Óblast: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Usbequistán -> Uzbequistán; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
{{Contén texto cirílico}}
{{Contén texto cirílico}}
Unha '''óblast'''/'''oblast''' ou '''vóblasts'''/'''voblasts''' (en [[lingua rusa|ruso]] ''область'' (feminino), en [[lingua ucraína|ucraíno]]: ''область'', en [[lingua búlgara|búlgaro]]: ''о́бласт'', en [[lingua bielorrusa|bielorruso]]: ''вобласьць'', transcrito: voblasts) é o nome de [[entidade subnacional|entidades subnacionais]] de [[Bielorrusia]], [[Bulgaria]], a [[Federación Rusa]], [[Ucraína]], ademais de existir na antiga [[Unión Soviética]].

Actualmente as ''óblast'' están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados ''[[raion]]y'' ou ''rayony'' (en ruso: ''районы''; en ucraíno: ''райони''). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 11:23

Unha óblast/oblast ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en bielorruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Bielorrusia, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.

Actualmente as óblast están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".

En Bielorrusia utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).

Óblasts de Bulgaria

Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas óblast.

Óblast na Unión Soviética e estados sucesores

Na extinta Unión Soviética, as óblasts estaban dous chanzos por debaixo do nivel nacional (estando por encima a República Soviética). Algunhas óblast da República Socialista Soviética da Federación Rusa tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.

Nas repúblicas postsoviéticas, a óblast está un nivel por debaixo do nacional e debúllanse ademais en distritos chamados raión (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha óblast, estando no mesmo nivel que un raion.

As óblast noutros países post-soviéticos chámanse oficialmente oficialmente:

Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.