Leiria, Santarém e Setúbal.

Nova Provincia da Estremadura (1936)

Na reforma administrativa de 1936 foi novamente creada unha Provincia da Estremadura. Esta nova provincia, porén, englobaba soamente unha fracción do territorio da antiga comarca homónima. Parte do territorio da antiga Estremadura ficou incorporado nas novas provincias do Ribatejo e Beira Litoral. Por outro lado, a nova Estremadura incluíu parte do que posteriormente sería o Distrito de Setúbal que tradicionalmente pertencía á antiga provincia do Alentexo.

Facía fronteira ao nordeste coa Beira Litoral, ao leste co Ribatexo e o Alto Alentexo, ao sur co Baixo Alentexo e o océano Atlántico e ao oeste tamén co Atlántico.

Estaba constituída por 29 concellos, integrando a case totalidade do posterior Distrito de Lisboa e partes dos distritos de Leiria e Setúbal. Tiña a súa capital na cidade de Lisboa.

As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Se a provincia seguise existindo na actualidade, contaría probabelmente con 31 municipios, posto que se crearon dous novos concelhos, na área do distrito de Lisboa:

Estaría tamén repartida nas rexións de Lisboa, Centro e Alentexo. Ao Alentexo pertencería o municipio da Azambuja, integrado na subrexión da Lezíria do Texo; á rexión de Lisboa pertencía a totalidade da subrexión da Península de Setúbal e, case totalmente, a Grande Lisboa (o concello de Vila Franca de Xira encontrábase no Ribatexo); á rexión Centro pertencía a totalidade da subrexión do Oeste, e tamén dous municipios do Piñal Litoral (Marinha Grande e Porto de Mós).