Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
→‎Galería de imaxes: adición da obra "Redenção de Cam" na galería de imaxes e explicación da mesma obra
Liña 34: Liña 34:
== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Modesto Brocos y Gómez}}
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Modesto Brocos y Gómez}}
<center><gallery>
<center>
O cadro ''Redenção de Cam'', composto por catro persoas em fronte de unha casa humilde, tamén simboliza a tese de branqueamento, posteriormente adoptada como ideal de formación nacional, proposta por João Baptista de Lacerda e presentada en Londres, xunto con esa pintura engadida pola lenda :

"Negro pasando ao branco, na terceira xeración, por efecto do cruzamento de razas. [1]"

''Redención de Cam'', pertencente ao Museu Nacional de Belas Artes no Rio de Janeiro, estampa unha señora negra en pé e en xesto de agradecemento aos ceos por algunha [[Oración (relixión)|pregaria]] atendida, a carón da nova Mulata, probablemente filla dela, e do neto branco, cor tamén do xenro. [1] O nome da obra é unha referencia a Caín, personaxe do Libro do [[Xénese]] cuxa maldición feita polo pai, [[Noé]], tería, segundo as teorías racistas da época, condenado os descendentes á cor negra e á [[escravitude]]. [1][[Ficheiro:Redenção.jpg|miniatura|Redenção de Cam, 1895]]<gallery>
Ficheiro:Museo Pontevedra, 6 Edificio, 02-51 Sinatura de Modesto Brocos.jpg|Sinatura
Ficheiro:Museo Pontevedra, 6 Edificio, 02-51 Sinatura de Modesto Brocos.jpg|Sinatura
Ficheiro:Modesto Broccos y Gomes - Olevano, 1899.jpg|''Olevano'', 1899. Pinacoteca do [[Estado de São Paulo]].
Ficheiro:Modesto Broccos y Gomes - Olevano, 1899.jpg|''Olevano'', 1899. Pinacoteca do [[Estado de São Paulo]].

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2016 ás 11:08

Modelo:Pintor Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado en Río de Janeiro en 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Traxectoria

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

Em 1875 inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxes

O cadro Redenção de Cam, composto por catro persoas em fronte de unha casa humilde, tamén simboliza a tese de branqueamento, posteriormente adoptada como ideal de formación nacional, proposta por João Baptista de Lacerda e presentada en Londres, xunto con esa pintura engadida pola lenda :

"Negro pasando ao branco, na terceira xeración, por efecto do cruzamento de razas. [1]"

Redención de Cam, pertencente ao Museu Nacional de Belas Artes no Rio de Janeiro, estampa unha señora negra en pé e en xesto de agradecemento aos ceos por algunha pregaria atendida, a carón da nova Mulata, probablemente filla dela, e do neto branco, cor tamén do xenro. [1] O nome da obra é unha referencia a Caín, personaxe do Libro do Xénese cuxa maldición feita polo pai, Noé, tería, segundo as teorías racistas da época, condenado os descendentes á cor negra e á escravitude. [1]
Redenção de Cam, 1895

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996 (en portugués).

Ligazóns externas