Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 2: | Liña 2: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área |
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do [[século XX]]. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro, que lle adicou os poemas "Aos lirios de Cornes" e "Ao lavadeiro de Cornes". |
||
Cornes - [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] foi a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia. Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira. |
Cornes - [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] foi a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia. Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira. |
Revisión como estaba o 25 de maio de 2016 ás 21:55
Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado agora na cidade compostelá.
Historia
A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do século XX. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro, que lle adicou os poemas "Aos lirios de Cornes" e "Ao lavadeiro de Cornes".
Cornes - Carril foi a primeira liña de camiño de ferro de Galicia. Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.
Cultura
Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: Aos lirios de Cornes e Ao lavadeiro de Cornes. [Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares de Conxo
Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |